Negociación ROC das Escolas Oficiais de Idiomas (1ª parte)

Mesa sectorial 11-03-2010

A CIG-Ensino fixo unha primeira intervención emprazando á Consellaría a que realice unha verdadeira negociación do ROC e a que a mesa non sexa simplemente unha mesa de trámite. A CIG agarda que haxa unha negociación real, que se vaia artigo por artigo e a Administración vaia dando resposta a todas a nosas propostas. Demandamos tempo suficiente para contrastar co profesorado as propostas, especialmente nun tema coma este. A vía de urxencia neste caso non está xustificada. Non queremos negociar a contrarreloxo.
 MESA SECTORIAL 11/03/2010

ROCs EEOOIIs e Conservatorios de música e danza

A Orde do día prevista era:

Proxectos de decretos polos que se establecen os regulamentos orgánicos dos conservatorios de música e de danza e das escolas oficiais de idiomas.

Mais na sesión de hoxe só deu tempo a tratar 12 puntos do ROC das EEOOII, quedando emprazados a unha nova mesa o vindeiro martes 16, e se non se rematar, continuaría o xoves 18. O ROC dos Conservatorios comezará tratarse unha vez rematado o das EEOOII, o día 16 ou 18.

A CIG-Ensino fixo unha primeira intervención emprazando á Consellaría a que realice unha verdadeira negociación do ROC e a que a mesa non sexa simplemente unha mesa de trámite. A CIG agarda que haxa unha negociación real, que se vaia artigo por artigo e a Administración vaia dando resposta a todas a nosas propostas. Demandamos tempo suficiente para contrastar co profesorado as propostas, especialmente nun tema coma este. A vía de urxencia neste caso non está xustificada. Non queremos negociar a contrarreloxo.

Botamos en falta non coñecer simultaneamente o contido da orde, porque é evidente que a nosa posición sobre determinados apartados do decreto ten que ver tamén co desenvolvemento da orde, e esta proposta déixanos con interrogantes sobre a maioría das cousas. Por outro lado non se poden esquecer as mobilizacións que se produciron desde setembro por mor dunha circular imposta que substituíu unha circular negociada, e aspectos que se estiveron reclamando durante estes meses non veñen aquí recollidos. Ademais, cumpriría ademais un cronograma da negociación.

Antes de ir artigo por artigo, queremos presentar unha serie de temas de suma importancia en relación coas EEOOII, e diferentes cuestións que teñen que estar recollidas no propio Decreto ou na Orde que o desenvolva. 

A Consellaría de Educación, unha vez máis, na súa fobia contra o galego, incumpre o actual decreto 124/2007, de uso e promoción do galego no ensino, substituíndo os equipos de normalización e dinamización lingüística por equipos de dinamización e eliminando as súas funcións. A CIG-Ensino esixe o restabelecemento dos equipos de normalización e dinamización lingüística con todas as súas funcións e competencias, tal e como está recollido no artigo 18º. –Equipos de normalización e dinamización lingüística, do decreto 124/2007, pois este borrador de decreto non recolle nin as competencias dos ENL, nin a súa composición, unha das cuestións fundamentais que debe figurar nun documento destas características. Ademais, o borrador presentado non establece que o PEC teña que recoller medidas de potenciación do noso idioma nin que isto sexa competencia da CCP.

 

  • É necesario negociar conxuntamente o Decreto polo que se aproba o regulamento orgánico das EEOOII e a Orde que o ten que desenvolver, para coñecer o alcance real das diferentes propostas xa que poden ter consecuencias moi diferentes dependendo da súa concretización.

  • Tanto o Decreto como a Orde que dite as instrucións do seu desenvolvemento debe recoller aqueles aspectos positivos que estabelecía a circular 10/2004.

  • Redución do número máximo de alumnos/as: 25, no nivel básico e medio, e 20, no nivel avanzado.

  • As probas de nivel intermedio e avanzado deberán ser elaboradas pola Consellaría. Constituiranse grupos con liberación horaria total durante un trimestre para elaborar a proba de certificación do nivel intermedio e avanzado, establecéndose tamén formación específica para este profesorado. Por outro lado haberá que unificar as probas de certificación do nivel básico.

  • Definir con claridade as tipoloxías de ensino: presencial, semipresencial e a distancia.

