O Consello Escolar do Estado aproba unha proposta da CIG-Ensino para que a ensinanza da relixión non forme parte do currículo escolar

A Relixión NON debe formar parte do currículo escolar

O día 26 de xuño de 2008 O Consello Escolar do Estado instou ao goberno ao través dunha proposta da CIG-Enino a REVISAR O CONCORDATO CO ESTADO VATICANO CO OBXECTIVO DE QUE A ENSINANZA DA RELIXIÓN NON FORME PARTE DO CURRÍCULO ESCOLAR. Podes ver tamén as numerosas propostas presentadas pola CIG-Ensino e aprobadas, así como as non aprobadas.

O Consello Escolar do Estado aproba unha proposta da CIG-Ensino para que a ensinanza da relixión non forme parte do currículo escolar
Aquí podedes ver a proposta


O Pleno do Consello Escolar do Estado, celebrado durante todo o día 26 de xuño, vén de aprobar o Informe sobre o estado e situación do sistema educativo do curso 2006-2007. Entre outras emendas presentadas pola CIG ao Informe e tidas en consideración, destaca a aprobación con 30 votos a favor, 18 en contra e 15 abstencións da seguinte proposta "O Consello Escolar do Estado insta ao goberno a que revise o Concordato co Estado Vaticano co obxectivo de que o ensino da Relixión non forme parte do currículo escolar.”
 
A CIG-Ensino fai unha valoración positiva deste resultado porque o máximo organismo de participación educativa do Estado, no cal están representados o propio Ministerio de Educación, os/as presidentes/as dos consellos escolares de toda as comunidades autónomas, os/as representantes das universidades, as organizacións sindicais, as confederacións de ANPAS e organizacións estudantís, vén de apostar polo ensino laico e deixa, tamén, en evidencia, como quedou patente no conflito sobre o Decreto de Bacharelato, o prexuízo que causa esta materia confesional por reducir o horario de materias fundamentais como ocorreu coa Filosofía e Historia no caso galego.
 
Esta proposta defendida no Consello Escolar do Estado polo Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, é semellante á que o Consello Escolar de Galiza, na reunión do 28 de abril, co motivo do debate do Decreto de Bacharelato, se negou, non só a tela en consideración, senón mesmamente a que se puidera votar a emenda transaccionada de CIG que dicía: “O Consello Escolar de Galiza recomenda ás autoridades educativas que no futuro o ensino das confesións relixiosas non teña presenza nas ensinanzas escolares”. Non sabemos que opinarán todos os que se opuxeron ese día a votala (UGT, representantes de Consellaría, alcaldes do PSOE, CONFAPA, etc. ) ou se abstiveron como CCOO.
 
O Informe do Consello Escolar do Estado será remitido tanto ao Ministerio de Educación como ás Cortes Xerais do Estado do Estado para que, entre outras, esta consideración sexa tida en conta. 

Emendas presentadas pola CIG-Ensino e aprobadas. Ligazón

Emendas presentadas pola CIG-Ensino e non aprobadas. Ligazón

Volver