O Concurso de Tralados farase público o 5 de decembro, estabelecendo o prazo de participación do día 15 de decembro ao 2 de xaneiro.

Concurso de Tralados

A convocatora de Concurso de Tralados publicarase, previsibelmente, o 5 de decembro, estabelecendo o prazo de participación do 15 de decembro ao 2 de xaneiro. Este prazo vén fixado polo MEC, xa que é un concurso estatal.

Datas Concurso de Traslados 2008/2009

O Concurso de Tralados 2008/2009 tanto o de mestres como o de secundaria convocarase, previsibelmente, o 5 de decembro, estabelecendo o prazo de entrega de solicitudes do 15 de decembro ao 2 de xaneiro.

Este prazo vén fixado polo MEC, xa que, é un concurso estatal. 

A CIG-Ensino xa presentou a máis enérxica crítica por este prazo, exixindo o seu cambio. A Consellaría aceptou a nosa proposta e trasladaralle ao MEC a necesidade de variar os prazos.

Desde a CIG-Ensino tamén queremos facer patente o noso malestar pola forma de negociación deste concurso no ámbito estatal. Lembremos os sucesivos cambios que se deron ao respecto da posibilidade de que o profesorado funcionario de carreira do corpo de mestres que aprobou a oposición no ano 2007 puidesen participar no concurso nas distintas especialidades para as que estivese habilitado. Por fin, como era de esperar, poderán concursar por todas as especialidades polas que están habilitados e mais por Primaria. 

A Consellaría comunicou que abrirá a aplicación web para poder cubrir a solicitude desde o mesmo 5 de decembro, pero NON SE PODE ENTREGAR A SOLICITUDE NO REXISTRO ANTES DA APERTURA DO PRAZO DE ENTREGA DE SOLICITUDES (15 de DECEMBRO).

Recordar tamén que as persoas que xa concursaran recibirán o concurso anterior para que, se é o mesmo que queren facer, só o teñan que confirmar.


Volver