  • Estabelecer unha nova clasificación dos centros, atendendo ao seguinte número de alumnado.

  • Ofertar unha formación do profesorado das EEOOII atendendo a súa especificidade e tendo en conta os seus horarios.

  • Fixar un calendario escolar que atenda a particularidade das escolas. O curso non se iniciará antes do 25 de setembro.

  • Ampliar ou crear novas escolas de idiomas nas cidade onde sexan necesarias e creación, como mínimo, de escolas de idiomas nos concellos de máis de 25.000 habitantes. Limitar o número de seccións adscritas a cada escola e limitar o número de alumnos a cada sección. Transformar todas as seccións das Escolas estábeis e que teñan viabilidade en EEOOII. Todas as seccións terán un xefe de estudos.

  • O/a profesora/a que desempeñe temporalmente as funcións dun profesor/ora que exercía algún cargo ou responsabilidade e que ten atribuído complemento específico, percibirá tamén as retribucións inherentes ao cargo ou responsabilidade e recoñeceráselle para todos os efectos administrativos.

  • Todas as coordinacións terán as mesmas retribucións e os efectos administrativos que as xefaturas de departamento e sesións e serán elixidos polo claustro.

  • A impartición de cursos monográficos de actualización e perfeccionamento e competencia de idiomas para os profesores e outros colectivos debe estar regulada. En todo caso, deben estar fixados desde o inicio do curso para que non comporten cambios e modificacións nin incidencias no horario das escolas e do profesorado. Nos curso dos CFRs o alumnado debe contar como alumnado da escola.

  • As escolas de idiomas deben poder impartir os niveis C1 e C2 naquelas linguas que o soliciten.

  • Demandamos o dereito a que o profesorado de idiomas poida cursar estudos doutros idiomas no seu mesmo centro.

  • Débese regular a presenza de alumnado menor nas Escolas.

 

Decreto polo que se aproba o Regulamento Orgánico das EEOOII
Ao respecto do Articulado (na mesa tratouse até o artigo 12º do borrador):
 
Artigo
Borrador da Consellaría
Proposta da CIG
2.1
 “Nestas escolas fomentarase especialmente o estudo das linguas oficiais dos Estados membros da Unión Europea, das linguas cooficiais existentes en España e do español como lingua estranxeira. Así mesmo, facilitarase o estudo doutras linguas que por razóns culturais, sociais ou económicas presenten un interese especial”.
Liña 3. Engadir: “do galego”, entre “...España e... do español como lingua estranxeira”. Ficaría así: “... España e do galego e do español como linguas estranxeiras”.
Liña 5. Engadir ao final do parágrafo: “Fomento especial terá o estudo do portugués”.
 
2.2.
“Igualmente, e segundo o establecido no artigo 60.4 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, poderanse impartir nestas escolas cursos para a actualización e o perfeccionamento de competencias en idiomas, e para a formación do profesorado e outros colectivos profesionais, de acordo co que a tales efectos determine a Consellería competente en materia de educación”.
debe terse en conta o alumnado que asiste a esta formación á hora de aplicar reducións horarias ao profesorado da escola, etc.
2.3
 
Pedimos que se especifique que se entende por formación semipresencial
2.4.
A autorización e modificación das ensinanzas e da oferta formativa que se impartan nas escolas oficiais de idiomas correspóndelle á Consellería competente en materia de educación
engadir ao final do parágrafo “sempre que estes cursos sexan adecuados ao réxime da EEOOII, que son ensinanzas especiais, e que as posíbeis modificacións sexan feitas con anterioridade ao inicio das actividades lectivas”. Non pode suceder o que pasou este ano, con modificacións posteriores ao inicio do curso.
3
Creación, denominación e supresión das EEOOII
Para a CIG é necesaria unha ordenación nova para a creación de escolas, pensamos que nos concellos de máis de 25000 habitantes debérase facilitar a creación dunha EOI. No seguinte artigo faremos propostas para as seccións. No caso das Escolas que superan os 7000 alumnos, por exemplo, deberíase crear unha segunda escola.
4.1.
As seccións das escolas oficiais de idiomas son extensións destas localizadas en instalacións fóra das propias escolas, na mesma ou en distinta localidade. Nestas seccións poderanse impartir todas as ensinanzas das escolas oficiais de idiomas.
 
