O Consello Escolar de Galiza aproba dúas emendas da CIG en contra de eliminar o módulo de “cociña galega de vangarda” e as rateos dun máximo 20 alumnos nos ciclos

A Consellaría de Educación perde dúas votacións

Co voto en contra dos representantes da consellaría de Educación, o Consello Escolar de Galicia aprobou onte, día 8 de outubro, dous ditames que incluían importantes emendas presentadas pola CIG sobre os currículos dos novos ciclos de FP.
O Consello Escolar aproba dúas emendas da CIG en contra de eliminar o módulo de “cociña galega de vangarda” e as rateos dun máximo 20 alumnos ciclos
 
Co voto en contra dos representantes da consellaría de Educación, o Consello Escolar de Galiza aprobou o día 8 de outubro dous ditames que incluían importantes emendas presentadas pola CIG sobre os currículos dos novos ciclos de FP.
No ditame sobre o proxecto de Decreto de modificación dos currículos, xa publicados,  de catro ciclos medios implantados o curso pasado (Emerxencias sanitarias, Cociña e gastronomía, Mecanizado e Panadería, repostaría e confeitaría), incluíuse a emenda presentada pola CIG-ENSINO para manter o módulo “Cociña galega de vangarda” no ciclo de Cociña e gastronomía que a Consellaría pretendía eliminar. Agardamos que a Consellaría asuma a vontade maioritaria do Consello Escolar pois sería totalmente inxustificable que non o fixera.
Para a CIG-ENSINO é moi importante a aprobación desta emenda porque supón o recoñecemento da necesidade de introducir nos ciclos contidos propios relacionados coas especificidades do desenvolvemento da profesión na Galiza, poñendo en valor as nosas achegas en cada campo profesional, e non limitarse a desenvolver os contidos mínimos fixados a nivel estatal dun xeito uniformizador renunciando ao exercicio das competencias propias.
No ditame sobre os proxectos de Decreto que establecen os currículos de vinte novos ciclos medios e superiores, o Consello Escolar de Galicia incluíuse unha emenda presentada pola CIG-ENSINO sobre a necesidade de fixar a rateo en 20 alumnos/as por aula nos ciclos formativos. Agardamos que a Consellaría de Educación  acepte a aplicación desta rateo por ser un factor indispensable para un ensino de calidade, cunha axeitada atención individualizada, na FP.
Aprobouse ademais, a proposta da CIG-ENSINO, incluír no ditame unha recomendación á Consellaría para que estude solucións ás posíbeis situacións de falta de horario que se poden dar entre o profesorado técnico de FP da especialidade de Oficina de proxectos de fabricación mecánica ao implantar os novos ciclos da familia de Fabricación Mecánica por perder este profesorado carga horaria nos dous novos ciclos superiores desta familia (CS Construcións metálicas e CS Programación da produción en fabricación mecánica).
A CIG-Ensino en rogos e preguntas demandou a retirada da circular 5/2009 da Escolas Oficiais de Idiomas e esixiu abrir negociacións sobre a situacións das mesmas.

Volver