Mesas Sectoriais 20,25,26,28 Febreiro: OPE 2008, Licenzas por estudos, Concurso Equipos Orientación Específicos, Prazas CMús Superiores, Orde Licenzas e Permisos, Actividades Idiomas no Estranxeiro,..

Resumo completo Mesas Sectoriais 20,25,26,28 febreiro 2008

A mesa sectorial do 20 de febreiro de 2008 que se prolongou durante os días 25, 26 e 28 de febreiro tratáronse os seguintes puntos: OPE 2008, Licenzas por estudos, Actividades de Idiomas no Estranxeiro, axudas aos MRPs, Estadías en Empresas, Prazas Convenio, Asesores CEFOR, asesores SFR, asesores SIEGA, Concurso Equipos Orientación Específicos, Prazas CMús Superiores, Axudas accidentes tráfico, Listaxes Relixión, Orde Licenzas e Permisos e rogos e preguntas. Consulta a continuación toda a información.
MESAS SECTORIAIS 20, 25,26 e 28 FEBREIRO 2008
 
Na mesa sectorial prevista para o 20de febreiro de 2008 e que se prolongou durante os días 25, 26 e 28 de febreiro de 2008 tratáronse os seguintes puntos (en negriña marcamos cuestións novidosas):
 
 
1º Aprobación, se procede, das actas das sesións celebradas os días 14 e 21 de decembro.
 
Oferta de emprego 2008 (consulta esta e outras informacións en OPOS 2008)
 
3º Licenzas por estudos (ligazón)
 
4º Actividades formativas de inglés, francés, alemán, portugués e música no estranxeiro (ligazón)
 
5º Axudas económicas para actividades organizadas polos movementos de renovación pedagóxica (ligazón)
 
6º Estadías en empresas (ligazón)
 
7º Convocatoria de prazas sometidas a convenios (ligazón)
 
8º Convocatoria de prazas de asesores de formación nos centros de formación e recursos (consulta máis abaixo)
 
9º Convocatoria de asesores do servizo de formación do profesorado (consulta máis abaixo)
 
10º Concurso de traslados Equipos de Orientación Específicos  (consulta máis abaixo)
 
11º Asesores SIEGA  (consulta máis abaixo)
 
12º Convocatoria en comisión de servizos de prazas en conservatorios (ligazón)
 
13º Orde pola que se convocan ayudas económicas para compensar gastos derivados dos accidentes de tráfico de persoal en función docente ou inspectora  (consulta máis abaixo)
 
14º Convocatoria apertura listas profesorado de relixión  (consulta máis abaixo)
 
15º Regulación de licenzas e permisos (ligazón)
 
16º Rogos e preguntas (ligazón)




ASESORES CEFORES, Asesores SFP (servizo formación profesorado), asesores proxecto SIEGA
 
 
En xeral para as tres convocatorias (CEFORE, SFP,SIEGA), a CIG-Ensino demanda:
 
-Comisións: deben estar formadas por especialistas do ámbito. Debe mellorar o funcionamento das mesmas no sentido de que moitas veces non hai tempo para ler os proxectos. Polo menos, desde a CIG-Ensino, queremos dispor de tempo para ler os proxectos cando asistamos ás valoracións das comisións.
-Proxecto: non debe ser eliminatorio. Ademais debe rebaixarse a puntuación. Ano a ano comprobamos a subxectividade da valoración nos proxectos. Por iso, consideramos que debe dárselle unha nota, pero non debe ser eliminatorio.
Debe estar en galego (aceptado).
-Entrevista: suprimila. Resposta: Non. É necesaria.
-Contidos: debera aparecer a Normalización Lingüística.
-Vacantes: están todas?. Resposta: si.
-Baremo:
·         As horas de formación deben agruparse en tramos de 10h (cada 10h 0,05 puntos.).
·         Suprimir o de primar os servizos prestados como Catedrático.
·         Ampliar os anos de servizo a 3 puntos.
 