Engadir “provisionais”, entre “extensións” e “destas”.
Engadirque teña como obxecto crear unha futura Escola de Idiomas.” Entre “localidade...” e “Nestas seccións...”
4.2.
A Consellería competente en materia de educación poderá crear e suprimir seccións de escolas oficiais de idiomas nas localidades nas que sexa conveniente por necesidades de planificación educativa
Liña 2. Engadir “provisionalmente” entre “suprimir” e “seccións”.
Liña 3. Engadir ao final: “Unha vez que a viabilidade quede constatada crearase unha nova EOI nesa localidade”
Reclamamos que polo menos se recolla o compromiso futuro a crear as escolas.
5.2.
Establecerase unha vicedirección naquelas escolas que conten cun número mínimo de setecentos cincuenta estudantes matriculados na modalidade presencial”.
Substituír “de setecentos cincuenta estudantes” por “cincocentos estudantes”.
Ademais, todas as seccións deben ter unha xefatura de estudos
5.3.
 “As seccións terán unha xefatura de estudos, adxunta á xefatura de estudos da escola que corresponda, cando impartan dous ou máis idiomas ou cando, impartindo un só idioma, dispoñan dun mínimo de catro docentes”. 
-Suprimir desde “corresponda” até o final.
-Engadir ao final “con 10 profesores crearase unha escola de oficial de idiomas”
-Engadir un apartado 4: Nos centros de 100 ou máis grupos ou 40 na quenda tarde noite, crearase un segundo xefe de estudos”
6
O equipo directivo é o órgano executivo da escola. Está integrado polos órganos unipersoais de goberno que traballarán de forma coordinada para lograr os obxectivos do proxecto educativo e a calidade e excelencia da oferta formativa
Engadir “de goberno” entre “executivo” e “da escola”.
 
7.1.
A selección, nomeamento e cesamento das direccións das escolas oficiais de idiomas axustaranse ao establecido na normativa vixente. En todo caso, para participar no concurso de selección, as candidaturas deberán cumprir o requisito de antigüidade de polo menos cinco anos como funcionario de carreira pertencente ao corpo de catedráticos ou profesores de escolas oficiais de idiomas.
 
Substituír “de antigüidade de polo menos cinco anos” por “de funcionario de carreira con destino definitivo”.
7.4
Cando se produza o cesamento da dirección con anterioridade ao remate do seu mandato, por calquera das causas enumeradas nos apartados anteriores, a xefatura territorial da Consellería competente en Educación nomeará un director ou directora con carácter accidental e ata o 30 de xuño.
 
Engadir ao final “tendo en conta a opinión do claustro”.
7.5.
En caso de ausencia, enfermidade ou suspensión de funcións da dirección desempeñará as súas funcións, con carácter accidental, a vicedirección e, no caso de que non exista tal órgano, a xefatura de estudos.
 
Engadir ao final “que percibirá os complementos específicos correspondentes ao cargo de director cos seus efectos administrativos”.
8.1.b)
As competencias da dirección son:
Representar oficialmente na escola a Consellería competente en materia de educación, sen prexuízo das atribucións das demais autoridades educativas.
 
engadir “facerlle chegar a esta as propostas, aspiracións e necesidades da comunidade escolar.”
8.2.
De dirección e coordinación.
g) Propoñer á Consellería competente en materia de Educación o nomeamento e cesamento dos restantes membros do equipo directivo debendo informar ao claustro e ao consello escolar
Substituír “debendo informar ao claustro e ao consello escolar” por “de acordo co claustro e previa información ao consello escolar”.
8.2.i)
Designar, cando cumpra, profesorado de apoio ao desenvolvemento e administración das probas que se realicen na escola.
Engadir despois de designa “ previo acordo”.
8.2.j)
Redistribuír temporalmente, por causa motivada, as funcións dos diferentes membros do equipo directivo co fin de acadar unha maior eficacia na xestión da escola. 
 
