O Consello Escolar de Galiza aproba a emenda, presentada pola CIG-Ensino, para que a Consellaría de Educación inclúa a especialidade de Dirección no Decreto polo que se estabelecen as Ensinanzas Artística Superiores de Grao en Música

Consello Escolar de Galiza trata as ordes de ensinanzas artísticas superiores de Grao en Música, ensinanzas artísticas superiores de Grao en Conservación e Restauración de Bens culturais, ensinanzas artísticas superiores de Grao en deseño, ensinanzas artí

O pasado día 28 de abril, no Plenario do Consello Escolar de Galiza, ditaminouse, entre outros, o proxecto de Decreto polo que se estabelecen as Ensinanzas Artísticas Superiores de Grao en Música. Das 26 emendas presentadas a este proxecto de Decreto, 21 foron propostas pola CIG-Ensino.

Algunhas das que nos foron aceptadas son as seguintes:

Crear a especialidade de Dirección.

  • A Consellería desenvolverá plans de formación do profesorado para a actualización e afondamento das disciplinas propias da Música nos seus diferentes ámbitos, así como formación concreta en galego, con coñecemento do vocabulario específico”.

  • Eliminar que nas disciplinas consideradas de contidos progresivos, o alumno ou alumna, non poderá ser avaliado ou avaliada en tanto non teña superada a disciplina do mesmo nome e descritor de cuadrimestre ou cuadrimestres anteriores, na orde correspondente.

  • Aceptouse modificar o descritor de Antropoloxía cultural de Galicia nos seguintes termos: “Adquisición de coñecementos sobre as distintas dimensións da cultura galega, con especial atención ás claves comportamentais e simbólicas, así como, a creación dunha conciencia de Galicia como unha realidade cultural, socioeconómica, con identidade de seu. Análise da realidade galega contemporánea desde os procedementos da antropoloxía cultural.”

  • O Consello Escolar de Galicia recomenda que se elaboren regulamentos específicos para os centros superiores de ensinanzas artísticas, entre os que se atopan os Conservatorios Superiores.

  • O Consello Escolar de Galiza recomenda que se unifiquen as convocatorias extraordinarias LOXSE e LOE en setembro, para facilitar a organización pedagóxica e administrativa.

  • O traballo fin de grao pasa a ser “concerto/traballo fin de grao”.

O ditame final, coa inclusión das emendas aprobadas, foi aprobado con 12 votos a favor e 12 abstencións.

Dentro das emendas que non foron aceptadas están:

  • A imposibilidade de que, excepcionalmente, os alumnos e alumnas que teñan un alta capacidade musical poderán iniciar estudos superiores de Música, aínda que non cumpran os requisitos de acceso anteriores, ficando condicionada, no caso de rematar os estudios, a expedición do título de grao a ter cursado o bacharelato ou superada a proba específica de acceso.”

  • Que os centros educativos determinarán que disciplinas haberán de impartirse en lingua galega, de xeito que o 50% das materias se impartan nesta lingua, procurando que, ademais, o alumnado adquira en galego o vocabulario propio da súa especialidade.”

  • Que o Consello Escolar de Galiza recomende a integración das ensinanzas artísticas superiores na Universidade. Mentres isto non se leve a cabo, débeselle recoñecer ao profesorado que imparte estas ensinanzas as mesmas condicións laborais e académicas.

Como todos e todas sabedes, o Consello Escolar é o máximo órgano de participación educativa en Galiza, mais as decisións e os ditames non son vinculantes para a Consellaría. Aínda que, até agora, vén sendo norma desta Consellaría desprezar todas as propostas do Consello Escolar, sería totalmente incomprensíbel e inaudito que un ditame que non ten ningún voto en contra e que ten un apoio moi maioritario non fose aceptado pola Consellaría. Polo tanto, exiximos que dea traslado das propostas aceptadas no Consello Escolar ao texto definitivo do Decreto polo que se estabelecen as ensinanzas artísticas.

 Proximamente, entregaremos as sinaturas que estamos recollendo en defensa da creación da especialidade de Dirección. Polo tanto, se aínda non nolas entregastes, facédenolas chegar.

 Podedes consultar todas as emendas presentadas pola CIG-Ensino:

Volver