
Oferta de ciclos formativos curso 2007/08
Oferta ciclos FP 2007/08
Oferta de FP para o curso 2007-08
Na Mesa Sectorial do 31 de maio debateuse a
oferta de FP para o curso 2007-08. Esta oferta
contemplará:
Ø
A oferta de todos
os ciclos que están a funcionar este curso tanto no réxime ordinario como en
adultos.
Ø
A supresión no
curso 2007-08 daqueles ciclos de réxime ordinario que o día 13 de setembro non
acaden unha matrícula de 10 alumnas ou alumnos nas cidades ou 8 nas restantes
localidades. A CIG-ENSINO propuxo fixar ese número mínimo en 5 e ao final aceptaron manter os ciclos
que acaden 8 alumnos nas cidades e 6 nas vilas.
Ø
Na oferta por
módulos do réxime para as persoas adultas o mínimo para manter a oferta é de 5 alumnas ou alumnos por módulo.
Ø
A oferta de
adultos por ciclo completo pasa a ofertarse por módulos segundo o establecido na
Orde de 23 de abril de 2007 (DOG de 7 de maio).
Ø
A oferta de novos
ciclos é a seguinte:
A) En Réxime
Ordinario:
o
IES Monte Neme:
CM
Equipos electrónicos de consumo
o
IES de Curtis:
CM
Explotación de sistemas informáticos
o
CIFP Monte de Conxo:
CS
Sist. de telecomunicación e informáticos
o
IES Campo de San Alberto:
CS
Laboratorio de diagnóstico clínico
o
IES A Sangriña:
CM
Explotación de sistemas informáticos
o
IES Johan Carballeira:
CM
Estética persoal decorativa e CS Construcións metálicas
B) En Oferta Modular para
Adultos:
o
CIFP Rodolfo Ucha
Piñeiro: ZM Explotación de sist.
informáticos
o
CIFP Someso: ZS
Desenv.. e aplicación de proxectos de construción
o
CIFP Compostela:
ZS
Restauración
o
IES As Fontiñas:
ZS
Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas
o
IES de Foz: ZM
Cociña
o
IES As Mercedes:
ZM
Montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e produción de
calor
o
IES Francisco Daviña Rey:
ZS
Sistemas de telecomunicación e informáticos
o
IES Lauro Olmo:
ZM
Atención sociosanitaria
o
IES Portovello:
ZS
Educación infantil e ZS Administración e finanzas
o
IES de Vilamarín:
ZM
Cociña
o
IES de Chapela:
ZM
Atención sociosanitaria
o
CIFP Valentín Paz Andrade:
ZM
Montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e produción de calor
e ZS Automoción
o
IES de Teis: ZM
Explotación de sistemas informáticos
o
IES Frei Martín Sarmiento:
ZM
Perrucaría
o
IES A
Xunqueira:
ZS Automoción
A
CIG-ENSINO demandou:
Ø
Unha planificación a máis
longo prazo da oferta de FP na Galiza que enmarcase no futuro a oferta de novos
ciclos e as posíbeis supresións. É urxente coñecer e negociar a nova Rede de FP.
Ø
Potenciar a oferta nas
cidades ofertando 2 grupos por ciclo onde haxa demanda.
Ø
A implantación de desdobres non só por perigosidade
senón onde sexa preciso para unha mellor atención ao alumnado. (Non
os aceptan con caracter xeral, só cando sexan precisos).
Ø
A supresión dos concertos nos ciclos limitando a
oferta na privada concertada que en todos os casos oferta moita máis prazas que
a pública para os mesmos ciclos na mesma localidade.
Ø
Apertura da inscrición en todos os ciclos dando a
posibilidade de recuperar alumnado nos ciclos actualmente pechados.
(Respostan que se abriron
algúns pero que os demáis reabriranse cando teñan estudios que mostren que vai
haber demanda).
Ø
Non suprimir ciclos que acaden unha matrícula mínima
de 5 alumnos.
Ø
Manter os criterios que se fixaron o ano pasado
para ofertar ciclos aínda que non
acadasen o nº mínimo de alumnos (os de centros públicos cando na mesma cidade
existan en réxime concertado, os que sexan de oferta única en Galiza, os que non
teñan outro “alternativo” nun radio de 30 quilómetros e os dos Centros
Integrados) que este ano non se mencionan. (Respostan que se manteñen vixentes con caracter
xeral pero que non se van aplicar
estrictamente).
Ø
Poñer unha data para decidir sobre a supresión ou non
tendo en conta que se coñezan as
notas da selectividade. (Respostan que os que suspendan a
selectividade non van ter problemas de prazas e que esperar máis dificulta a
colocación do profesorado).
Ø
Manter os ciclos en réxime de adultos que estean
funcionando sen problemas de alumnado sen ter que pasalos a oferta modular (caso
do IES Luis Seoane).
Ø
Compromiso da Consellería de manter todos os postos
de traballo para o profesorado interino que houbo este curso e de buscar unha
solución para o profesorado funcionario afectado pola supresión de ciclos
(desprazados, dando outras materioas ou sen poder acadar destino definitivo).
Con este obxectivo ampliar a oferta de FP Ocupacional e Contínua nos centros de
ensino, implantación da FP a distancia, etc...
Ø
Bolsas de residencia, transporte, etc... para
garantir que todo o alumnado poda cursar gratuitamente a
FP.
Ø
Campaña informativa e de publicidade por parte da
Conselleria de Educación específica para as distintas comarcas do
país.
A
CIG-ENSINO demandou así mesmo explicación dos criterios polos que se autorizaron
ou non os ciclos demandados polos centros indicando ciclos que foron demandados
e non incluidos na oferta, por exemplo o CS Sistemas de telecomunicacións e
Informáticos no IES Francisco Asorey
en réxime ordinario, o CS Integración social na provincia de Pontevedra (só se oferta
na concertada e pediuno o IES de Chapela), o CS de Hixiene bucodental no IES Castro
Alobre, o CM Conducción de
actividades físico-deportivas no medio natural no IES Lagoa de Antela, o ZM Instalacións electrotécnicas no IES
As Mariñas, o ciclo Operacións de cultivos acuícolas no IES Cruceiro Baleares,
ciclos relacionados coas enerxías renovábeis no IES Moncho Valcarce,
etc... (Xustificouse a non oferta destes ciclos nalgúns
casos por pouco alumnado e noutros por non estar claro como van ficar eses
ciclos no novo catálogo de titulacións que se está a elaborar).