O 16 de xaneiro, concentración a prol da mellora dos criterios para a implantación da xornada única

Mobilizacións pola xornada única

A CIG-ENSINO, xunto coas organizacións sindicais actuantes no ámbito do ensino, en reunión celebrada o 11 de xaneiro de 2008, e debido a que a Consellaría de Educación non mudou a súa postura respecto da negociación duns criterios racionais para a implantación da xornada única, acordamos convocar unha concentración de delegados para o vindeiro 16 de xaneiro en Compostela e enviar aos centros un escrito para que sexa apoiado polos claustros, os Consellos Escolares e as ANPAS.
Mobilizacións a prol da xornada única

A CIG-Ensino, xunto coas organizacións sindicais actuantes no ámbito do ensino, en reunión celebrada o 11 de xaneiro de 2008, e debido a que a Consellaría de Educación non mudou a súa postura respecto da negociación duns criterios racionais para a implantación da xornada única, acordamos convocar unha concentración de delegados para o vindeiro 16 de xaneiro en Compostela e enviar aos centros un escrito para que sexa apoiado polos claustros, os Consellos Escolares e as ANPAS.

Texto do Acordo:

As Organizacións sindicais abaixo asinantes, reunidas o 27 de decembro de 2007 e hoxe 11 de xaneiro de 2008, logo de presentar diante do Presidente da Mesa Sectorial Docente non Universitaria un escrito en que, ademais de trasladarlle as nosas reivindicacións para a negociación dun novo proxecto de orde sobre a implantación da xornada única, solicitábamos unha entrevista con carácter de urxencia; ante a falta de resposta da Consellaría, adoptamos as seguintes resolucións:

  •  Realizar unha concentración de delegados e delegadas o vindeiro mércores 16 de xaneiro, ás 11:30 horas, co obxecto de reivindicar que a Consellaría retome as negociación presentando un novo proxecto de orde que recolla, entre outras cuestións, que:
    • Para proceder á modificación da xornada se requirirá a participación do 50 % do censo, entendendo un só voto por unidade familiar, e o voto favorábel dos dous terzos dos participantes.
    • O transporte escolar nunca condicionará o cambio de xornada lectiva proposta e aprobada pola comunidade educativa.
  • Recadar o apoio dos claustros de profesores e profesoras, dos consellos escolares e as Asociacións de Nais e Pais, mediante o escrito que vos achegamos.

Por tanto, dirixímonos a vós para pór no voso coñecemento as resolucións adoptadas e para trasladarvos a proposta de recollida de pronunciamentos en prol dunha negociación da implantación da xornada única que recolla as cuestións anteditas.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2008.
 

Volver