
Música e letras contra a LOMCE
Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo, Pontevedra, Ferrol e Carballo acolleron diferentes actos que tiveron como protagonista á cultura, con actuacións musicais, teatro, maxia e participación de escritores e escritoras
Os actos do 13 de novembro da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, nos que se exixiu a retirada da lei, terán continuidade o próximo luns 18 de novembro cunha entrega de sinaturas contra a LOMCE de persoas vinculadas ao mundo da cultura, que están a dar o seu apoio ao manifesto “Cultura contra a LOMCE”.
No acto de Santiago participaron Federico Pérez Rey (actor), Berta Dávila (escritora), Suso de Toro (escritor), Quico Cadaval (director e actor) e tamén houbo actuacións musicais a cargo de Sonia Lebedynski (música e profesora), Alonso Caxade (músico e profesor) e a coral de Solfa. Na Coruña protagonizaron o acto César Cambeiro, Combo de Jazz do Conservatorio, Magín Blanco, María Canosa, Martín Camiña, Pedro Brandariz, Tombalobos Orquestra e Xabier Díaz, entre outros. … En Vigo estiveron Ferreñudos do Morrazo Ghaiteiros Subwertsivos, Tino Baz, Marta Quintana, Laura Quintillán e Alumnado e profesorado AntiLOMCE.
En Lugo sumáronse Isidro novo (poeta). Coro AntiLOMCE lugués, Ensemble de clarinetes do CMUS de Lugo, Vaitewert Folk, Ailalelos trío e Tundal. E Ourense estiveron Xose Lois González “O carrabouxo” e Teresa Devesa. Actuarán Terra Morena e o Gaiteiro Anónimo e en Ferrol Antón Cortizas, "Exame tipo Lomce”, Mago Fiz, Grupo de Teatro da Sociedade Cultural Medulio, Miguel Neira (músico), actuación musical a cargo do alumnado do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol, lectura de textos a cargo de alumnado de distintas etapas educativas. En Pontevedra contaron con Carlos do Viso (músico) e a Alba Hermida e en Carballo coa actuación musical do grupo Mala Vida.
Con estes actos, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público deulle continuidade á loita contra a LOMCE despois do éxito da folga do 24 de outubro e das mobilizacións nas que participaron milleiros de persoas. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público está integrada pola AS-PG, CIG-Ensino, Comités, Liga Estudantil Galega, Federación Provincial de ANPA de Lugo (FAPACEL), Federación de ANPA de Compostela, Federación de ANPA da Costa da Morte, a Federación de ANPA de Ferrolterra (FEANPAS), Movemento Dezao en Defensa do Ensino Público, Federación ANPA Ponteareas (FANPO), Sindicato de Estudantes, BNG, Galiza Nova.