
Orientación para a fase de prácticas. Elaboración de memoria
E, despois da benvida ao mundo da docencia, a CIG-Ensino convidámosvos a participar deste curso aberto e gratuíto para o funcionariado en prácticas.
De falarmos dun alfabeto A ao Z trataremos as adxudicacións, atención á diversidade, baixas, bibliotecas, coeducación, competencias, concursos, corresponsabilidade, deberes, dereitos, emocións, formación, horarios, innovación… estas e aqueloutras cuestións que ti tamén nos achegues.
Obxectivos específicos.
- Proporcionar información sobre os aspectos formais do traballo do profesorado en prácticas: a elaboración de memoria da fase de prácticas.
- Coñecer os sitemas de xestión da carreira profesional docente e de organización do proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado.
- Proporcionar información para a formación e innovación como elementos básicos do desenvolvemento profesional docente.
Contidos.
- Competencias profesionais docentes. Formación e innovación do profesorado na práctica docente.
- O funcionariado: dereitos e deberes.
- Revisión de lexislación sobre aspectos de interese: licenzas, baixas e permisos; concurso de traslados, concurso de adxudicación de destinos provisionais, solicitude de comisión de saúde, licenzas de formación; licenzas por formación, de asosrías para a Consellería; prazas sometidas a convenio, permutas, accidentes no traballo; horario do profesorado, salarios…
- Funcionariado en prácticas: memoria final.
- Organización do centro escolar. O departamento didáctico. Sistemas de xestión de centro.
- A titoría e atención á diversidade. Convivencia escolar.
- Metodoloxías activas no proceso de ensino-aprendizaxe e enfoque competencial da programación.
Matrícula.
Ligazón á matrícula (aberta a partir do 1 de xullo).