O mundo ao revés! Os demais sindicatos actúan como patronal

Información da 12ª mesa de negociación do convenio colectivo estatal de infantil

Os sindicatos estatais toman a palabra facendo propostas á baixa e convertendo a “negociación colectiva” en loita de intereses sindicais, no canto de defender un convenio digno para os traballadores/as. As patronais, por suposto, encantadas.

Logo de todo o acontecido dende a 11ª mesa, na que  a patronal fixo unha proposta insultante e a parte social contestamos con outra conxunta, atopámonos nesta mesa coa sorpresa de que os demais sindicatos rompen a unidade sindical facendo dúas propostas á baixa, moi parellas, pero nun claro enfrontamento entre CCOO e UGT nun pulso a ver quen convence antes á patronal para asinar o convenio, antepoñendo os seus intereses de representatividade no sector aos dos traballadores/as aos que din representar. Nin esperaron escoitar primeiro á patronal ou a que esta movera ficha cunha nova proposta. A patronal veuse substituída nas súas funcións e agradecida posto que se acercan á súa proposta sen ter que intervir ou xustificar a súa postura inmobilista e involucionista. Estas son as propostas feitas pola bancada social:

Proposta da CIG Ensino: 

Mantivémonos na proposta sindical conxunta que negociamos cos demais sindicatos e que reproducimos:

-Salarios: Aceptaríanse as conxelacións de 2016 e 2017 e as subidas heteroxéneas por categorías, pero a proposta salarial tería que ir nos seguintes termos:

 

GRUPO1-MESTRES-TITULADOS

EDUCADORES/AS (*)

RESTO PERSOAL

ANO 2018

              1% dende xaneiro   ou  2% dende setembro

ANO 2019

Suba do 2%

1000€

900€

ANO 2020

Suba do 2%

1000€

1000€

ANO 2021

Suba do 2,5%

Suba do 2,5%

Suba do 2,5%

Para a CIG-Ensino debería introducirse unha cláusula de revisión salarial que garantise o IPC( caso mestras).

(*) As educadoras manterían o seu Complemento Específico a maiores.

Para os traballadores/as de centros de Xestión Indirecta unha suba igual ás demais e a maiores crearíaselle un Complemento Xeral (C.X.) consistente no 12% do salario base para o 2019 que se comezaría a cobrar ao licitar os novos pregos das concesións dos servizos públicos (tal como recolle a nova Lei de contratos públicos “ as cantidades farán referencia ás táboas salariais marcadas no convenio de sector”), estando todos obrigados a renovalos en 2021, é dicir, en xaneiro deste ano terían todos os traballadores/as garantida a suba do 12% do salario no novo C.X., cobrándoo, como moi tarde, en xaneiro do 2021.

-O resto do articulado débese negociar mellorándoo e non retrocedendo pois estamos diante dun dos peores convenios do ensino, concretamente só ten por debaixo o de ensino non regrado. As liñas básicas son melloras en permisos, xornadas ( horas non lectivas para educadoras e mínimo axustar horas anuais a semanais) e dereitos sociais (lactancia acumulada, excedencias, redución xornada maiores de 55anos,…).

Se en época de crise se recortou en dereitos laborais e salariais (serían 7 anos de conxelación salarial) agora con crecemento económico só queda recuperar o perdido e mellorar.

Proposta CCOO:

Logo das mobilizacións unilaterais convocadas para presionar ás patronais e que abandonasen a súa postura inmobilista, e que algúns cualificabamos de propagandísticas, resulta que fan a seguinte proposta salarial, nun claro acercamento á patronal e renunciando ao resto de reivindicacións, pois valeríalles con simples adaptacións ao resto do articulado do convenio e negociar só novas táboas salariais:

XERAIS

GRUPO1-MESTRES-TITULADOS

EDUCADORES/AS (*)

RESTO PERSOAL

ANO 2018

              Conxelación tamén ao igual que o 2016 e 2017

ANO 2019

Suba do 2%

950€ / 965 desde setembro

900€

ANO 2020

Suba do 2%

980€

950€  (ou SMI 2020)

ANO 2021

Suba do 2%

1000€

SMI de 2021 (ou +3%)

(*) As educadoras terían incluído o Complemento Específico na proposta. 

As táboas de Xestión Indirecta irían na liña do Complemento Xeral novo a crear pero sobre un 10% e coa garantía de cobralo todos/as en xaneiro do 2022.

Proposta UGT-FSIE-USO:

Esta proposta sería de negociación só das táboas salariais e deixando o convenio tal cal está, só facerlle as adaptacións legais e actualizalo e ademais entenden que se debería asinar canto antes.

XERAIS

GRUPO1-MESTRES-TITULADOS

EDUCADORES/AS

RESTO PERSOAL

ANO 2018

              Conxelación igual que no 2016 e 2017

ANO 2019

Suba do 2%

SMI 2019 + 50€

SMI

ANO 2020

Suba do 2%

SMI 2020 + 50€

SMI

ANO 2021

A negociar se non hai SMI novo ( Garantir un 3% mínimo)

XESTIÓN INDIRECTA

GRUPO1-MESTRES-TITULADOS

EDUCADORES/AS

RESTO PERSOAL

ANO 2018

              Conxelación igual que no 2016 e 2017

ANO 2019

Suba do 2%

13.800€  ( 985€/MES)

13.300€ (950€/MES)

ANO 2020

Suba do 3%

15.000€ (1.071€/MES)

14.000€ (1.000€/MES)

ANO 2021

A negociar se non hai SMI novo ( Garantir un 3% mínimo)

Os de Xestión Indirecta comezarían a cobrar as táboas coas novas licitacións, estando obrigados todos a renovar pregos ou senón asumir estas táboas en setembro do 2021.

A BANCADA PATRONAL limitouse a dicir que aínda ve as propostas algo altas, que supoñen unha suba total dun 17,5%, que a estudarían tratando de dar unha resposta o máis axiña posible nunha clara idea de que pode haber un posible acordo e que a todos nos interesa pechalo canto antes e asinalo, polo que propoñen unha próxima mesa de negociación o 12 de marzo.

A Educación Infantil, non centro dos recortes.

O sector da educación infantil foi o que máis sufriu os recortes da crise e iso que é o que tiña un dos convenios máis precarios do sector educativo. A modo de resumo expoñemos a evolución dos salarios durante o XI convenio estatal de E.I. :

Dende a entrada en vigor do convenio no 2010, os traballadores/as levan perdido até as últimas táboas salariais asinadas en 2015 un 6,6% e conxelando o salario dende 2012 a 2015, se agora conxelan dende 2016 ata 2018 esta perda de poder adquisitivo subiría un 3,9%. É dicir, as traballadoras acumularían unha perda do 10,5%, polo que, onde está a recuperación salarial?? Se esta porcentaxe acumulada a pasamos a salario estamos a falar que unha coidadora leva perdidos nos 7 anos conxelados a frioleira de máis de 10.000€.

Desde a CIG-ensino seguiremos defendendo os vosos dereitos en Madrid, pero sabedores de que a única saída que nos queda é “un convenio galego” e loitar por el, forzando ás patronais e a administración a abrir negociacións nun marco galego. 

Para iso temos que ser maioritarios no sector na representación sindical.

 

O mundo ao revés! Os demais sindicatos actúan como patronal

Información da 12a mesa de negociación do convenio colectivo estatal de infantil

Documento


Volver