O marco estatal de negociación unha vez máis en entredito

Información da 19ª mesa negociadora do XIII Convenio Estatal Educación Infantil 0-3

O “principio de preacordo” rexeitado o 27 de xaneiro convirteuse nun “preacordo asinado” polo trio sindical estatal, que xa vendeu o sector no XII convenio no ano 2019, desoíndo un colectivo altamente feminizado e pechando unha década de precariedade laboral e salarial.

Na 19ª mesa negociadora do 17 de febreiro, convocada “por todas as patronais e o  trío sindical estatal UGT, USO e FSIE”, fíxose entrega do “principio de preacordo” que fora rexeitado apenas quince días antes, cunhas mínimas maquillaxes que xustificaran a sinatura do XIII convenio ao trio, nos termos impostos polas patronais, logo de forzar máis de 3 anos de bloqueo das negociacións.

Os sindicatos estatais volven repetir a venda sindical feita xa en 2019 coa sinatura do XII convenio, desoíndo, unha vez máis, ao colectivo que din representar ( así o manifestaron en asembleas, folgas, manifestacións, máis de 6000 sinaturas recollidas pola CIG na Galiza,...) e pechando o que van ser 10 anos de precariedade laboral e salarial, ate o curso 2028-2029 que vai o XIII convenio.

O preacordo asinado, que rematará coa sinatura do XIII convenio o 5 de marzo, con respecto ao que recollía o “principio de acordo”, rexeitado o 27 de xaneiro, modifica mínimamente o texto nos seguintes termos:

Táboas salariais: as de X.D. mantéñense igual e nas de X.I. tablas A) pasa salarios de cargos directivos de 1.677,78€ a 1.700€ e o de Educadora de 1.338,52 a 1.400€; nas táboas B) a educadora pasará a cobrar o curso 2027-2028 1.325€ en vez de 1.300€.

Cláusula de descolgue: retíranse os apartados a) e b) para acollerse a eles as empresas ( aínda que segue constando que de non pagar as administracións as empresas están exentas de facelo) e retrásase un ano o poder acollerse á cláusula, pasando do curso 2026-2027ao curso 2027-2028.

A disposición transitoria sétima pasará a disposición adicional.

Nova disposición adicional, nos termos de meter máis literatura no texto e vender fume, recollendo a creación de comisións de traballo “polos asinantes”, para tratar distintos temas: conveniencia de separar o convenio en dous ou non, adecuar convenio ás especifidades da X.I., actuar na defensa dos traballadores/as e empresarios/as ante impagos das Administracións ( agora non e van facelo despois... e coa cláusula involutiva recollida!1),...

Actualizar táboas e salarios das escolas infantís concertadas, sen actualizar dende 2019 (anexo III).

Subas salariais específicas para centros de obras sociais e caixas, só para 2025 e 2026 e non acadando o 1% anual por encima das subas de X.D. como se facía sempre.

En definitiva, novo entreguismo sindical a unha patronal que se reforza volvendo a impoñerse nas súas propostas involutivas e inmobilistas para o conxunto das traballadoras do sector infantil 0-3. Podes comparar este preacordo asinado co rexeitado na información da 17ªBIS mesa negociadora

A CIG-Ensino como xa ven denunciando e advertindo rexeitou este “preacordo”, porque mantén o  “bloqueo e imposición patronal” e porque é inxusto, inxustificable e moi insuficiente. Non dá resposta, nin respecta o mandato das traballadoras do sector  manifestado nas mobilizacións, sendo traizoadas e vendidas polos sindicatos estataisasinantes, unha vez máis, que nas rúas berraban e reivindicaban coa CIG-Ensino “convenio digno e salarios xustos”!!.Onde están estes? 

A única saída, marco galego de negociación: convenio galego XA!

A CIG-Ensino fai un chamamento á reacción “pola dignidade” das traballadoras galegas do sector  ante esta deriva das OO.SS estatais asinantes, apostando polo Marco Galego de Negociación coa CIG e aquelas OO.SS galegas, que se queiran sumar como única saída posible, ante este fracaso do marco estatal de  negociación e que só debera ser de mínimos.  

O posicionamento da CIG-Ensino foi de rexeitamento TOTAL, unha vez máis a única que o fixo nestes termos contundentes, tal e como se recolle nas actas das mesas estatais negociadoras. O rumbo das negociacións, fai que vaia tendo máis sentido a demanda histórica da CIG de contarmos cunconvenio galego”, que poidamos negociar directamente e non depender do ámbito estatal que non dá resposta ás reivindicacións e necesidades das traballadoras galegas. Ademais debe dar resposta á particularidade da gratuidade do sector 0-3 na Galiza, e que as empresas e asociacións do sector galegas deben ter en consideración polas discriminacións e competencias desleais se poden producir entre os distintos tipos de xestión de centros e organizarse como patronais, previo paso a negociarmos na Galiza, tendo as competencias a Xunta.

Nas vosas mans está o forzar, coa representación sindical da CIG no teu centro, e apoiar, coa sinatura, este camiño que comezamos en setembro de 2024 coa Campaña polas melloras laborais, sociais e salariais: por un convenio galego digno”.

Volver