Máis concretamente na convocatoria de CEFORE e SFP, desde a CIG-Ensino, consideramos que non ten sentido exixir unha antigüidade de 5 anos.
Resposta: Báixano a 3 anos (foi un erro, na convocatoria do ano pasado xa eran 3 anos). Réplica CIG: Que se lle dea preferencia á antigüidade, pero que non sexa un requisito. Resposta: é imprescindíbel a experiencia.
En todo caso, poderíase ampliar o baremo por antigüidade, tendo en conta o tempo traballado como interino/a. Debe ampliarse, tamén, o perfil de Normalización Lingüística para aplicar o Plan de Normalización.
 
Desde a CIG-Ensino, demandamos que os CEFORES deben ser dotados de administrativos/as. Resposta: non responden.
Deben diferenciarse os ámbitos de Infantil e Primaria. Tamén Lingua Galega e Lingua Castelá. Resposta: non se van separar Infantil e Primaria (da outra non comentan nada).
 
Desde a CIG-Ensino, non entendemos a que veñen estas ordes á Mesa Sectorial, posto que non se modifica nada nin se argumenta por que non se fan modificacións. Certas prazas quedan vacantes e logo cóbrense por libre designación. Evitaríanse esas situacións, considerando non eliminatorio o proxecto.
 
Desde a CIG-Ensino, demandamos que os bloques de formación deben ter un apartado de Normalización Lingüística. Resposta: Van implícitos. Incluirán a formación en TICs nos módulos de formación.
 
 
 
 Concurso méritos/traslados Equipos de Orientación Específicos
 
Na Mesa sectorial de hoxe, día 26 de febreiro, discutiuse o borrador da Orde que convoca concurso de méritos para cubrir postos nos Equipos de Orientación Específicos.
 
A CIG-ENSINO reclamou a revisión da estrutura da orientación na Galiza, fixada polo Decreto 120/1998, por considerar, entre outras cousas, que os actuais Equipos de Orientación Específicos son totalmente insuficientes. A CIG-ENSINO valora que debería haber un equipo de orientación específico por cada 20 000 alumnos/as, polo que cómpre aumentar o seu número estabelecendo unha nova rede comarcalizada dos mesmos.
 
A CIG-ENSINO defendeu igualmente a necesidade de estabelecer unha coordinación dos mesmos, que hoxe non existe, polo que demandou a creación dunha unidade técnica ou servizo de orientación na propia Consellaría.
 
A CIG-ENSINO considera, así mesmo, que é preciso dotar os Equipos de Orientación Específicos de máis persoal e crear novas especialidades nos mesmos, como Deficiencia Mental ou Novas Tecnoloxías. Mentres todo isto non se produza, é imprescindíbel, como mínimo, regular o funcionamento dos Equipos de Orientación Específicos en canto á categoría dos mesmos, horario de traballo, permisos, formación específica, desprazamentos, etc…
 
En canto ao contido concreto da convocatoria para cubrir as prazas vacantes nos equipos de orientación específicos, a CIG-ENSINO propuxo:
 
Ø    Modificar a composición da comisión de selección para darlle un perfil máis profesional, incluíndo nela a membros dos EOEs. (Aceptado pola administración)
 
Ø    Convocar un concurso previo para que o profesorado destinado nos equipos de orientación específicos teña a posibilidade de moverse a outra provincia se hai vacante na súa especialidade. É absurdo que se teña que volver presentar un proxecto que xa foi aprobado noutra convocatoria anterior. (Despois dun debate sobre como se podería obviar que as persoas que queiran trasladarse na súa mesma especialidade teñan que presentar o proxecto, a administración comprometeuse a estudar o tema.
 
Ø Engadir un novo apartado no baremo que recolla unha puntuación específica para as persoas que están nos equipos de orientación específicos. (Aceptan incluír un apartado 6.3 con esta finalidade).
 
