O ensino do portugués, en todos os centros galegos
Colabora coa CIG-Ensino e a Associação de Docentes de Português na Galiza na introdución do ensino do portugués no teu centro
Actualmente, o portugués é ofertado
para o seu estudo en 60 centros públicos da Galiza.. Moito pouco, tendo en conta que hai 341 centros públicos e máis de 130.000 alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato no ensino público. Todas e todos os galegos
deberiamos ter uns mínimos coñecementos desta lingua, dada a nosa orixe cultural e lingüística común
e a necesidade de coñecemento
mutuo cara un futuro que ten que aproximarnos máis, para alén das relacións económicas.