Proposta CIG: Modificar a enumeración. O j en galego non existe. Substituíla por.l). Engadir “e co consenso correspondente” entre “por causa motivada” e “as funcións dos...”. Ficaría así: “por causa motivada e co consenso  correspondente, as funcións dos ...”
8.3.
De información e avaliación.
b) Promover e impulsar a avaliación interna da escola e os plans de innovación educativa, así como colaborar coa Consellería competente en materia de Educación nas avaliacións externas e na avaliación da función pública docente.
Suprimir, ao comezo “Promover e impulsar a avaliación internada escola e os plans de innovación educativa, así como”. Debe comezar por “Colaborar coa Consellaría...”
8.4.
De réxime económico e administrativo
a) Visar as certificacións e os documentos oficiais da escola, realizar as contratacións de obras, servizos e subministros, e facer o seu seguimento, así como autorizar e supervisar os gastos e ordenar os pagamentos de acordo co orzamento asignado e as disposicións vixentes.
Suprimir “realizar as contratacións de obras, servizos”, xa que debe ser competencia da Administración, e non das direccións.
9.1.d)
Por delegación da dirección, promover e organizar os plans de avaliación interna da escola, e colaborar, cando cumpra, na avaliación externa e da función pública docente
repetimos o que xa dixemos no apartado 7.5.
10.e)
Elaborar, co resto do equipo directivo, o horario académico do alumnado e do profesorado, garantindo a aplicación de criterios pedagóxicos e organizativos establecidos polo claustro e que respondan exclusivamente ás necesidades de formación do alumnado.
Substituír na primeira liña, “académico do alumnado” por “dos grupos de alumnado”
 
11.l)
Por delegación da dirección, establecer mecanismos de xestión da correspondencia electrónica da escola, derivando a súa resposta a quen corresponda
estao facendo a vicedirección e debería seguir a facela.
12.
 
Engadir un novo apartado. “Nas seccións, o xefe de estudos será nomeado polo director/a e ratificado polo claustro”.
 
12.1.
A dirección, logo de informar ao claustro e ao consello escolar, proporá aos docentes que han de ocupar os restantes cargos do equipo directivo á xefatura territorial da Consellería competente en materia de educación a fin de que sexan nomeados por esta. O nomeamento e toma de posesión realizaranse con efectos do 1 de xullo seguinte á celebración do proceso de selección, por un período de catro anos.
Engadir “de conformidade co claustro”,despois de “dirección”
12.3
Nas escolas ou seccións de nova creación os órganos unipersoais serán ocupados por docentes designados e nomeados pola xefatura territorial da Consellería competente en materia de Educación.
 
Suprimir “ou seccións “, xa que os órganos unipersoais das seccións dependen da escola e deben ser nomeados pola escola e máis debe haber xefes de estudo.
Engadir ao final deste apartado “de ser o caso entre o profesorado con destino definitivo”.
12.4.
Co fin de permitir o adecuado funcionamento da escola, no suposto de ausencia prolongada dalgún membro do equipo directivo, a dirección poderá designar a un membro do departamento deste para levar a cabo, con carácter temporal, as súas funcións directivas, cando a dita ausencia implique profesorado substituto. En tal caso, a persoa substituta realizará as funcións docentes do membro do departamento designado. Este extremo precisará a autorización expresa da inspección educativa.
Suprimir que teña que ser do mesmo departamento, e non debe precisar autorización expresa da inspección. E como xa dixemos que ten que ter os mesmos dereitos administrativos e retributivos cás persoas que substitúe.
12.6
A Consellería competente en materia de Educación poderá cesar ou suspender de funcións a calquera dos membros do equipo directivo cando exista incumprimento grave das súas funcións.
Engadir, ao final, “aténdose ao disposto no artigo 18 e ao Decreto 29/2007.
12.7.
Cando se produza o cesamento dun membro do equipo directivo a Consellería competente en materia de educación nomeará polo resto do mandato a outro docente por proposta da dirección, quen informará ao claustro e ao consello escolar.
Proposta CIG: Substituír “quen informará ao claustro e ao consello escolar” por “de acordo co claustro e informado o consello escolar”.
 
1)      No referente ao PREÁMBULO:
 
Sobre os obxectivos das EEOOII: para a CIG-Ensino, no borrador fálase moito do marco legal mais no está recollido o primeiro obxectivo que cita a LOE para estas ensinanzas, que é o relativo a capacitar o alumnado para o uso dos diferentes idiomas. Ese obxectivo debe aparecer despois do 1º parágrafo.

A CIG Ensino considera que se debe engadir avanzado entre intermedio e en Galiza.
 
