O Consello Escolar perde a súa credibilidade

Por que apoia un Bacharelato rexeitado polo profesorado

Diante do uso que está a facer a Consellaría deste organismo, instrumentalizandoo en función dos seus intereses para lexitimar un Decreto contestado pola maioría do profesorado, compre lembrar como respondeu esta entidade e o papel que tivo cada quen. Coa folga e a manifestación quedou en evidencia que a súa decisión é contraria ao expresado pola maioría do profesorado.
INFORMACIÓN DO PLENO DO CONSELLO ESCOLAR DE GALICIA
O mércores 28 de abril tivo lugar o pleno do Consello Escolar de Galiza no que se debatiu o ditame sobre o decreto que vai regular o bacharelato no noso país. Ao pleno chegaron vivas 120 emendas das que 68 eran da CIG-Ensino.
            En contra do que viña sendo habitual até o de agora, o ditame recollía un último punto no que a Comisión Permanente acordaba non facer emendas aos obxectivos, contidos e criterios de avaliación referidos a cada materia “pola súa complexidade técnica” e remitir as emendas recibidas directamente á Consellaría. A CIG-Ensino deixou claro no pleno a súa oposición a esta decisión, denunciando o furto do debate que con el se orixinaba.
             Nunca, nin na etapa do PP, nin cando se debateron os currículos doutros niveis educativos sucedeu tal cousa. O procedemento de debater as emendas aos contidos e obxectivos curriculares seguíranse sen maiores dificultades no seu día cos de Educación Infantil, a Educación Primaria, a ESO e coas Ensinanzas Especiais.
            Resultou, tamén, intolerábel a actitude da presidencia do pleno ao non votar unha emenda transacionada da CIG que dicía: “O Consello Escolar de Galiza recomenda ás autoridades educativas que no futuro o ensino das confesións relixiosas non teña presenza nas ensinanzas escolares”. Tal posibilidade foi rexeitada duramente pola presidencia e pola UGT, que se negaban á votación do texto citado e chegaron a forzar unha votación do Pleno para decidir si se aceptaba ou non votar a transaccional, malia a que no Consello Escolar sempre se puido votar calquera transaccional sen ningún tipo de problema. Votación que, como era de esperar, gañaron os da UGT co apoio, non só da Administración, senón tamén da patronal da privada, dos alcaldes do PP, do PSOE, da CONFAPA e a abstención de CCOO.
            Unha situación semellante produciuse á hora de debater a proposta de horario presentada pola CIG-Ensino, na que se propuña que a ensinanza da relixión estivese fóra do horario escolar común do alumnado. A súa presenza dentro do horario ordinario coa obriga de atención educativa para o resto do alumnado responde tan só a decisións políticas e non xurídicas. A situación foi tan indignante que mesmo se chegou a propor por algún membro do Pleno a non discusión de dita proposta por entender que non había lugar.
            A nosa proposta só contou co apoio dos membros da CIG no Consello e 6 abstencións e 23 votos en contra (UGT, CONFAPA, alcaldes do PP e PSOE, administración, patronal da privada...), CCOO abstívose.
            Como conclusión ningunha das emendas da CIG-Ensino foi aceptada en pleno (aínda que si 4 na Permanente), o que dá conta da falla de vontade negociadora, tendo en conta que nós propúñamos a maior parte delas. A presidencia usou a súa maioría para adulterar o regulamento do organismo co fin de evitar o debate de temas fundamentais. A CONFAPA, a pesares da súa retórica laicista e progresista, prestouse ás teses da Consellaría a prol da relixión.
A CIG-Ensino non entra en cambalaches
Na CIG-Ensino non entramos en solucións excluíntes de ningún dos colectivos afectados como se quixo intencionadamente colar de esguello (a patronal da privada CECE e UGT) para provocar a división e o confronto; defendemos unha solución igual para o profesorado afectado, independentemente da materia que imparten, tal como recolle as nosas emendas e a nosa proposta de horario. Se a administración quixese dar unha hora máis a unha materia non llo impediría a postura da CIG, nin do Consello Escolar non decide nada, mais si pode servir para xerar unha expectativa falsa de solucións por separado, fragmentando ao profesorado, e desactivar a oposición sen ningún compromiso real.
