Negociacións do V Convenio colectivo estatal de reforma xuvenil e protección de menores

A CIG-Ensino rexeita o preacordo salarial para o período 2026-2029, previo á sinatura do V convenio acadado por todas as patronais do sector e só o un sindicato estatal

A CIG-Ensino rexeita este preacordo por asumir o ditado das patronais e non dar resposta ás reivindicacións do persoal traballador do sector, recollidas na plataforma social conxunta das tres OO.SS da mesa negociadora.

Proposta da CIG-Ensino

Logo de nove mesas negociadoras, cun inmobilismo e involucionismo patronal que xa nos ten acostumados, a CIG-Ensino non subscribirá este preacordo salarial para o período 2026-2029 do V convenio por quedar moi lonxe do reivindicado polo persoal traballador do sector, que son as  reivindicacións iniciais do sindicato (plataforma CIG propia con propostas básicas no articulado do convenio) e das pactadas incluso a posteriori, na plataforma social conxunta con CCOO e UGT; pois, as “melloras salariais” que se producen son enganosas e de pouca relevancia para os intereses dos traballadores/as, quedando ditas condicións salariais acordadas, en moitos casos, hipotecadas no sector ate o 2029 e sen garantías de acadalas antes, ao supeditalas a novos contratos, convenios, concertos sociais, ... que se asinen coas administracións.

A denuncia do convenio fíxose case dous anos antes de rematar o IV coa finalidade de melloralo significativamente en dereitos laborais, sociais e nos salarios “para todos e todas”, recuperando IPC perdido no anterior convenio e equiparando protección a reforma, así como coa intención de non quedar ninguén fóra, mesmo discriminado,  debido ás renovacións de pregos, contratos, convenios, concertos,… coas administracións, tendo estas que asumir esas melloras, evitándose o seu incumprimento (como xa pasou co anterior IV convenio). Finalmente o preacordo salarial pechado do V convenio asínarase sen acadar ningún dos obxectivos, xa que segue sendo máis do mesmo ou máis precario se cabe para @s traballador@s, como ben se deduce do feito de que “todas as patronais” do sector o asinarán e de que pola parte social só o faga CCOO. Este sindicato recoñece o grande erro na sinatura do anterior convenio e aínda así volve repetir o mesmo nas formas e nos feitos asinando o que impuxeron ao ditado as patronais, desligándose da Plataforma social conxunta acadada, cun único afán de “ser os protagonistas”, que rompe unha vez máis a unidade sindical para un fin concreto e prexudica ao colectivo en xeral.

Ademais este “preacordo salarial” conleva o prorrogar o IV convenio no resto do articulado, pois aos asinantes do mesmo, sérvelles para asinar o V convenio facer simples modificacións preacordadas que se resumen en:“adaptacións legais”, xa obrigadas por lei; algunha mínima “mellora laboral e social” a modo de esmola, como xa se fixo no IV convenio, que serva para vender a sinatura e xustifique ou compense a involución que suporá recoller o interese da patronal en modificar o “ámbito funcional” e a “figura do ATE” do convenio, pretendendo abrilo máis e evitar o acompañamento, respectivamente. Todas estas modificacións mandaranse por correo electrónico sobre o texto do novo convenio a comezos de setembro, para que o 12 deste mes se concreten e o 19 de setembro se asine o V convenio.

A CIG-Ensino, mantendo a súa coherencia sindical co sempre defendido neste convenio, manifiestou na mesa que este preacordo global é inasumible, inxusto e inxustifiable, ao implicar:

1º- Unha involución no ámbito funcional e na figura do ATE, así como prorrogar o mísero IV convenio 4 anos máis, que xa só foi asinado por un só sindicato dos 3 presentes na  negociación.

 2º- O distanciarse, este preacordo salarial, moito das súas propostas salariais iniciais e das acordadas conxuntamente a parte social ( CCOO,UGT e CIG), sen acadarse os obxectivos marcados de recuperar o IPC perdido, non perdelo no futuro, homologación xa! e cobrar tod@s.

3º- Non pretender avanzar, en melloras laborais e sociais significativas, no resto do articulado pendente, que poidan compensar e dignificar o V convenio, poñéndoo a altura da profesionalidade, formación e responsabilidade do persoal traballador do sector.

Aínda así, a CIG-Ensino o 12 de setembro defenderá e reivindicará na 10ª mesa negociadora as melloras laborais e sociais recollidas na Plataforma conxunta da parte social ( ver máis abaixo), ao mesmo tempo que o fará nas rúas galegas, demandando un Marco Galego de Relacións Laborais para o sector, como única saída real de negociación, dando continuidade á campaña “ Por un convenio Galego”, xa comezada en solitario a finais de 2023 na Galiza.

PROPOSTA SALARIAL FINAL AO DITADO DA PATRONAL, ACORDADA POR UNHA SOA OO.SS, E INASUMÍBEL PARA A CIG-ENSINO:

Vixencia do V convenio: de 2026 ate 2029, 4 anos!, máis tempo e sen apenas avances e mellora.