Para a CIG-Ensino, débese suprimir o seguinte parágrafo (páx3): Igualmente, o presente Decreto,    ... coa finalidade de asegurar a calidade destas.”, porque despois volve falar da avaliación interna e externa. Non hai nada negociado nin concretado, e pensamos que esta referencia á avaliación non debe aparecer no ROC, debe ser unha norma externa.
 
Resposta da Admón.: A avaliación figura así na LOE e nas normas anteriores. Gustaríalles que estivese regulamentada. Discutirán aquí o que ten que ver co profesorado. A súa pretensión é que se faga a avaliación, van ter recursos e é unha das pezas claves para que mellore o sistema educativo.
Por outro lado, recollerán que se faga referencia á formación do profesorado no preámbulo. En canto á clasificación das escolas, din que non debe aparecer neste decreto.
 
Desde a CIG-Ensino insistimos en que se modifique o primeiro parágrafo, recollendo o obxectivo fundamental das EOIs. Que non se nos poña de xustificación a LOE, porque parece usarse só cando lle convén á Administración.
 
Finalmente néganse a recollelo, malia que emana da LOE.
 
2)      Ao respecto do Articulado (na mesa de hoxe tratouse ata o artigo 12º do borrador):
 
Artigo 2º: Carácter e ensinanzas das EOIs:
 
No apartado 1º: “Nestas escolas fomentarase especialmente o estudo das linguas oficiais dos Estados membros da Unión Europea, das linguas cooficiais existentes en España e do español como lingua estranxeira. Así mesmo, facilitarase o estudo doutras linguas que por razóns culturais, sociais ou económicas presenten un interese especial”.
 
Proposta CIG:  
Liña 3. Engadir: “do galego”, entre “...España e... do español como lingua estranxeira”. Ficaría así: “... España e do galego e do español como linguas estranxeiras”.
Liña 5. Engadir ao final do parágrafo: “Fomento especial terá o estudo do portugués”.
 
Apartado 2º: “Igualmente, e segundo o establecido no artigo 60.4 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, poderanse impartir nestas escolas cursos para a actualización e o perfeccionamento de competencias en idiomas, e para a formación do profesorado e outros colectivos profesionais, de acordo co que a tales efectos determine a Consellería competente en materia de educación”.
           
Para a CIG-Ensino, debe terse en conta o alumnado que asiste a esta formación á hora de aplicar reducións horarias ao profesorado da escola, etc.
 
No apartado 3, desde a CIG-Ensino preguntamos que se entende por formación semipresencial.
 
Apartado 4º: A autorización e modificación das ensinanzas e da oferta formativa que se impartan nas escolas oficiais de idiomas correspóndelle á Consellería competente en materia de educación.
 
Desde a CIG pedimos engadir ao final do parágrafo “sempre que estes cursos sexan adecuados ao réxime da EEOOII, que son ensinanzas especiais, e que as posíbeis modificacións sexan feitas con anterioridade ao inicio das actividades lectivas”. Non pode suceder o que pasou este ano, con modificacións posteriores ao inicio do curso.
 
Resposta Admón.:
Semipresencial é unha terminoloxía xenérica que se deixa por se se desenvolve no futuro ensino propiamente a distancia.Thasts English é semipresencial. O galego é especial, galego para estranxeiros non está regulado en ningún sitio, realmente a programación actual do galego está pensado para persoas que non saben nada. O que sucede na realidade é que os niveis máis baixos non teñen demanda por galego. Estaban quedando baleiros, por iso se autorizou a modalidade de nivel integrado, porque había moitas persoas que non precisaban facer todo o percorrido. Non é correcto sacar da manga a denominación de “galego para estranxeiros” e ademais coa estrutura que hai xa está recollida esa oferta. O que ten demanda é o Celga: como vían que as escolas non tiñan demanda e os celga si, fixeron un convenio para impartir cursos para os celga nas EOI. Neste momento hai unha problemática para que nas escolas se poida implantar implantar o nivel C.Están tentando solventalo.
Sobre a potenciación do Portugués, o director xeral di non saber se o seu goberno quere promovelo. Se a proposta chegara antes, ao mellor podían vir cunha idea máis clara.
 