Se hai tres materias que sofren a mesma problemática, apoiar a unha soa é negar a problemática  e deslexitimar a loita do profesorado. A CIG non votaría nunca a favor dunha solución para unha materia que imposibilita calquera solución para as demais. É evidente que a CIG non ía votar por ningunha proposta que non supuxera unha saída global para as tres materias (Educación Física, Filosofía e Historia). Non se trataba de entrar en propostas que beneficiaran a Educación Física e prexudicara a Filosofía e Historia, ou viceversa. Un comportamento así suporía un fraude e engano para todos os que secundaron a folga.
En cambio a proposta da CIG ten totalmente encaixe legal, como quedou claro polo feito de que en ningún momento a administración desbotou a proposta da CIG por cuestións legais, algo que non ía deixar de facer se tivera oportunidade. A proposta de quitar horas das optativas en vez de relixión que propuña UGT si que foi rexeitada pola administración por razóns organizativas e mesmamente legais.
Tanto CCOO como UGT veñen de publicar sendos libelos por non termos apoiado propostas parciais no Consello Escolar que beneficiarían exclusivamente a un colectivo, deixando ao resto á marxe. Fai falla moita cara para logo de non ter presentada ningunha emenda ao pleno e de absterse na maioría das votacións, incluída todas as relacionadas coas cargas lectivas das diferentes materias, veña agora CCOO a calificar de esperpento a CIG por non ter apoiado a proposta da patronal da privada, na que eles mesmos se abstiveron.
O que realmente sucede é que tanto CCOO como UGT estráñalle a coherencia da CIG até o final, xa que a súa práctica sindical está inzada de ventas e posicións contrarias á vontade dos traballadores. No ensino, ultimamente, disto sabemos moito.
Non só non convocan nin apoian ningunha mobilización, senón que non teñen empacho en criticarnos por manter o mesmo posicionamento no Consello Escolar que o que nos levou a folga.
A UGT tería que explicar porque votou a todas as propostas que había de cambio horario lectivo, agás a da CIG. É dicir, para eles é apoiable unha emenda que outorga unha hora máis só para EF a conta das Ciencias do Mundo Contemporáneo, pero non a da CIG que outorga unha hora máis para EF, Filosofía e Historia a conta da relixión e Ciencias do Mundo Contemporáneo.
Estas organizacións teñen que explicar porqué non asumen a proposta que a relixión se imparta fóra do horario común de todo o alumnado. Proposta avalada noutras administracións educativas, factible legalmente e apoiada pola maioría do profesorado.
Estas organizacións xa non só deixan de defender o laicismo, senón que calquera alternativa que camiñe nese sentido prodúcelle sarpullidos e as súas amarras a Consellaría lévaos a facer un fronte común coa patronal privada e outros representantes en contra do sentir do profesorado.
A Consellaría ten que mudar de opinión e asumir a reivindicación do profesorado
Mais non debemos desviar a atención, a Consellaría de Educación é a responsable do currículo e da carga horaria. Despois de diferentes mobilizacións e da folga ten que rectificar e asumir as propostas que si contan na realidade con apoio e non buscar lexitimacións en “informes” que se producen de costas ao profesorado.
O Consello Escolar de Galiza veu, con isto, a confirmar que non representa a opinión do ensino galego. Neste caso, usado pola Consellaría de Ensino para lexitimar as súas propostas, rexeitadas maioritariamente, tal como quedou acreditado pola folga e manifestacións que se están levando a cabo. Convértese así nun organismo de costas aos problemas reais ao ser instrumentalizado e desvirtuado de xeito partidista.
A CIG-Ensino vai continuar a mobilizarse consciente de que nos asiste a razón e que a nosa proposta é a máis razoable, equilibrada e camiña cara a laicidade do ensino.
Distribución Horaria Bacharelato de CIG-Ensino
Proposta pola que se está mobilizando e defendeu no Consello Escolar
MATERIAS 1º CURSO
MÍNIMOS
PROPOSTA CONSELLARÍA
ACTUAL
PROPOSTA DA CIG
Ciencias para o mundo contemporáneo
2
3
0 (+3)
2
Educación Física
1
1
2 (-1)
2
Filosofía e cidadanía
2
2
3 (-1)
 3
Lingua castelá
3
3
3
3
Lingua galega
-
3
3
3
Lingua estranxeira
3
3
3
3
Relixión
2
1
2 (-1)
0
De modalidade
2 ¼ cada unha
3x4
3x4
3X4
Optativa
2 ¼
4
4
4
TOTAL
TOTAL
32
32
32
MATERIAS 2º CURSO
MÍNIMOS
PROPOSTA CONSELLARÍA
ACTUAL
PROPOSTA DA CIG
Historia de España
2
3
4 (-1)
4
Historia de Filosofía
2
3
3
3
Lingua Castelá
3
3
3
3
Lingua Galega
-
3
3
3
Lingua extranxeira
3
3
3
3
De modalidade
2 ¼ cada unha
3x4 horas
3x4
3X4
Optativa
2 ¼
4
4
4
Relixión
 
1
0 (+1)
0
TOTAL
TOTAL
32
32
32
 
  • A Relixión, por imperativo legal, sería de oferta obrigatoria e de elección voluntaria do alumnado en todos os centros, co cal os que elixiran esta opción terían dúas horas máis de clase no bacharelato.
 

Volver