Oferta Pública de Emprego decepcionante

A CIG-Ensino critica a prepotencia da Consellaría

Na Mesa Sectorial celebrada esta mañá a central sindical recriminoulle a Educación que, unha vez máis, non negociara nin as especialidades nin o número de prazas da OPE “actuando coa soberbia habitual” e mesmo desprezando os acordos asinados cos sindicatos estatais, “que lle deron un cheque en branco para non convocar nin unha soa praza a maiores das existentes actualmente”. A CIG-Ensino censura ademais que se anuncie a distribución das 2.050 prazas sen poñer en común as xubilacións actuais e futuras nin avaliar os efectos que terá este reparto no persoal interino de cada especialidade

A Consellaría entrega na Mesa unha distribución das prazas por especialidades, cumprindo escrupulosamente cosas previsións, cun lixeiro incremento sobre a cifra inicial para darlle un verniz de suposta negociación.

Mais o certo é que non houbo posta en común sobre as xubilacións actuais e futuras por especialidades nin se valorou previamente o efecto do número de persoal interino en cada especialidade, como se pode apreciar na oferta presentada.

A CIG-Ensino reprochoulle hoxe as formas e o fondo á Consellaría de Educación que veu á Mesa Sectorial co reparto pechado das 2.050 prazas correspondentes á OPE deste ano, como é habitual no seu modo de proceder e despois de que o conselleiro anunciase as especialidades a convocar e o presidente Feijoó o número de prazas sen abrir ningunha posibilidade de negociación coas organizacións sindicais. “Así entende o Partido Popular a Consellaría de Educación, como unha finca privada na que ademais atopa quen lle siga o xogo”, denunciou o secretario nacional Suso Bermello, en alusión aos sindicatos estatais que asinaron co Ministerio e a Consellaría dous acordos case idénticos nos que se dá vía libre a que, nos próximos anos, non se convoque ningunha praza a maiores das existentes actualmente. “Queda claro que coa prepotencia non se xoga nin se debería pactar”, subliñou Suso Bermello.

Oferta insuficiente

No transcurso da Mesa, o representante da CIG-Ensino considerou que a actual OPE non cumpre coas expectativas tanto desde a perspectiva do servizo público como desde as demandas do persoal docente. “Sen incremento nos cadros de persoal non é posible mellorar a calidade do ensino, nin reducir as itinerancias, nin a impartición de afíns disparatadas, nin atender correctamente o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE). “Se o acordo fixa como tope a cifra de 30.000 docentes orzamentados para o ensino público galego non é posíbel reducir as rateos de alumnado por aula nin recuperar as 18 horas de xornada lectiva en Secundaria e as 21 en Infantil e Primaria. A simple substitución de persoal interino por persoal fixo, que é no que se van converter as oposicións convocadas ao abeiro deste acordo, sen un incremento global do profesorado non permitirá acometer as melloras necesarias nas nosas condicións de traballo”, insistiu Bermello.

Incide na inestabilidade laboral

Para a CIG-Ensino a actual OPE ademais deixa nunha posición vulnerábel o persoal interino que presta servizos en Galiza (3.828 docentes segundo datos de comezos de curso, que actualmente é unha cifra superior á que hai que engadirlle as miles de persoas que teñen contratos de substitución). Neste sentido, Bermello lembrou que “ofertar un número elevado de prazas debe ser o obxectivo para afianzar os postos de traballo pero esta oferta debe vir acompañada dun estudo rigoroso do persoal interino por especialidades e, por suposto, dun acordo de estabilidade que non deixe tirado un número importante de profesorado que leva moitos anos de servizos prestados e aquel que ten máis de 55 anos”. “Pechada a dobre vía ou o acceso diferenciado -que era a nosa demanda pero que o Ministerio non aceptou- e cunha oferta unilateral por parte da Consellaría non existe ningunha garantía para este colectivo que pode verse abocado ao desemprego a raíz destas convocatorias”. Neste sentido, a CIG-Ensino lanzou a proposta de que o actual acordo de interinos se converta nun acordo de estabilidade de forma que garanta o rescate daquelas persoas que poidan perder o seu posto de traballo.