Desde a CIG, ao respecto do de portugués, dicimos que teñen tempo para valoralo. Se queren que lle enviemos as propostas, a Admón. terá que enviarnos a documentación moito antes e cambiar o funcionamento. Sobre os niveis C1 e C2 que iamos propor nunha disposición adicional, pensamos que se deben recoller para todos os idiomas.
Sobre a responsabilidade, nós somos organizacións sindicais, e a CIG está comprometida co bo funcionamento do sistema público, todo traballador/a ten os seus dereitos e o que non se pode facer é  cambiarlle o horario tres e catro veces no curso.
 
O Director Xeral di que se o profesorado viu danados os seus dereitos que recorra... Non houbo modificacións(!!!).
 
Desde a CIG-Ensino puxéronse exemplos moi concretos do que aconteceu cos cambios continuos nos horarios do profesorado.
 
Ao respecto da formación do profesorado na propia EOI, o director xeral di que hai unha normativa que o impide,  di que se fixo unha consulta e o ministerio respondeu con ese RD do 1918.
 
Desde a CIG pídese que a Consellaría solicite ao Ministerio que se cambie. Na LOE recóllese algo relacionado con esta posibilidade, e recórdaselle a nosa proposta.
 
En canto á organización do curso, a Admón. di que a inspección terá as instrucións necesarias para a planificación do mesmo.
 
Artigo 3º. Creación, denominación e supresión das escolas oficiais de idiomas
 
Para a CIG é necesaria unha ordenación nova para a creación de escolas, pensamos que nos concellos de máis de 25000 habitantes debérase facilitar a creación dunha EOI. No seguinte artigo faremos propostas para as seccións. Nos casos dun número alto de alumnos/as, deberíase crear unha segunda escola.
 
Artigo. 4º. Seccións das escolas oficiais de idiomas
 
Apdo. 1: As seccións das escolas oficiais de idiomas son extensións destas localizadas en instalacións fóra das propias escolas, na mesma ou en distinta localidade. Nestas seccións poderanse impartir todas as ensinanzas das escolas oficiais de idiomas.
Proposta cig:             Engadir “provisionais”, entre “extensións” e “destas”.
Engadirque teña como obxecto crear unha futura Escola de Idiomas.” Entre “localidade...” e “Nestas seccións...”
 
Apdo. 2: A Consellería competente en materia de educación poderá crear e suprimir seccións de escolas oficiais de idiomas nas localidades nas que sexa conveniente por necesidades de planificación educativa.
 
Propostas CIG:
-          Liña 2. Engadir “provisionalmente” entre “suprimir” e “seccións”.
-          Liña 3. Engadir ao final: “Unha vez que a viabilidade quede constatada crearase unha nova EOI nesa localidade”
-          CIG: que polo menos se recolla o compromiso futuro a crear as escolas.
 
O Director Xeral di que está clara, pero finalmente recollerán que a Consellaría poderá transformar as seccións en EOIs.
 
Artigo. 5º. Órganos unipersoais
 
Apdo. 2: “Establecerase unha vicedirección naquelas escolas que conten cun número mínimo de setecentos cincuenta estudantes matriculados na modalidade presencial”.
 
CIG: Substituír “de setecentos cincuenta estudantes” por “cincocentos estudantes”. Todas as seccións deben ter unha xefatura de estudos.
 
Apdo. 3: “As seccións terán unha xefatura de estudos, adxunta á xefatura de estudos da escola que corresponda, cando impartan dous ou máis idiomas ou cando, impartindo un só idioma, dispoñan dun mínimo de catro docentes”. 
 
PropostaCIG:               - Suprimir desde "corresponda" até o final.
-Engadir ao final “con 10 profesores crearase unha escola de oficial de idiomas”
-Engadir un apartado 4: Nos centros de 100 ou máis grupos ou 40 na quenda tarde noite, crearase un segundo xefe de estudos”
 
 
           
Resposta Admón.: O que si teñen claro é que a vicedirección non debe ser só para substituír a dirección, senón que debe ter funcións propias. Non teñen pretensións de ter xefatura de estudos en todas as escolas.
 
CIG: Neste momento todas as seccións teñen xefatura de estudos. Con estas cifras xa non o terían. Estamos facendo unha norma que rebaixa a realidade actual.
 
