O xulgado deixa sen argumentos aos que atacaron as oposicións no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
A CIG esixe a inmediata reanudación do proceso selectivo
Os xulgados do contencioso administrativo número 1 e 2 de Compostela veñen de ditar cadanseu auto no que se desestima a solicitude de adopción da medida cautelar de paralización das probas de acceso ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Isto pon en evidencia a estratexia de quen usou a difamación para intentar paralizar as probas selectivas, baseándose nunha suposta ilegalidade. Nada impedía, e agora se confirma, a convocatoria para cubrir 334 postos de traballo con carácter fixo (10 en servizos centrais, 184 en Galescolas, 150 en Centros de atención a persoas maiores).

O sindicato CSIF, que nin se presentou ás eleccións nin ten representación nos Comités de Empresa do Consorcio, solicitou, no seu día, nos xulgados, a suspensión cautelar destas oposicións. Movidos por intereses alleos aos propios traballadores/as, convertéronse en ariete da campaña contra as oposicións neste organismo, desacreditando e pretendendo deslexitimar tanto o proceso como os propios/as traballadores e traballadoras.
Con estas resolucións xurídicas, por partida dobre, non hai argumentos posíbeis para que non se realicen inmediatamente os procesos selectivos, que quedaron suspendidos como consecuencia de decisións insólitas e desacertadas, baixo a presión mediática e do PP, nunha campaña de acoso sen precedentes contra un colectivo de traballadores e traballadoras que, no seu día, aprobaron unha oposición e que, agora, teñen que pasar unha segunda oposición para que, se a superan, poder acceder a laboral-fixo, a través dunhas bases que foron negociadas coa representación sindical e referendadas polos catro comités de empresa.