Negociación do Convenio Colectivo estatal de Infantil

Información das mesas 10ª E 11ª

A patronal segue instalada no inmobilismo e no involucionismo do XII convenio de Educación Infantil e as demais organizacións sindicais non están dispostas a presionar con mobilizacións para que cambien o rumbo.

A patronal fai unha nova proposta que está moi afastada da parte social, e as demais OO.SS por maioría deciden contestar cunha contraproposta nos mesmos puntos que a patronal, mais tamén se tocan os permisos, obviando o resto do articulado, ao que só se lle farían adaptacións legais. Nós propuxemos que debíamos manternos nas reivindicacións que tiñamos, cuns mínimos movementos, ao igual que fan eles e senón mobilizar o sector, pero foron descartadas estas propostas polas demais OO.SS.

Deste xeito A BANCADA PATRONALfai a seguinte proposta en bloque partindo de deixar pechada a Clasificación Profesional:

  • Ámbito salarial: Para os anos 2016, 2017 e 2018mantemento dos salarios, é dicir, conxelación. Logo presentan a seguinte proposta salarial chamada “subidas heteroxéneas por categorías profesionais” :

 

GRUPO1-MESTRES-TITULADOS

EDUCADORES/AS

RESTO PERSOAL

ANO 2019

Suba do 0,5%

Suba do 3%

S.M.I.

ANO 2020

Suba do 0,5%

Suba do 2%

S.M.I.

ANO 2021

A negociar ese ano

A negociar nese ano

A negociar nese ano

O SMI dos 900€ segundo se recolle no R.D. Lei do goberno.

  • Eliminación da xornada semanal, manténdose só a referencia da xornada anual como está.
  • Con respecto á Incapacidade Temporal, aplicaríanse os criterios marcados polo Réxime Xeral da Seguridade Social, dende o comezo até o día 7º, e a partir do día 8º da baixa a empresa complementaría o 100% do salario até o día 104º de baixa.
  • A subrogaciónna empresa extenderíase a todos os tipos de centros.
  • Establecer unha nova Clausula de Inaplicación salarialque facilite o descolgue ás empresas con problemas económicos. 

POLA BANCADA SOCIAL, logo das críticas polos 6 meses de suspensión das negociacións, déuselle traslado das propostas prioritarias para chegar a un acordo:

  • Xornada: Inaceptable, hai que manter xornadas semanais. Deixando todo tal cal está. Nós aquí demandamos que unha parte da xornada tiña que ser non lectiva para facer as programacións(nas definicións das funcións non se eximían ás educadoras de facelas), ou que como mínimo se adapten as xornadas semanais ás anuais pois estas están infladas.
  • Salarios: Aceptaríanse as conxelacións de 2016 e 2017 e as subidas heteroxéneas por categorías, pero a proposta salarial tería que ir nos seguintes termos:

 

GRUPO1-MESTRES-TITULADOS

EDUCADORES/AS

RESTO PERSOAL

ANO 2018

              1% dende xaneiro   ou  2% dende setembro

ANO 2019

Suba do 2%

1000€

900€

ANO 2020

Suba do 2%

1000€

1000€

ANO 2021

Suba do 2,5%

Suba do 2,5%

Suba do 2,5%

             Para a CIG-Ensino debería introducirse unha cláusula de revisión salarial que garantira o IPC

Para os traballadores/as de fundacións, obras sociais e  caixas de aforros, ás porcentaxes de subida mencionados anteriormente, un incremento a maiores segundo recursos.

 

Para os traballadores/as de centros de Xestión Indirecta unha suba igual ás demais e a maiorescrearíaselle un Complemento Xeral (C.X.)consistenteno 12% do salario base para o 2019, e outro 12% para o 2020, que se comezarían a cobrar ao licitar os novos pregos das concesións dos servizos públicos ( tal como recolle a nova Lei de contratos públicos “ as cantidades farán referencia ás táboas salariais marcadas no convenio de sector),estando todos obrigados a renovalos en 2021, é dicir, en xaneiro deste ano terían todos os traballadores/as garantida a suba do 24% do salario no novo C.X. Cobrándoo como moi tarde en xaneiro do 2021.

Con respecto ás escolas concertadas, traballarían segundo os módulos de concerto. Nós neste punto discrepamos, pedindo a negociación como no VI convenio da concertada.

  • Subrogaciónacéptase que recolla a todos os traballadores/as, sexan do tipo de centro que sexan. Sería cuestión de estudar a redacción do artigo, cando a presente a patronal.
  • Cláusula de inaplicación salarial a empresas con problemas económicos, aceptaríase pero pendente a estudar redacción do artigo, cando o traia á mesa a patronal.
  • Incapacidade Temporal (I.T.) inaceptable a proposta da patronal e proporíamos que a 1ª baixa por enfermidade común no ano se cobre o 100% do salario. Na 2ª baixa no ano o 100% dende o 4º día ata o 105 día de baixa. Logo xa segundo o Réxime da SS, para todas as que haxa no resto do ano natural. Non entrarían as enfermidades graves (segundo R.D.).
  • Permisos: especificar que serán referidos todos en días laborables. Permiso para acudir a citas de médicos, especialistas, probas médicas, urxencias…, recoñecendo o dereito tamén para o acompañamento ás mesmas de familiares menores e até 2º grado a cargo que non poidan valerse por eles mesmos.Dende Cig-Ensino demandamos unha bolsa de horas anuais para xestións burocráticas ou temas persoais ( bancarias, administrativas, titorías fillos, separacións,…), ou días de asuntos propios.
  • Clasificación Profesional aceptaríase toda a súa proposta, deixando aberta a posibilidade de diferenciar as funcións da mestra e as da educadora, no sentido de non ter que facer as programacións , ou caso de ter que facelas recoñecer horas non lectivas semanais.

Tras un receso para valorar as propostas realizadas, a bancada patronal mostrou a súa desconformidade, ao igual que a bancada social amosamos a nosa antes do receso que pedimos para un “consenso” da nova proposta social. Para a proposta social as demais OO.SS mostraron unha total conformidade con adaptarse aos artigos propostos pola patronal, sendo nós, os únicos críticos con non renunciar a outras reivindicacións do resto do articulado, ademais de discrepar con algunhas propostas acordadas maioritariamente pola bancada social, por acercarse moito ás da patronal e aceptar involucións ou perdas en algún artigo. Dende a CIG-Ensino propomos mobilizacións para cambiar o inmobilismo e involucionismo das patronaise que mantiñan dende o comezo das negociacións. As demais OO.SS, nin tiveron en conta a nosa proposta de presión e mobilizacións,nin en manternos máis reivindicativos, aprobando ao final esta proposta que dá un salto moi grande no acercamento á da patronal e que eles non deron.

Dende a CIG-Ensino acabamos defendendo tamén esta proposta, con matices tal e como expuxemos na mesma, non estando dispostos a ceder máis pois neste momento de crecemento económico débese avanzar nun único sentido de mellorar e dignificar o convenio en dereitos laborais e salariais. Nos momentos de crise os recortes foron contundentes e máis neste convenio que é dos peores no sector da ensinanza.

Próxima mesa de negociación está convocada para o 27 de febreiro en ACADE ás 10:30h.

CIG Informa sobre as mesas 10ª e 11ª de negociación do convenio colectivo estatal de infantil.

Documento


Volver