Negociación do XV Convenio Colectivo de Discapacidade

Información dunha segunda reunión que non dou nada de si

Comézase a reunión ás 11h. como estaba previsto, e desde o banco sindical, FECCOO e FeSP-UGT, manifiestan que realizaron un traballo conxunto previo dos tres bloques: Contratación, Formación e Prevención de Riscos Laborais, tal e como se quedara na 1ª reunión.

Desde a Cig-ensino manifestamos ter unha Plataforma Reivindicativa propia e completa de todo o convenio, que naceu das reivindicacións dos traballadores/as, estruturada por artigos segundo o convenio actual e que abarcan tamén as específicas dos bloques a tratar hoxe: Contratación, formación e prevención de riscos laborais…

Ao pouco de levar revisados varios artigos da Contratación e as patronais non ter os deberes feitos, pois nin se poideran reunir, decidiuse modificar todo o acordado para as negociacións. Dende unha patronal incluso se propuxo que as propostas fosen individuais e non conxuntas, entre elas. Nesta situación esperpéntica, a cal non dábamos crédito dende a Cig-ensino, decidíuse que cada quen expuxera as súas liñas básicas a ter en conta nas negociacións do convenio. Que cada quen fixera chegar os seus textos, para estudalos e preparalos con tempo, anulando a próxima reunión marcada para o 18 de outubro e fixar a seguinte para o 16 de novembro. 

FECCOO e FeSP-UGT realizan unha proposta xeral para este Convenio na seguinte liña:

  • Adaptación á lexislación vixente.
  • En relación ao CDP, eliminación da problemática que crea.
  • Recuperación do poder adquisitivo perdido no Convenio Vixente.
  • Estudio de propostas e melloras en materia de conciliación familiar.
  • C.E.E. proposta de regulación e actualización das condicións laborais.
  • Nos Centros Educativos regular a contratación, concretamente os contratos fixos descontinuos.
  • Regulación da xornada a nivel diaria, semanal e anual.

Pola CIG-Ensino trasladamos as nosas queixas pola pouca seriedade nas negociacións, cun pequeño enfrontamento coas patronais, non só polos feitos, senón por querer silenciarnos nas negociacións…resulta que nós xa expuxéramos as nosas liñas reivindicativas na 1ª reunión, ao que contestamos que as mesmas non foron recollidas en acta, pois decidírase recoller só acordos. Cousa a que nos opuxemos, e agradecemos que se rectificase nese aspecto. Así as  propostas para este Convenio da CIG-Ensino son:

  • Nova denominación do convenio: emplearase esta nomenclatura de “personas con diversidade funcional” en lugar de “personas con discapacidade” en toda referencia ás mesmas que aparezan no texto do convenio.
  • Modificación da estrutura do convenio: 

Centros educativos: Aplicar o convenio de centros mantidos total ou parcialmente con fondos públicos (para centros con unidades concertadas). 

Centros especiais de emprego: Aplicar/negociar un convenio propio (En Galiza xa existe).

Centros asistenciais : este sería a referencia.

  • Recuperación salarial: de toda a pérdida de poder adquisitivo acumulada( 5,2%).
  • Recuperación do complemento de antigüidade ( trienios).

-Redución da xornada laboral, a 35h./semana e axustar a anual á semanal.

  • Eliminación dos descontos por IT, os 3 primeiros meses de baixa recibir o 100%.
  • Recoñecemento de enfermidades profesionais.
  • Novos complementos de penosidade, perigrosidade e toxicidade : 80€ cada un.
  • Recuperación dos 6 días de asuntos propios.
  • Permiso retribuído para asistir a consultas médicas : propias ou de familiares.
  • Melloras notables nas excedencias: tempo de duración e reserva do posto.
  • Aplicar as mellores condicións aos traballadores/as que fan distintos centros ou servizos
  • Recuperación do plus de gratificación : o 7% do salario cada 12 anos na empresa.
  • Redución da xornada laboral para maiores de 55 anos, con adaptacións e mantendo salario. 

ANCEE:

  • Adaptación lexislativa
  • Mellora de permisos sen contraprestación económica.
  • Revisar CDP.
  • Enseñanza Concertada retribucións básicas.
  • Apostan pola moderación salarial.
  • Problemas coa retroactividade económica.

CECE

  • Propostas de modificacións en materia de Grupos Profesionais
  • En centros educativos tratar a Incapacidade Temporal.

EyG

  • Axuste á legalidade.
  • Estudio do CDP.
  • Acordos salariais do pago delegado da concertada trasladalo á mesa.
  • Traballar o tema de xornada.
  • Estudiar a I.T. nos termos que se atopa actualmente no Convenio.

CONACEE

  • Planteamento en canto  á I.T.
  • Revisión do CDP.
  • Adecuación lexislativa.
  • Estudio dos C.E.E. e a súa casuística concreta.
  • Revisión dalgunhas categorías profesionais concretas.

FEACEM

  • Adaptación normativa.
  • Flexibilidade na xornada laboral.
  • Problemática e mellora do sistema do CDP.
  • Caso da I.T. en caso de Persoas con Discapacidade debido á súa discapacidade.
  • En materia salarial no caso dos C.E.E.

AEDIS

  • Adaptación e simplificación do texto do Convenio
  • Traslado das resolucións da Comisión Paritaria
  • Mantemento do CDP con adaptacións e melloras.
  • Estudio e axuste dos grupos profesionais.
  • En materia salarial estudio da situación actual
  • Axilidade na negociación do Convenio.

Decídese desconvocar a reunión do 18 de outubro para traballar os diversos aspectos do Convenio e emplazarnos ao 16 de novembro ás 11:00 horas, facendo chegar cada quen as súas propostas por escrito. AEDIS remarca a súa liña de ir en solitario…

Sen máis asuntos que tratar dase por rematada a reunión, que cualificamos “de novo” negativamente por non negociar absolutamente nada, só intercambio de propostas básicas a negociar nas próximas mesas, quedando emprazados para dentro de 2 meses e tendo que presentar cada unha das partes os textos ou plataformas a reivindicar. Vai un mes de espera pola acta, para adxuntala e aínda non chegou, así como non chegaron os textos…

CIG-Informa. Negociación do XV Convenio Colectivo de Discapacidade

Información dunha segunda reunión que non dou nada de si

Documento


Volver