Orde de elección de directores

Mesa sectorial do 14 de decembro de 2007

A Consellaría informa que esta orde non recolle ningunha novidade erspecto da do ano pasado, soamente que no programa de formación inicial de dirección se inclúe formación sobre a confección do Plan Lingüístico de Centro, e unha adicional pola que se estabelecería que un director que se presente á dirección dun centro e obteña outro destino no concurso de traslados, poderá, sen renunciar ao destino, ser nomeado director en comisión de servizos no centro ao que se presentaba, adicional que finalmente non figurará.
MESA SECTORIAL DO 14 DE DECEMBRO DE 2007
 
Orde de elección de directores
 
A Consellaría informa que esta orde non recolle ningunha novidade erspecto da do ano pasado, soamente que no programa de formación inicial de dirección se inclúe formación sobre a confección do Plan Lingüístico de Centro, e unha adicional pola que se estabelecería que un director que se presente á dirección dun centro e obteña outro destino no concurso de traslados, poderá, sen renunciar ao destino, ser nomeado director en comisión de servizos no centro ao que se presentaba, adicional que finalmente non figurará.
 
A CIG-Ensino manifestou que, malia sabermos que esta orde emana dun Decreto e que, por tanto, está suxeita a el, queremos facer constar unha vez máis o noso desacordo con este modelo de nomeamento de direccións, que para nós non ten cabida dentro dun proceso democrático.
 
Para a CIG-Ensino neste proceso debería participar só o profesorado do centro en que hai vancate, debería poder participar todo o profesorado, debería ser unha elección directa e non estabelecerse ningún tipo de requisito, agás comprometerse a realizar a formación.
 
Respecto do articulado, propuxemos:
Ø Artigo 2.c. e 2.d., estamos en desacordo con que se exixan cinco anos de antigüidade como funcionario de carreira, por tanto demandamos que se supriman estes apartados
Ø Artigo 3.3. As persoas candidatas á dirección presentarán o seu proxecto diante do Claustro de profesores e profesoras e do Consello escolar.
Ø Artigo 5: estamos en desacordo. Propoñemos que no apartado 5.8. sexa por “previa consulta ao claustro”. Respostan que incluirán “oído o Consello Escolar e o Claustro”.
Ø Art. 6º, nos centros de menos de 4 unidades, que non se cree a comisión. Que se elixa directamente.
Ø Artigo 7.1. Que se elimine a entevista (aínda que houbo un avance ao recollerse xa o ano pasado que se faría se se lle facía a todos os participantes).
Ø Artigo 8.3. Que só se teñan en conta os candidatos ou candidatas do propio centro.
Ø Artigo 10.2. Programa de formación inicial: debe recoller formación en lingua galega e sociolingüística. Estudarán as peticións.
Ø Artigo 12. Que os directores e directoras que integren a comisión que avaliará a formación sexan seleccionados por sorteo.
Ø Non debería existir o baremo. En todo caso propoñemos que se valore con 1 punto cada ano de antigüidade, non só como funcionario de carreira, e que non se valore a condición de catedrático, nin os servizos prestados na Administración.
Ø Respecto da adicional que estabelece o nomeamento en comisión de servizos, manifestamos o noso descordo, a persoa afectada debe optar entre o destino que obtén por concurso ou o exercicio da dirección para a que se presenta. A Consellaría manifesta que non teñen problema de retirar esta adicional, mais é unha cuestión derivada da norma porque entre as causas de cesamento do director ou directora non figura a obtención dun novo destino.
Ø Que o inspector ou inspectora que forma parte da comisión non sexa o mesmo que ten asignado o centro.
Ø Que no proxecto para a dirección, que, obviamente, deberá estar en galego, se inclúa tamén cales serán os obxectivos para o cumprimento do Decreto 124/2007. A Consellaría di que non poden obrigar a que o proxecto se presente en galego, porque nese momento aínda son candidatos, mais si incluirán que se recollan os obxectivos para o cumprimento do Decreto.
 
Finalmente desde a CIG presentamos a nosa queixa porque o ano pasado non saíu a praza da dirección do centro do Pedroso (Compostela), e exiximos que non volva suceder para o curso que vén. A Consellaría resposta que estudarán o tema e din que o centro ten algunha peculiaridade, mais ao mellor non tantas como para non cubrir o cargo polo procedemento que se aplica en todos os casos, entenden que non habería problemas de presentación de candidatos.
 
A Consellaría tamén informou de que revisará os prazos para a súa ampliación.

Volver