O Ministerio presenta unha proposta de última hora para mudar parcialmente o baremo do concurso excepcional

A modificación proposta polo MEFP só afecta á puntuación do dominio de linguas estranxeiras

Dunha maneira sorprendente, o MEFP convocou ás organizacións sindicais con representación na Mesa estatal para a “avaliación das sentenzas relativas á valoración como mérito dos certificados acreditativos do coñecemento de idiomas estranxeiros”, sen achegar ningunha documentación.

Onte mesmo, día 13, á última hora da tarde, remitiron un breve texto polo que avanzaban a intención de mudar parcialmente o RD 270/2022 (o que modifica o 276/2007 e serve de base para os procesos selectivos derivados da Lei 20/2021.

Uno. Se añade un nuevo párrafo 5 al apartado 2 (II. Formación académica) del Anexo I (Especificaciones a las que deben ajustarse los baremos de méritos para el ingreso a los Cuerpos de Maestros, Profesores de Enseñanza Secundaria, Profesores Técnicos de Formación Profesional, Profesores de Escuelas Oficiales de Idiomas, Catedráticos y Profesores de Música y Artes Escénicas y Profesores y Maestros de Taller de Artes Plásticas y Diseño) del Real Decreto 276/2007, del siguiente tenor:

 

2.5 Dominio de idiomas extranjeros.

2.5.1 Por aquellos certificados de conocimiento de una lengua extranjera, expedidos por centros oficiales, que se determinen en las convocatorias y acrediten la competencia lingüística en un idioma extranjero de nivel avanzado C1 o C2, según la clasificación del Marco Común Europeo de Referencia para las Lenguas: 0,500 puntos.

Los certificados de las Escuelas Oficiales de Idiomas no se baremarán por este subapartado.

Asimismo, cuando se presenten por este apartado para su baremación varios certificados acreditativos de la competencia lingüística en un mismo idioma, sólo se valorará el de nivel superior.

O Ministerio motivou este cambio pola existencia de xurisprudencia do Tribunal Supremo pola que as administracións estarían obrigadas a recoñecer, en procesos selectivos, calquera certificación oficial de coñecemento de idiomas estranxeiros e non só a oficial das EOI.

O Ministerio informou, así mesmo, de que a tramitación deste cambio se vai facer como unha disposición dentro do RD que se está tramitando para a integración do profesorado do corpo de PTFP no corpo de PES e do que non se sabe cando se vai publicar mais todo indica que non será a comezos de curso.

Por último, o Ministerio confirmou que se negan a permitir modificacións no bloque do baremo de “outros méritos” e que o baremo será único e uniforme en todo o estado, nun exemplo de recentralización apoiado expresamente na Mesa por sindicatos como CCOO e UGT.

A intervención da CIG-Ensino foi crítica coas formas e co fondo. Estas foron as nosas consideracións e propostas:

  • Non é de recibo que se improvise novamente coa regulación da convocatoria do concurso de méritos. Algunha das sentenzas citadas polo secretario xeral técnico do MEFP son previas á publicación do RD 270/2022; en concreto cítase unha de maio de 2021. Se xa existía cando redactaron o RD non ten sentido tanta improvisación.
  • Todo isto pasa pola decisión do Ministerio (neste caso co respaldo das organizacións sindicais estatais) de bloquear o apartado de “outros méritos” no baremo. Se se deixase aberto, como está na actualidade, este problema non se daría. De feito, en Galiza todas as certificacións de idiomas estranxeiros (Trinity, Camões, Goethe etc) puntúanse nese apartado polo que o tema estaría resolto de se manter o baremo aberto para que as CC.AA. poidan incorporar méritos propios ou que consideren oportunos.
  • Todo isto vai implicar unha demora na publicación da convocatoria, sendo practicamente imposíbel que sexa antes de ben entrado o primeiro trimestre do curso e non setembro como se prevía en Galiza.
  • Hai, ademais, outros temas moi relevantes no baremo que precisan unha modificación no RD, na liña do que defendemos en decembro desde a CIG-Ensino e que agora, se evidencian como urxentes. Non aceptamos limitarnos a opinar sobre o que quere o MEFP.
  • A CIG-Ensino propuxo as seguintes alternativas:
    • Modificar o baremo actual de recoñecemento das titulacións de EOI dentro do apartado 2.4 de formación académica para, respectando a puntuación actual de 0,5 puntos polo que se considera no texto como “nivel avanzado” (a redacción é do ano 2007 e desde aquela o nivel avanzado xa é o C1 e o C2), incorporar estes novos niveis cunha puntuación superior. Advertimos que non facelo pode poñer en perigo a puntuación dos actuais niveis B2 neste apartado. Non houbo resposta sobre a puntuación dos niveis de EOI con arranxo á actualidade e respectando a puntuación actual mais a intención parece ser clara: non tocar nada diferente o que traían á Mesa.
    • Incorporar a modificación que propón o Ministerio dentro do bloque de “outros méritos” ao considerar que as certificacións puidesen non ser consideradas como “formación académica”. Así garantiríase a súa puntuación, tal e como indican as sentenzas e propón o MEFP mais dentro doutro apartado. Non van tocar “outros méritos” e o cambio será como aparece no borrador, dentro de formación académica.
    • Recoñecer a puntuación non só de idiomas estranxeiros senón tamén dos diferentes idiomas oficiais no Estado ou nalgunha das comunidades con lingua propia (galego, catalán, euskara…). Só van puntuar idiomas estranxeiros.
    • Deixar aberto o apartado de “outros méritos” tal e como está na actualidade, engadindo aos apartados propostos polo Ministerio aqueles que determinen as respectivas convocatorias. Negativa rotunda do MEFP. O baremo non se vai tocar e será único para todas as convocatorias.
    • Modificar o apartado 2.5 do Anexo IV do RD 276/2007 (ao que se vincula a puntuación permanente) para permitir que se puntúen todas as actividades formativas (e non só cursos como figura no texto) e con independencia da súa duración. Coa redacción actual só se permite acumular “cursos non inferiores a 2 créditos”, o que implicaría que unha parte importante das xornadas formativas organizadas ou homologadas pola Consellaría de Educación (entre 8 e 19 horas) quedasen sen puntuar, o que supón unha clara discriminación. Esta situación se dá, con case toda seguridade en todas as CC.AA. Esta proposta foi formulada en solitario pola CIG-Ensino e o Ministerio recoñeceu que non a contemplara e que ía revisala, mais sen comprometerse a nada.
CIG
A CIG-Ensino denuncia o inmobilismo e centralismo do Ministerio e das organizacións sindicais estatais e considera un erro non atender ás melloras que propoñemos, especialmente a que fai referencia á formación permanente e a non permitir que sexan as administracións convocantes as que poidan decidir sobre o apartado “outros méritos”. Non vale a escusa de que estamos diante dun concurso e de que os baremos deben ser idénticos para salvar” non se sabe que igualdade de participantes”: até agora é así e nunca houbo ningún problema.
Esta claro que a imposición do Ministerio nace da súa obsesión por regular mediante o uso dunha aplicación única todas as convocatorias das CC.AA. que así o pidan. Un retroceso na capacidade de cada administración para poder acomodar os baremos á propia realidade do seu sistema educativo e o seu profesorado. Un retroceso para a capacidade da negociación sindical no ámbito galego que conta co beneplácito das matrices sindicais dos sindicatos que nos acompañan na Mesa galega. Se xa nos parece impresentábel que isto parta do goberno, que sexan os propios sindicatos os que queiran pechar todo en Madrid, impedindo que mesmo as súas franquías teñan voz propia xa nos parece o extremo da recentralización.

Volver