Proposta subas salariais:

2026

2027

2028

2029

3%

3%

3,5%

4%

No 2026 aplicarase o 3% sobre salario base (SB) de 2025 máis C.E. de protección, indo incrementos ao C.E. e non ao SB, polo que a única táboa salarial e “homologación” acadaríase en decembro de 2029, tendo os centros de protección as seguintes subas, tamén no C.E.:

2026

2027

2028

2029

9,36%

8,88%

5,46%

5,30%

Crearase un novo Complemento do 5% (sobre SB+C.E. de reforma) por traballar en centros de reforma de medidas xudiciais ( pechado e semiaberto).

Estas subas aplicaránse nas táboas de dirección do mesmo xeito homologándose en 2029.

Trienios: pasarán a pagarse a 20€.

Novo Complemento festividade especial: 20% do SB+C.E. ( para as tardes anteriores e noites do Nadal, Ano Novo e Reises).

Quilometraxe: pasará a pagarse a 0,26€.

Dietas: media 14€  -  completa 28€   -  completa con pernocta 80€.

Novo Complemento Garda Localizada: 60€/ semana (recuperación tempo caso de incorporarse).

Novo Complemento Insularidade: 100€/mes de forma xeneralizada.

Todo entraría en vigor cos novos contratos, convenios, concertos sociais,... coas administracións, publicados despois de saír o V convenio no BOE, mentres todo se rexirá polo actual IV convenio; o que vai volver deixar moito persoal sen subas reais anuais.

Outras modificacións no resto do articulado:

- Modificar o “ámbito funcional” e a “figura do ATE” do convenio, pretendendo a patronal abrilo máis no primeiro e evitar o acompañamento no segundo, significando unha involución.

- Adaptacións legais, cunha simple actualización de novas normas e dereitos publicados e adquiridos despois da sinatura do IV convenio, que xa son obrigados por Lei a recollerse ( paternidade, novos permisos e licenzas,lactancia, ... ).

- Melloras laborais e sociais, na liña de dar algunha esmola para xustificar sinatura, como xa se fixo na sinatura do IV convenio:

- avanzar nas excedencias voluntarias con reserva do posto de traballo.

- algunha mellora en licenzas e permisos como pode ser algún día de asuntos propios.

- mínimo avance na xornada anual, recortando o nº total de horas, que xa está inflado con

  respecto ao nº de horas semanais.

PROPOSTA SALARIAL PLATAFORMA PARTE SOCIAL CONSENSUADA POLAS 3 OO.SS:

Os tres sindicatos presentes na mesa negociadora acadamos unha proposta conxunta, renunciando a reivindicacións propias, co fin de dignificar salarios, reparar desigualdades salariais e que o asinado tivera garantías de cumprirse, para todos e todas, nas súas datas.    

Vixencia do convenio:  de 2026 ate 2028, trianual como ven sendo habitual. Só serán máis se as melloras e avances son moitos e significativos.

Subas salariais:

Grupos profesionais

2026

2027

2028

1 e 2

4%

4%

4%

3 e 4

6%

6%

6%

Homologación en 2026 nunha única táboa salarial (SB + C.E. reforma) para todo o persoal e á que se lle aplicarían as subas propostas, incluíndo unha “cláusula de revisión salarial anual á alza”. (As patronais ao comezo aceptaban esta homologación en 2026, na liña do acordo asinado en Madrid, logo levárona aos 4 anos... liña defendida por CCOO dende o comezo)

Crearase un novo Complemento do 10% (sobre SB+C.E. de reforma) por traballar en centros de reforma de medidas xudiciais ( pechado e semiaberto), en compensación polo IPC perdido durante o IV convenio.

Complemento de Compensación, consistente nunha paga única compensatoria para licitacións que comecen a aplicarse a partir de 2027, sendo de 200 euros en 2027, de 300 euros en 2028 y de 500 euros en 2029. ( Proposta da CIG, que recollía na orixe o 100% de compensación, ou non supeditar nada aos novos pregos).

Estas subas aplicaranse nas táboas de dirección do mesmo xeito.

Trienios: pasarán a pagarse a 35€.

Nocturnidade: pasará a pagarse ao 25%. Igual Complemento festivos (+sábados e domingos, 24 e 31 decembro e 5 xaneiro)

Novo Complemento festividade especial: 100€ / xornada, a maiores ( para as tardes anteriores e noites do Nadal, Ano Novo e Reis). 

Turnicidade: pasará a pagarse 100€/mes.

Horas extras: compensación económica ou descanso a 1,5 a hora ordinaria e a 2 a hora de día festivo e domingos.

Quilometraxe:  a 0,26€.      

Dietas: media 25€  -  completa 60€   -  completa con pernocta 150€.

Complemento IT ( enfermidade común ou accidente non laboral): 100% salario 1º mes de baixa.

Novo Complemento Garda Localizada: 100€/ semana e se hai incorporación 40€/ día. 

Novo Complemento Insularidade: distintas propostas dependendo das illas.

