Información da mesa sectorial
Trataronse os seguintes temas: direccións e asesorías nos CFRs e CAFI, orde atención preferente e prazas de convenios
Prazas CAFI e CFRes
ORDE pola que se convoca concurso público de méritos para cubrir postos de dirección dos centros de formación e recursos e asesorías do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos. Ligazón
CIG Informa da mesa sectorial.
Prazas escolarización de alumnado de atención preferente
Orde do de xuño de 2021 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente. Ligazón.
CIG Informa da mesa sectorial.
Prazas sometidas a convenio.
Resolución do 10 de xuño de 2021 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería. Ligazón
CIG Informa da mesa sectorial.
Varios
Constitución dos tribunais das oposicións
Estannos chegando ao sindicato numerosas queixas pola forma de constituír os tribunais, xa non falamos da forma de publicar os mesmos… esperamos que a Consellaría tome nota de todos este desaguisado e para as próximas oposicións faga mellor este traballo. A Consellaría explica que é un ano moi complicado, que son moitos tribunais, que nalgunhas especialidades falta persoal funcionario de carreira e ten que tomar medidas extraordinarias.
Datas, horas e lugares das oposicións
Este ano é un ano no que dada a situación de pandemia é máis necesario que nunca coñecer as datas, horas e lugares onde vai actuar cada tribunal, cando o vai comunicar a Consellaría?
Hoxe será publicada a distribución por tribunais do persoal opositor, non garanten sedes e horarios, que a máis tardar sería mañá.
Vacinación
Trasladamos á Consellaría que está habendo problemas coa citación para a segunda dose da vacina. Comprométense a trasladar a situación á Consellaría de Sanidade.
Prazas de asesores da consellaría
Dadas as datas e na mesa na que nos atopamos entendemos que este ano non vai a haber comisión para estas prazas, estamos no correcto?
Non está rematada a orde, non saben se as convocarán ou non.
Mesa monográfica curso 2021/2022
Volvemos recordar a solicitude dunha Mesa Sectorial monográfica para analizar as medidas a adoptar no curso 2021/22.
As intencións da Consellaría e que foron pasan por reducir o que consideran “gastos covid” en profesorado que foi necesario durante este curso. A CIG-Ensino considera totalmente impresentábel calquera recorte en docentes e incremento de ratios, tanto desde a perspectiva sanitaria como desde a pedagóxica. O que precisa o sistema educativo galego non son aulas con máis alumnado ou recortes de profesorado, que segue a ser necesario, non só por medidas de distanciamento físico e de prevención da saúde senón tamén polos reforzos imprescindíbeis despois de dous cursos que, dunha ou doutra maneira, nos están a afectar a todos e todas e especialmente a aquel alumnado con máis necesidades de apoio.
Antes de final de mes será convocada a mesa sectorial para negociar o protocolo do curso 2021/2022.
Publicación da orde de atención á diversidade
Volvemos solicitar que quede claro que se a orde se publica non entrará en vigor até o 1 de setembro.
Non vai ser publicada antes do proceso de oposición.