Resposta Admón.: Está decidido, non van ter dous xefes de estudos. Téñeno moi analizado e non van facer modificacións.
Finalmente aceptan xefaturas de estudo nas seccións das escolas de idiomas, coa redución horaria dependendo do número de unidades.
 
Artigo. 6º. O equipo directivo
 
O equipo directivo é o órgano executivo da escola. Está integrado polos órganos unipersoais de goberno que traballarán de forma coordinada para lograr os obxectivos do proxecto educativo e a calidade e excelencia da oferta formativa.
 
PropostaCIG: Engadir “de goberno” entre “executivo” e “da escola”.
 
Artigo. 7º. Selección, nomeamento e cesamento
 
Apdo. 1.- A selección, nomeamento e cesamento das direccións das escolas oficiais de idiomas axustaranse ao establecido na normativa vixente. En todo caso, para participar no concurso de selección, as candidaturas deberán cumprir o requisito de antigüidade de polo menos cinco anos como funcionario de carreira pertencente ao corpo de catedráticos ou profesores de escolas oficiais de idiomas.
            PropostaCIG: Substituír “de antigüidade de polo menos cinco anos” por “de funcionario de carreira con destino definitivo”.
 
Apdo. 4.- Cando se produza o cesamento da dirección con anterioridade ao remate do seu mandato, por calquera das causas enumeradas nos apartados anteriores, a xefatura territorial da Consellería competente en Educación nomeará un director ou directora con carácter accidental e ata o 30 de xuño.
      PropostaCIG: Engadir ao final “tendo en conta a opinión do claustro”.
 
Apdo. 5.- En caso de ausencia, enfermidade ou suspensión de funcións da dirección desempeñará as súas funcións, con carácter accidental, a vicedirección e, no caso de que non exista tal órgano, a xefatura de estudos.
 
PropostaCIG: Engadir ao final “que percibirá os complementos específicos correspondentes ao cargo de director cos seus efectos administrativos”.
 
Artigo. 8º. Competencias
 
As competencias da dirección son:
1. b) Representar oficialmente na escola a Consellería competente en materia de educación, sen prexuízo das atribucións das demais autoridades educativas.
      
Proposta CIG: engadir “facerlle chegar a esta as propostas, aspiracións e necesidades da comunidade escolar.”
 
2. De dirección e coordinación.
 
g) Propoñer á Consellería competente en materia de Educación o nomeamento e cesamento dos restantes membros do equipo directivo debendo informar ao claustro e ao consello escolar.
 
Proposta CIG: Substituír “debendo informar ao claustro e ao consello escolar” por “de acordo co claustro e previa información ao consello escolar”.
 
i) Designar, cando cumpra, profesorado de apoio ao desenvolvemento e administración das probas que se realicen na escola.
      
Proposta CIG: Engadir despois de designa “ previo acordo”.
 
j) Redistribuír temporalmente, por causa motivada, as funcións dos diferentes membros do equipo directivo co fin de acadar unha maior eficacia na xestión da escola. 
 
Proposta CIG: Modificar a enumeración. O j en galego non existe. Substituíla por.l). Engadir “e co consenso correspondente” entre “por causa motivada” e “as funcións dos...”. Ficaría así: “por causa motivada e co consenso correspondente, as funcións dos ...”
 
3. De información e avaliación.
b) Promover e impulsar a avaliación interna da escola e os plans de innovación educativa, así como colaborar coa Consellería competente en materia de Educación nas avaliacións externas e na avaliación da función pública docente.
 
Proposta CIG: Suprimir, ao comezo “Promover e impulsar a avaliación internada escola e os plans de innovación educativa, así como”. Debe comezar por “Colaborar coa Consellaría...”
 
4. De réxime económico e administrativo
a) Visar as certificacións e os documentos oficiais da escola, realizar as contratacións de obras, servizos e subministros, e facer o seu seguimento, así como autorizar e supervisar os gastos e ordenar os pagamentos de acordo co orzamento asignado e as disposicións vixentes.
                  
Proposta CIG: Suprimir “realizar as contratacións de obras, servizos”, xa que debe ser competencia da Administración, e non das direccións.
 
