O PP segue apostando pola privatización e rexeita a proposta da CIG de crear un sistema galego público de atención ás persoas

A central concentrouse no Parlamento para esixir servizos públicos de calidade e dignificar as condicións laborais do persoal

O PP valeuse da súa maioría absoluta para rexeitar no Parlamento a iniciativa da CIG pola que se instaba á Xunta a crear un sistema galego público de atención ás persoas porque, din, non se pode deixar de lado á empresa privada neste sector, malia resultar evidente a nefasta xestión que os grandes grupos -como DomusVi, que controla o sector das residencias privadas en Galiza- fixeron durante a pandemia. O PP teima así na súa política de privatización e mercantilización dos servizos públicos e segue negándose a recoñecer o labor esencial destas traballadoras e traballadores, non apostando pola dignificación das súas condicións laborais e salariais.

A Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular promovida pola CIG -que foi defendida na tarde de onte polo grupo parlamentar do BNG- contou co aval dun total de 15.199 sinaturas presentadas, seis veces máis das necesarias para este tipo de iniciativas.

Este amplo respaldo, apunta o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, constata a preocupación das galegas e galegos por contar cun sistema público de coidados no que se garanta unha prestación integral dos servizos para unha poboación cada vez máis avellentada e unhas condicións laborais dignas para as persoas que as prestan.

Porén, denuncia Carril, "o Partido Popular demostrou unha vez máis o seu carácter antidemocrático, xa que por sistema deixa sen efecto a participación popular botando abaixo todas as iniciativas deste tipo". De feito, o PP rexeitou a proposta xustificándose na existencia de servizos municipais privatizados (como a axuda a domicilio) e, segundo aseverou o deputado, José Manuel Pazos, porque nesta actividade non se pode prescindir das empresas privadas.

Na concentración deste mércores diante do Parlamento, Carril tamén foi moi crítico co cambio de parecer do PSdeG que, malia amosar previamente o seu apoio á iniciativa da CIG nos termos formulados, finalmente na votación optou pola abstención.

Porén, denuncia Carril, "o Partido Popular demostrou unha vez máis o seu carácter antidemocrático, xa que por sistema deixa sen efecto a participación popular botando abaixo todas as iniciativas deste tipo". De feito, o PP rexeitou a proposta xustificándose na existencia de servizos municipais privatizados (como a axuda a domicilio) e, segundo aseverou o deputado, José Manuel Pazos, porque nesta actividade non se pode prescindir das empresas privadas.

Na concentración deste mércores diante do Parlamento, Carril tamén foi moi crítico co cambio de parecer do PSdeG que, malia amosar previamente o seu apoio á iniciativa da CIG nos termos formulados, finalmente na votación optou pola abstención.

“Estamos falando de servizos sociais esenciais no noso país, máis cando o avellentamento da poboación, a dispersión xeográfica ou mesmo seguirmos a ter as pensións máis baixas do estado esixe que os servizos públicos xoguen un papel central”, asevera o secretario xeral da CIG.

Necesidade de dignificar as condicións laborais do SAF e valorizar as tarefas de coidados

Ademais, cómpre dignificar de inmediato as condicións laborais e salariais de todo o persoal que presta estes servizos, coa aplicación do mesmo convenio colectivo. "Non se poden consentir que na atención dos servizos básicos para a cidadanía, o persoal, maioritariamente mulleres, estea padecendo unhas condicións de auténtica precariedade e explotación con convenios sen renovar dende hai anos, mentres as empresas privadas obteñen millonarios beneficios", advirte Carril.

Caso estremo desta realidade padéceno as traballadoras dos servizos de axuda no fogar cuxa prestación a Xunta derivou aos Concellos e que teñen un convenio colectivo sen actualizar dende o ano 2012, porque a patronal galega se disolveu pensando que así deixaría sen efecto o marco regulador propio.

A xogada non lle saíu ben, pero a patronal está condenando ás traballadoras a ter as condicións laborais e sociais conxeladas dende hai unha década e a uns mínimos incrementos automáticos pactados no convenio que non garanten o mantemento do poder adquisitivo dos salarios e moito menos dignifican os soldos.

Precisamente, con esta iniciativa a CIG propuña que todos os SAF estean integrados nesa rede pública galega rachando coa actual circunstancia de que “por vivir nun concello ou noutro as traballadoras que prestan axuda ao fogar teñan que condicións laborais diferentes, e os veciños e veciñas duns concellos ou doutros teñan un mellor ou peor servizo en función do lugar onde se presenten”.

O PP vetou a iniciativa da CIG, pero Carril advirte que a central sindical seguirá defendendo nas rúas, nos centros de traballo, na negociación e colectiva e nas institucións, nomeadamente a Xunta de Galiza, a xestión pública directa de todos os servizos sociais, de coidados e de atención ás persoas e que recoñeza a nivel económico e social o labor esencial que desempeñan o persoal que presta os coidados.

Volver