• mani_17maio (1).jpg
  • mani_17maio (2).jpg
  • mani_17maio (3).jpg
  • mani_17maio (4).jpg
  • mani_17maio (5).jpg
  • mani_17maio (6).jpg
  • mani_17maio (7).jpg
  • mani_17maio (9).jpg
  • mani_17maio (10).jpg
  • mani_17maio (11).jpg
  • mani_17maio (12).jpg
  • mani_17maio (13).jpg
  • mani_17maio (14).jpg

Miles de persoas esixen en todo o País "liberdade, igualdade e xustiza para o galego"

As mobilizacións, celebradas en distintas vilas e cidades galegas, lembraron a afronta que supón o Decreto do plurilingüismo para o noso idioma, do que se cumpren 10 anos da súa aprobación.

No manifesto que se leu ao remate das mobilizacións denunciouse que o 22,7% das persoas de 4 a 15 anos non saben falar galego, que o ensino en infantil no noso idioma se reduce ao 8% nas zonas urbanas e que se prohiba a impartición das materias científicas en galego en Primaria e Secundaria.

Mobilizacións masivas as que tiveron lugar na xornada de hoxe, 17 de maio, ao longo da xeografía galega convocadas pola plataforma Queremos galego, da que que forma parte a CIG-Ensino. Baixo o lema "Máis que nunca, queremos galego" miles de persoas reclamaron que “sen lingua non hai desenvolvemento social e económico, non hai liberdade posíbel, non hai igualdade, non hai xustiza. E sen liberdade, sen igualdade e sen xustiza non hai democracia", como recollía o manifesto lido ao final duns actos reivindicativos nos que tamén se lembrou o décimo aniversario do Decreto do plurilingüismo aprobado polo goberno Feijóo e que por primeira vez na historia recente de Galiza lexislou para relegar o galego a un uso residual dentro do ensino. A aplicación desta normativa tivo como consecuencia que o uso do noso idioma na etapa de infantil se estea reducindo considerábelmente sobre todo nas cidades. Segundo un recente estudo apenas chega ao 8%, o que leva aparellado que case a cuarta parte da poboación entre 4 e 15 non só non empregue a nosa lingua senón que nin sequera teña unha mínima competencia nela.

Con todo, nas marchas tamén se puxo de manifesto que esta situación é reversible, "sobre todo se se comeza por recoñecer o dereito a ser lingua visíbel, audíbel, e practicábel sempre, sen atrancos legais que así o impidan". No manifesto salientouse que "máis que nunca, queremos galego para defender a liberdade, a democracia e a xustiza en Galiza; para que exista a posibilidade de vida normal en galego; para que non se vulneren os nosos dereitos lingüísticos que son dereitos humanos; para que xuízas, fiscais ou avogadas entendan e empreguen o galego", en alusión tamén á recente sentenza do Tribunal Supremo contra a ordenanza de normalización lingüística do Concello de Lugo. 

Volver