O Valedor do Pobo admite a trámite a queixa de CIG-Ensino para que se relicen as revisións sanitarias aos docentes

Revisións sanitarias

O Valedor do Pobo vén de admitir a trámite a queixa presentada pola CIG-Ensino polo incumprimento reiterado da Consellaría de Educación de posibilitar revisións sanitarias anuais a todos e a todas os/as docentes do ensino público.
O Valedor do Pobo vén de admitir a trámite a queixa presentada pola CIG-Ensino polo incumprimento reiterado da Consellaría de Educación de posibilitar revisións sanitarias anuais a todos e a todas os/as docentes do ensino público.
 
 
Porén, a Administración está negando a revisión temporal de saúde laboral a 32000 docentes, despois de 13 anos de vixencia da Lei de Riscos Laborais.
 
Fronte a isto, a Consellaría de Educación non contempla, nin agora nin para o futuro próximo, a posibilidade dunha revisión médica anual do seu persoal docente, cando o resto das Consellarías xa o fan hai tempo.
 
Ante esta queixa, o Valedor do Pobo considera que “atopa, en principio, cobertura constitucional ao abeiro do artigo 43 da Constitución Española e promóvese a investigación sumaria e informal”. Por iso, diríxese á Consellaría para que os informe desta anomalía de cara a buscar unha posíbel solución a este problema.
 
Desde a CIG-Ensino, agardamos que estas xestións permitan facilitar o acceso dos/das docentes/as do ensino público de Galiza a estas revisións periódicas ás que consideramos que teñen dereito.


Resposta enviada polo Valedor do Pobo e escrito presentado por CIG-Ensino

Volver