
Información da mesa sectorial: CAFI, CFR, persoal asesor e addenda do acordo de persoal interino
Modificación addenda interinas, concurso de asesorías formación, CAFI e CFR
A mesa celebrouse o martes día 5 ás 10:30 horas.
Orde do día:
1.-Concurso de méritos para a dirección dos CFR, asesorías no Servizo de Formación do Profesorado, prazas no Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e nos centros de formación e recursos.
2. Concurso de méritos para prazas de persoal asesor na Consellaría.
3.- Addenda ao acordo de interinos.
- Texto da Addenda remitido pola Consellaría o luns 4 de xuño ás 13:43 horas.
MODIFICACIÓN DO ACORDO DO VINTE DE XUÑO DE MIL NOVECENTOS NOVENTA E CINCO, ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS ANPE, CC.OO, CSIF E FeSP-UGT, SOBRE O ACCESO Á FUNCIÓN PÚBLICA DOCENTE EN CALIDADE DE PROFESOR INTERINO E SUBSTITUTO.
Engádese unha disposición transitoria ao Acordo do vinte de xuño de mil novecentos noventa e cinco coa seguinte redacción:
Disposición transitoria única.
Con carácter excepcional, non será de aplicación a subepígrafe 2 do punto décimo segundo do Acordo do 20 de xuño de 1995, a aquelas persoas interinas e substitutas que consolidaron o posto na lista correspondente e que nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018 fixeron unha instancia na aplicación informática http://edu.xunta.es/oposicións e non a presentaron na sede electrónica da Xunta de Galicia.
4.- Rogos e preguntas.