Outras modificacións no resto do articulado:

- Xornada: semanal a 37,5h e a anual a 1650 máximo. Diferenciar horas de atención directa, de horas de atención non directa, que serán mínimo 5h./semana para preparación de material, documentos, informes, reunións, avaliacións,... Para xornadas de máis de 6h. haberá un descanso de 1/2 hora que computará como tempo de traballo efectivo. Descanso semanal de 48h. e mínimo un fin de semana ao mes. A xornada estival do 15 de xuño ao 15 setembro.

- Vacacións: 25 días laborais e dos 10 obrigados no período estival que coincidan coas escolares.

- Clasificación Profesional: eliminar a subdivisión no grupo 1, homologando retribucións do 1B co 1A. Pasar cociñeiro/a e administrativo/a ao Grupo 2

- Licenzas e permisos: 5 días laborais de asuntos propios ao longo do ano natural. Aumentándose un día máis por cada quinquenio que o traballador/a, teña consolidado. O tempo necesario para atención médica e probas diagnósticas, do traballador/a, parella e fill@s, cando a situación exixa acudir no horario de traballo, e debéndose xustificar.Dous días laborais por traslado do domicilio habitual.  Nos 15 días de matrimonio equiparar a “parellas de feito” e poder flexibilizar o seu goce xustificado. Nos 5 días laborais de accidente, hospitalización,... permitir flexibilidade no permiso e caso de máis de 100km de desprazamento 7 días laborais. Aplicar, só, os mesmos días por falecemento. As licenzas non retribuídas máximo 3 meses cada ano e a solicitude 15 días anteriores.

- Melloras sociais: a lactancia levala a 28 días naturais. As excedencias melloralas mantendo a reserva do posto de traballo durante todo o período permitido. Aumentar capital seguros accidentes e de responsabilidade civil. Dereito a manutención de todo o persoal traballador. Regular melloras na flexibilización da xornada e na conciliación da vida laboral e familiar.

- Períodos de proba: reducir os grupos 1, 2, 3 e 4 a 3 meses, 2 meses, 1 mes e 15 días, respectivamente.

- Xubilación parcial con contrato relevo: ir ao máximo permitido pola Lei do 75% e poder acumular xornada a solicitude do traballador/a.

- Modalidades de contratación: mellora das mesmas en xeral, reducindo ao 10% temporalidade e nos fixos discontinuos (FD) recoller prioridade para acceso a vacantes.

- Nos artigos descolgue salarial e na comisión paritaria, cambiar “asinantes” por “negociadores” e de non aceptalo ( patronais e CCOO opóñense), que as resolucións sexan comunicadas ás partes.

- Mobilidade funcional, máximo 30 días. Mobilidade xeográfica, recuperar art.23 do III convenio.

- Novo artigo de Igualdade e non discriminación.Regular mellor o de Seguridade e saúde laboral

- Novo artigo que regule “asistencia xurídica”, “desconexión dixital” e o “teletraballo”.

- Empregar unha linguaxe inclusiva en todo o texto e adaptalo á normativa actual vixente.

Desde a CIG-Ensino, cualificase de engano este novo convenio a asinar o 19 de setembro, mantendo a súa coherencia sindical co que defenderon sempre no sector e avalados polos traballadores/as galegos/as que representan, pois non acada os obxectivos marcados. É lamentable que a OO.SS maioritaria, de bolígrafo rápido e interesado, se pregase ás patronais unha vez máis, pois de manterse a unidade sindical e de presión social poderíase ter avanzado moito máis, tal e como reivindica o sector na Galiza e como se está a ver na actualidade en máis CC.AA do estado.

De novo, as diferenzas de modelo sindical se evidenciaron e o pactismo, entreguismo, do sindicato estatal maioritario, así como o ámbito de negociación estatal- viciado e afastado dos traballadores/as- fará que se asine un novo convenio á medida das patronais do sector, amarrando a moi longo prazo unhas condicións laborais e salariais que non están á altura da profesionalidade e dos merecementos dos traballadores/as.

A CIG-Ensino seguirá a demandar un Ámbito Galego de Relacións Laborais, no camiño de acadar o “I Convenio Galego” no sector. Para iso, é preciso aumentar a maioría sindical que ten a CIG actualmente no sector, ante a negativa manifestada polos sindicatos estatais a negociar na Galiza, e que cada centro de traballo se organice facendo as eleccións sindicais en torno ao modelo sindical da CIG-Ensino: reivindicativo, combativo e asembleario, renunciando ao pactista, entreguista e centralista que impoñen os sindicatos estatais, dende as súas cúpulas, en conivencia coa patronal (inmobilista e involucionista), convenio tras convenio. A solución está nas vosas mans e máis agora que os convenios autonómicos teñen prevalencia sobre os estatais, tal e como recolle unha nova norma do Estatuto dos Traballadores. Hai convenios galegos que nos dan a razón e incluso en Asociacións/ Fundacións do sector.

 

CIG Informa Negociacións V Convenio colectivo estatal de reforma xuvenil e pr0tección de menores

Documento


Volver