O ensino parou de xeito significativo na folga xeral do 29 de setembro

Valoración da folga

Galiza e a clase traballadora existen a pesar do ocultamento e a manipulación: A folga xeral foi un éxito. Galiza foi o territorio onde a folga tivo maior incidencia e na cidade de Vigo onde tivo máis impacto respecto de todas as cidades do Estado. Na Galiza, a folga nos sectores clave da economía superou mesmo a da convocatoria do ano 2002.
 Galiza e a clase traballadora existen a pesar do ocultamento e a manipulación: A folga xeral foi un éxito

O ensino parou de xeito significativo na folga xeral do 29 de setembro

 

Galiza foi o territorio onde a folga tivo maior incidencia e na cidade de Vigo onde tivo máis impacto respecto de todas as cidades do Estado. Na Galiza, a folga nos sectores clave da economía superou mesmo a da convocatoria do ano 2002.
As manifestacións da CIG foron con diferenza as máis masivas, se ben, no mellor dos casos, na prensa inverteuse a realidade respecto das outras manifestacións, e noutros simplemente a obviaron, facendo desaparecer así o sindicalismo galego e o movemento obreiro do noso país da imaxe da folga, pretendendo dar a sensación, igual que en días precedentes, de que a CIG non era convocante da Folga. Isto é debido a que a CIG é diferente porque así o require a especificidade propia do noso país, e porque ten unha liña sindical reivindicativa e de defensa firme das conquistas sociais que se afasta doutras posturas partidarias de facer concesións e asinar acordos que rebaixan os dereitos que hoxe temos. 
A folga no ensino – tendo en conta o conxunto dos diferentes niveis (universidade, medio e primaria) e dos sectores participantes (profesorado, estudantado e persoal administrativo de servizos)- foi maioritaria, paralizándose a actividade lectiva na Universidade e noutros outros centros.
O profesorado tamén tivo un papel importante nesta Folga, aínda que a súa participación non foi masiva. Por unha banda é a terceira folga que se convoca nesta ano e por outra o profesorado aínda non é totalmente consciente das consecuencias destes continuos ataques aos servizos públicos e aos traballadores en xeral, e mesmo ao emprego público en particular. Os recortes salariais foron aceptados por un sector importante do profesorado como un mal menor, cando se percibía esta redución como unha achega a paliar a crise. Aínda non se decataron que estes recortes son exclusivamente para favorecer a privatización, o desvío ao ensino privado e á economía especulativa, e non ás pensións nin ás prestacións sociais.
Tamén é certo que o profesorado non é impermeábel ás campañas dos sindicatos corporativos (organizacións exclusivamente de funcionarios/as ou de ensino) que fomentaron esa ilusión de vivir nunha burbulla a respecto do resto da sociedade e crer que se pode defender a existencia dun servizo público só polas demandas dos que traballamos del e non pola esixencia do pobo ao que atenden.
A pesar do bombardeo mediático antisindical e desmobilizador, a pesar do fomento do individualismo e do solipsismo, un número importante de profesorado consciente e organizado segue a resistir na defensa do ensino público e das conquistas sociais. 
Cómpre incrementar a base deste sector máis crítico e activo do profesorado para facer fronte aos retos que hoxe temos, debidos á ofensiva agresiva das políticas neoliberais e privatizadoras que estamos a sufrir. Este profesorado, a través da CIG-Ensino, é fundamental para avanzar na mellora da calidade da educación no noso país e, xa que logo, na superación das desigualdades sociais e de clase, na Galiza.

Volver