Modificacións e novos permisos no sector público
Os cambios no EBEP, que se teñen que trasladar posteriormente á Lei 2/2015 de emprego público de Galiza, xa son efectivos
Divide en dous o actual permiso de falecemento, accidente ou enfermidade de familiar.
O de falecemento queda como xa estaba e no de accidente ou enfermidade incorporan á persoa convivente aínda que non exista relación de consanguinidade ou afinidade e deixa de depender da residencia da persoa.
- accidente ou enfermidade de familiar:
- 1º grao ou convivente: 5 días
- 2º grao: 4 días
- falecemento:
- 1º grao:
- mesma localidade: 3 días hábiles
- diferente localidade: 5 días hábiles
- 2º grao:
- mesma localidade: 2 días hábiles
- diferente localidade: 4 días hábiles
No permiso até agora denominado de matrimonio queda expresamente recollida a parella de feito. Isto non implica ningún cambio ao respecto do que se viña facendo xa.
Crean un novo permiso parental para o coidado de fillo, filla ou persoa menor acollida (neste caso por un tempo superior a un ano) de 8 semanas. O permiso aparece recollido nun artigo relacionado cos permisos de conciliación e na Lei de familias que non viu a luz aparecía como retribuído. Na comunicación feita polo propio Goberno indicábase que non é retribuído. Para selo tería que haber unha modificación da LXSS para que se recoñeza expresamente que o permiso queda cuberto pola SS. Estas son as condicións:
- poden ser continuas ou descontinuas.
- a tempo total ou parcial
- dereito intransferíbel e do que poden gozar ambas persoas proxenitoras.
- duración mínima en caso de ser fraccionado: unha semana.
Este último permiso entra en vigor sen desenvolvemento regulamentario. Así que é posíbel que con posterioridade se estableza un período transitorio de forma gradual até alcanzar a remuneración efectiva e mentres tanto vai ser tratado como un permiso non remunerado.
Desde a CIG-Ensino xa reclamamos da administración que este permiso sexa retribuído, tal e como marca a Directiva 2019/1158 de 20 de xuño que é a transposición da que nace este permiso e que é de aplicación obrigatoria desde o 2 de agosto de 2024.