Resposta Admón.: din que o que están facendo é cumprir a normativa e reproducir a LOE. Comprende que o tema de recoñecer, a efectos administrativos e económicos, ao persoal que substitúe nos seus postos aos cargos directivos debe vir recollida no decreto. Trasladaranllo á dirección xeral de recursos humanos e seé favorábel.  
Ás direccións pídenselle as funcións que ten que ter, xefatura de recursos humanos do centro. Sobre o 4, están reproducindo a LOE.
 
Réplica CIG: Respóndesenos a todo invocando a LOE, entón recóllase o apartado 1. b). Finalmente acéptano.
 
Artigo 9º. Competencias da vicedirección
 
1.d) Por delegación da dirección, promover e organizar os plans de avaliación interna da escola, e colaborar, cando cumpra, na avaliación externa e da función pública docente
 
Proposta CIG: repetimos o que xa dixemos.
 
Artigo 10º. Competencias da Xefatura de estudos
 
e) Elaborar, co resto do equipo directivo, o horario académico do alumnado e do profesorado, garantindo a aplicación de criterios pedagóxicos e organizativos establecidos polo claustro e que respondan exclusivamente ás necesidades de formación do alumnado.
 
Proposta CIG: Substituír na primeira liña, “académico do alumnado” por “dos grupos de alumnado”
 
Artigo. 11º. Competencias da Secretaría
 
l) Por delegación da dirección, establecer mecanismos de xestión da correspondencia electrónica da escola, derivando a súa resposta a quen corresponda.
 
       Proposta CIG: estao facendo a vicedirección e debería seguir a facela.
 
Artigo. 12º. Nomeamento, substitución e cesamento (equipo directivo)
 
Proposta CIG: Engadir un novo apartado. “Nas seccións, o xefe de estudos será nomeado polo director/a e ratificado polo claustro”.
 
Apdo. 1.- A dirección, logo de informar ao claustro e ao consello escolar, proporá aos docentes que han de ocupar os restantes cargos do equipo directivo á xefatura territorial da Consellería competente en materia de educación a fin de que sexan nomeados por esta. O nomeamento e toma de posesión realizaranse con efectos do 1 de xullo seguinte á celebración do proceso de selección, por un período de catro anos.
 
            Proposta CIG: Engadir “de conformidade co claustro”,despois de “dirección”
 
Apdo. 3.- Nas escolas ou seccións de nova creación os órganos unipersoais serán ocupados por docentes designados e nomeados pola xefatura territorial da Consellería competente en materia de Educación.
 
Proposta CIG:
Suprimir “ou seccións “, xa que os órganos unipersoais das seccións dependen da escola e deben ser nomeados pola escola e máis debe haber xefes de estudo.
Engadir ao final deste apartado “de ser o caso entre o profesorado con destino definitivo”.
 
Apdo. 4.- Co fin de permitir o adecuado funcionamento da escola,no suposto de ausencia prolongada dalgún membro do equipo directivo, a dirección poderá designar a un membro do departamento deste para levar a cabo, con carácter temporal, as súas funcións directivas, cando a dita ausencia implique profesorado substituto. En tal caso, a persoa substituta realizará as funcións docentes do membro do departamento designado. Este extremo precisará a autorización expresa da inspección educativa.
 
            Proposta CIG: Suprimir que teña que ser do mesmo departamento, e non debe precisar autorización expresa da inspección. E como xa dixemos que ten que ter os mesmos dereitos administrativos e retributivos cás persoas que substitúe.
           
Resposta Admón.: Nun primeiro momento xustifican a substitución do cargo directivo por alguén do propio departamento. Daranlle unha volta á redacción.
 
Apdo. 6: A Consellería competente en materia de Educación poderá cesar ou suspender de funcións a calquera dos membros do equipo directivo cando exista incumprimento grave das súas funcións.
 
            Proposta CIG: Engadir, ao final, “aténdose ao disposto no artigo 18 e ao Decreto 29/2007.
 
Apdo. 7: Cando se produza o cesamento dun membro do equipo directivo a Consellería competente en materia de educación nomeará polo resto do mandato a outro docente por proposta da dirección, quen informará ao claustro e ao consello escolar.
 
            Proposta CIG: Substituír “quen informará ao claustro e ao consello escolar” por “de acordo co claustro e informado o consello escolar”.
 
Resposta Admón.: No apartado 5.b) suprimirán o do informe favorable da inspección educativa.

Volver