A maiores, o voceiro sindical lembrou a necesidade de que se garanta un proceso selectivo que sexa realmente un concurso-oposición e que non aprobe a primeira fase de oposición un número de persoas que é practicamente o mesmo que o número de prazas que lle corresponde adxudicar a cada tribunal. Precisamente a reforma do Real Decreto de Acceso á docencia aprobado polo MECD non inclúe ningunha mellora ao respecto e introduce cambios na baremación que prexudica a boa parte do persoal interino que traballa en Galiza. O feito de que se reduza de 1 punto a 0,7 puntos por ano o tempo traballado para a Consellaría fai que todo aquel que non teña oito anos de servizos perderá puntuación con respecto ao baremo anterior.

As cifras

Segundo a información proporcionada pola Consellaría os datos da taxa de reposición son os seguintes: 1.028 xubilacións, 28 falecementos e 16 excedencias con perda de praza. Un total de 1.072 ás que se lle engaden 581 por riba da taxa de reposición e 397 prazas de promoción interna.

É un insulto á intelixencia que se dea por boa a existencia da taxa de reposición como se levase existindo toda a vida e vender calquera incremento sobre as xubilacións como se fose algo extraordinario. Que nese xogo entre quen goberna entra dentro da lóxica. Que o fagan organizacións sindicais é lamentábel. A taxa de reposición implantouna o goberno do PSOE no 2010, mantívoa e agravouna o PP e agora levántaselle o veto transitoria e parcialmente, en vez de eliminala de xeito definitivo. E mentres se pacta ese acordo, temos que escoitar na Mesa Sectorial que tanto a Consellaría como os sindicatos do pacto din estar en contra da taxa de reposición: esa taxa que aparece no acordo que asinaron. 

Oferta corpo de profesores de ensino secundario

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

004

Lingua Castelá e Literatura

 

 

75

005

Xeografía e Historia

 

 

65

006

Matemáticas

 

 

153

007

Física e Química

 

 

88

008

Bioloxía e Xeoloxía

 

 

60

011

Inglés

 

 

50

018

Orientación Educativa

 

 

35

019

Tecnoloxía

 

 

65

053

Lingua Galega e Literatura

 

 

75

108

Intervención Sociocomunitaria

 

 

20

110

Organización e Xestión Comercial

 

 

25

113

Organización e Proxectos de Sistemas Enerxéticios

 

 

15

117

Procesos  Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortorpotésicos

 

 

15

118

Procesos Sanitarios

 

 

22

125

Sistemas Electrotécnicos e Automáticos

 

 

25

TOTAL

 

 

788

Oferta corpo de profesores técnicos de formación profesional

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

203

Estética

 

 

20

205

Instalación e Mantemento de Equipos Térmicos e de Fluídos

 

 

20

216

Operacións e Equipos de Produción agraria

 

 

18

219

Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico

 

 

16

220

Procedementos Sanitarios e Asistenciais

 

 

40

221

Procesos Comerciais

 

 

24

226

Servizos de Restauración

 

 

22

TOTAL

 

 

160

Oferta corpo de mestres

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

031

Educación Infantil

 

 

110

032

Lingua Estranxeira: Inglés

 

 

50

033

Lingua Estranxeira: Francés

 

 

50

034

Educación Física

 

 

55

035

Música

 

 

35

036

Pedagoxía Terapéutica

 

 

75

037

Audición e Linguaxe

 

 

90

038

Educación Primaria

 

 

240

TOTAL

 

 

705

Oferta acceso do Subgrupo A2 ao Subgrupo A1

Corpo de profesores de ensino secundario

Código/Especialidade

A 2-A1

Reserva persoas con discapacidade A2-A1

Total

004

Lingua Castelá e Literatura

 

 

25

005

Xeografía e Historia

 

 

22

006

Matemáticas

 

 

52

007

Física e Química

 

 

29

008

Bioloxía e Xeoloxía

 

 

21

011

Inglés

 

 

18

018

Orientación Educativa

 

 

12

019

Tecnoloxía

 

 

22

053

Lingua Galega e Literatura

 

 

23

108

Intervención Sociocomunitaria

 

 

6

110

Organización e Xestión Comercial

 

 

8

113

Organización e proxectos de sistemas enerxéticos

 

 

5

117

Procesos  diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicos

 

 

5

118

Procesos Sanitarios

 

 

6

125

Sistemas electrotécnicos e automáticos

 

 

8

TOTAL

 

 

262

Oferta acceso desde o Subgrupo A1 ao Subgrupo A1

Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas

Código/Especialidade

A1-A1

Reserva persoal con discapacidade A1-A1

Total

011

Inglés

 

 

30

TOTAL

 

 

30

Oferta acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas.

105 prazas


 

Ligazón a toda a información da mesa sectorial

Volver