Nova orde de comisións de servizo por motivos de saúde.
Mesa Sectorial 27.04.07 COMISIÓNS DE SERVIZO DE SAÚDE
NEGOCIACIÓN DA ORDE QUE REGULA AS COMISIÓNS DE SERVIZO POR MOTIVOS DE SÁUDE
A Consellaría de Educación presentou, logo da experiencia acumulada destes últimos anos, unha proposta para modificar a orde que actualmente regula as comisións de servizo por motivos de saúde.
O texto presentado pola Consellaría modifica algúns dos apartados da norma actual. Podes consultar o borrador negociado na Mesa sectorial premendo aquí
As principais modificacións do borrador da Orde presentada foron:
- Requisito do 66% de discapacidade para os familiares.
- Poderanse conceder, excepcionalmente, para atención a familiares de 2º grao.
- Limítase, con carácter xeral, a 1 curso prorrogábel a 2 máis.
- Obrigatoriedade de pedir no CXT centros nun radio de 20 km da localidade solicitada en 1º lugar.
- Obrigatoriedade de presentar informe do/a traballador/a social do Concello sobre as persoas que conforman a unidade familiar.
- O prazo de presentación adiántase á 2ª quincena de abril (agás este ano que será nos 15 días naturais posteriores á publicación no DOG.
A CIG-Ensino fixo as seguintes propostas:
- Artigo 1.1.b) O recoñecemento oficial da discapacidade como requisito pode ser unha limitación excesiva nalgúns casos. É unha novidade restritiva e solicitamos que se inclúa “con carácter xeral”. PROPOSTA ACEPTADA. A DISCAPACIDADE SERÁ DO 65% “CON CARÁCTER XERAL”.
- Artigo 1.2. Pode darse o caso de que exista un familiar en 1º grao que non poda facerse cargo da atención do familiar en 2º grao do docente, polo que pedimos flexibilidade na interpretación deste artigo. PROPOSTA ACEPTADA. A COMISIÓN TERÁ QUE VALORAR AS EXCEPCIONALIDADES.
- Artigo 7. O Persoal das delegacións vai actuar de filtro das solicitudes para comproban que se cumpren os requisitos do art. 1. Isto pode provocar problemas de indefensión para o profesorado solicitante, xa que non debe ser o persoal da delegación o que faga valoracións sobre situacións socio-familiares ou de enfermidade dos propios docentes. Solicitamos que todas as solicitudes cheguen á Comisión. PROPOSTA ACEPTADA.
- Artigo 8.3. O novo prazo de solicitudes (2ª quincena de abril) vai dar lugar a moitas causas sobrevidas xa que a resolución definitiva dos concursos é posterior e, en moitas ocasións, é o cambio de destino forzoso o que dá lugar a precisar unha comisión de servizos. Instamos á Consellaría a que considere como causas sobrevidas todas estas situacións ou que abra un novo prazo. PROPOSTA ACEPTADA. HABERÁ UN 2º PRAZO DE 15 DÍAS LOGO DA ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DE DESTINOS.
- Artigo 9. Na comisión de valoración faltan os inspectores médicos (2) que figuraban até agora. A Consellaría di que se trata dun erro. Están incluídos.
- Artigo 15. Causas sobrevidas. Debe constar que se reunirá de novo a comisión para valoralas. PROPOSTA ACEPTADA
- O profesorado que non reúna os requisitos para concursar ou aqueles que soliciten comisión por unha causa sobrevida con posterioridade ao peche de presentación de instancias do CXT non terán que cumprir o requisito de participar no mesmo.
PODES CONSULTAR A ORDE, TAL E COMO SE PUBLICARÁ NO D.O.G., COAS PROPOSTAS FEITAS POLA CIG-ENSINO E ACEPTADAS POLA CONSELLARÍA XA INCORPORADAS NO TEXTO. Ligazón
COMISIÓNS DE SERVIZO POR CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR
Debido ás consultas recibidas nos locais da CIG-Ensino sobre a orde que regula as comisións de servizo por conciliación da vida familiar, informámosvos de que a intención da Consellaría -tal e como expresou nunha Mesa sectorial anterior- é non modificar a Orde que se publicou o 30 de xuño de 2006, e manter a súa aplicación para o próximo curso.
O PRAZO PARA SOLICITALAS SERÁ DO 16 AO 31 DE MAIO.
Podedes ver a orde que se aplicará premendo aquí