O galego, a nosa columna vertebral !!!!! O idioma que nos une!!!!!

Manifestación do 17 de maio en Compostela

Este domingo, 17 de maio, cómpre que todas e todos esteamos en Compostela, ás 12 da mañá, para participar na manifestación a prol do galego que, partindo da Alameda, percorrerá as rúas da cidade baixo o lema “O galego, a nosa columna vertebral, o idioma que nos une”.
O galego, a nosa columna vertebral
O idioma que nos une!
 
Este domingo, 17 de maio, cómpre que todas e todos esteamos en Compostela, ás 12 da mañá, para participar na manifestación a prol do galego que, partindo da Alameda, percorrerá as rúas da cidade baixo o lema “O galego, a nosa columna vertebral, o idioma que nos une”.
              
            Non podemos permitir que se dea ningún paso atrás, ben ao contrario, cómpre dar pasos cara a adiante.
 
            Desde a CIG-Ensino, facemos un chamamento á participación masiva na manifestación para que entre todas e todos reclamemos o noso dereito ao uso do noso idioma e a vivir galego, a que o noso idioma acade plenos dereitos como lingua propia. Por iso, esiximos o mantemento do Decreto 124/2007. Este Decreto foi negociado con todas as forzas políticas e nace do consenso e da aprobación unánime do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega en 2004. Cando se van cumprir dous anos da súa publicación, comprobamos que está moi lonxe de conseguir que o 50% das aulas se impartan no noso idioma, cando é preceptivo segundo esta norma. Ao mesmo tempo, vimos de comprobar, segundo a publicación do Mapa Sociolingüístico de Galiza, a estarrecedora diminución de galego falantes, especialmente entre os máis novos e novas.
 
No ámbito do ensino, a nosa lingua continúa a nin sequera ser a lingua vehicular do 50% das materias. Segundo os datos publicados no informe do Consello da Cultura de 2002, en Educación Infantil soamente o 33% do alumnado usa habitualmente máis o galego, en Educación Primaria soamente o 36% do alumnado e en Educación Secundaria non supera o 27%. Mentres, o profesorado que usa o galego oralmente nas aulas de Infantil e Primaria non supera o 22,10%. Por outro lado, o uso da nosa lingua na Universidade da Coruña non supera o 10%, na Universidade de Santiago non supera o 20% e na de Vigo non supera o 26%, habendo facultades en que a presenza da nosa lingua é totalmente nula.
 
A CIG-Ensino vaille esixir ao novo Secretario Xeral de Política Lingüística o mantemento do Decreto 124/2007, como norma amplamente consensuada e reclamaremos que se realice un plan de formación do profesorado que incentive o uso do noso idioma, e que se aplique e se desenvolva na súa totalidade a normativa que temos neste momento.

Volver