Ø    Que o proxecto non sexa eliminatorio, que diminúa a puntuación que se lle outorga ao proxecto e que se elimine a entrevista porque, tal e como está o baremo, o proxecto e a entrevista van ser decisorios. (A administración acepta unificar nun só apartado o proxecto e a entrevista dándolles a metade da puntuación que ten no borrador, pasaría de 12 a 6 puntos e recoller que sexa a comisión quen decida, en cada caso, se é preciso facer a entrevista ou non).
 
Ø   Que as actividades de formación se valoren a razón de 0,05 puntos por cada 10 horas, eliminando os tramos que aparecen no baremo. (Aceptan baremar os cursos por cada 10 horas).
 
Ø    Diferenciar no apartado 4.2 do baremo a titulación superior da media.
 
Ø    Incluír no apartado 4.5 do baremo a DEA. (Aceptado).
 
Ø    Que se aclare na redacción do apartado 6.2 cales son as prazas directamente relacionadas coa especialidade. (Aclararán que son prazas de orientación).
 
Ø   Que no apartado 6.1 se puntúen todos os servizos prestados na función pública docente, non só os realizados como funcionario de carreira, como xa se está a facer outros concursos de méritos.
 
 
Ademais, por demanda expresa da CIG-ENSINO, a administración comprometeuse a:
 
Ø   Comprobar se efectivamente hai unha praza vacante de AL na Coruña e sacala de ser o caso.
 
Ø   Analizar un sistema de substitucións para cubrir as baixas que se produzan entre o persoal destinado nos EOEs.
 
Ø   Estudar a creación de prazas da especialidade de Deficiencia Mental.
 
 
 
 Orde axudas accidentes de tráfico
 
Desde a CIG-Ensino demandamos:
  • Que o orzamento sexa aberto para atender todas as demandas.
  • Incrementar a 15 000€ a axuda máxima.
  • Dotar de vehículo de substitución en caso de sinistro.
  • Que se inclúa o profesorado que vaia a formación (admón. e homologada).
  • Que se inclúan os desprazamentos na mesma localidade.
  • Que se inclúan as viaxes por cuestións oficiais que non aparecen na Orde.
 
Non se ten en conta ningunha das propostas e queda a Orde como está, xa que segundo a Admón. xa é bastante garante.
 
   

convocatoria Apertura listaxes de Relixión
Polo tipo de persoal que estamos falando (laboral), esta orde debera pasar polo comité intercentros. Xa se sabe cal é o posicionamento da CIG-Ensino ao respecto da presencia da relixión no sistema educativo: reafirmamos unha vez máis que non debe formar parte do currículo escolar. Ademais non debe ser que a autoridade relixiosa dea a súa autorización (certificado de idoneidade). Polo tanto pedimos que se supriman os apartados f) e g) do borrador (DEI, DECA e “Missio canónica”). Estas dúas cuestións sobrepasan calquera control que se poida facer desde a Mesa sectorial. É un disparate desde calquera perspectiva: tratar de darlle carácter legal a algo que se escapa a calquera tipo de control por parte da Mesa Sectorial. Este sistema non é equitativo. Non deixa de sorprender que non se requira o coñecemento do noso idioma .
Respostas: Pasará polo comité intercentros. Nos apartados f) e g) farán unha redacción para que inclúa a todas as relixións. Non pedirán o CAP para secundaria. Baremo será definitivo para próximas convocatorias. Poderán pedir provincia e aplicaránselles criterios xerais da addenda. Darán dous anos para o do galego. Prazos: 15 días. Formación: máx 10 ptos. Valorarán máster e postgrao. As RPTs estarán elaboradas no 09/10. Os requisitos son para todas as confesións. O RD regula a situación do persoal laboral indefinido anterior. Esta orde é para as novas incorporacións. Na experiencia docente o RD estipula que hai que diferenciar públicos de privados. Tamén nos cursos do punto 3.1 e 3.2.
Replica CIG:  É inxustificado a non exixencia do galego, faise en todas as convocatorias. A Admón. sempre pode minorizar certos requisitos do RD. Non poden puntuarse igual os cursos organizados por “entidades relixiosas” (escápanse a calquera control) que os organizados polas administracións educativas ou homologados.
                         

Volver