Nómina do mes de xullo. Instrucións para non se perder.

ACLARACIÓNS SOBRE A NÓMINA NA QUE SE APLICAN OS ATRASOS DO 1%

Todo o profesorado acaba de recibir a nómina do mes de xullo e quen reparara no PDF recibido, ademais de na contía, puido pensar que farían falta unhas instrucións de uso para non ser perder na súa interpretación.

Moi brevemente, así queda a nómina que acabamos de recibir:

 

1.- Atrasos mensuais. Pagan os atrasos da suba do 1%* mes a mes especificado por cada concepto e coa retención do IRPF correspondente. Aparece DO 01/01/2017 AO 31/01/2017 - MENSUAL e así até DO 01/06/2017 AO 30/06/2017 - MENSUAL 

 

2.- Nómina mensual actualizada. Pagan o mes de xullo co novo salario (que inclúe tamén un incremento do 1% ao respecto das dos meses anteriores. Aparece como DO 01/07/2017 AO 31/07/2017 - MENSUAL 

 

3.- Atrasos da extra. Pagan os atrasos da extra de xuño correspondentes ao conceptos salariais que se devengan de decembro a maio (salario base, trienios, complemento de destino). Aparece como DO 01/12/2016 AO 31/05/2017 - SEMESTRE 

 

4.- Atrasos da extra (específico). Pagan os atrasos da extra de xuño vinculados ao complemento específico do ano 2017. O complemento específico na extra devéngase por semestres naturais. Aparece como DO 01/01/2017 AO 30/06/2017 - SEMESTRE

 

5.- Regularización dos erros cometidos na nómina anterior con funcionariado en prácticas. Como xa informamos na nómina do mes anterior a Xunta cometeu o erro de non pagar o complemento específico ao funcionariado en prácticas do corpo de mestres. Por outro lado, pagou de mais ao mesmo colectivo en prácticas dos demais corpos docentes. Estaba prevista que nesta nómina se regularizaran este erros. Por tanto, é importante comprobar que as contías engadidas ou retiradas se corresponden cos erros da nómina anterior.

 

Para calquera dúbida pode consultarse como quedan as retribucións na información da nosa web::

 

* O incremento do 1% aprobouse na Lei de Orzamentos do Estado (BOE 28/06/2017) e aplicouse ás nosa nóminas mediante a modificación da orde de confección de nóminas para o persoal da Xunta de Galiza (DOG 10/07/2017). Ligazón

Volver