Información da mesa sectorial do calendario escolar

Inclúe tamén cuestións varias presentadas pola CIG Ensino.

Orde do día

1.- Calendario escolar.

Proxecto de Orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020-2021 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. Ligazón

Ligazón á nova sobre o calendario escolar.

Ligazón ao CIG Informa do calendario escolar.

Ligazón ao calendario escolar.

2.- Varios.

Ligazón ao CIG Informa dos varios.

  • PLAN DE CONTINXENCIA E NEGOCIACIÓN DAS CONDICIÓNS DE INCORPORACIÓN AOS CENTROS EN SETEMBRO

    Urximos que se fixe  un calendario de negociación de todo o que ten  a ver co comezo de curso escolar e que no propio mes de xuño se avance xa no debate sobre as propostas da Consellaría, que agora xa non debe manterse na inacción e seguir a esconderse detrás do Ministerio. O D. Xeral non dá datas e limítase a indicar que todo o que garde relación coas condicións laborais e sanitarias pasarán pola Mesa Sectorial.

  • PROBLEMAS NA ESENGRA, CENTRO DO MINISTERIO DE DEFENSA CON CONVENIO COA CONSELLERÍA

    Denunciamos a situación de indefensión na que se encontra o profesorado deste centro, dependente da Consellería de Educación, porque non se lles respectan os seus dereitos no relativo as clases presenciais.

    O persoal docente, segundo  di a cláusula 5ª do convenio de aplicación (xaneiro de 2012), ten o mesmo horario de permanencia no centro e a mesma carga lectiva, así como os períodos vacacionais, que os estabelecidos para o resto de centro de FP do país.

    O profesorado deste centro están sendo requirido para impartir aulas dende o 15 de xuño ate finais do mes de xullo. Por outro lado, ás persoas con dispensa para a actividade lectiva presencial por ter menores de 13 anos ao seu cargo, una vez solicitada, e antes de que veña aceptada pola Xefatura Territorial, se lle manda incorporarse ás aulas. Exiximos que se lle comunique á dirección do centro militar a obriga de cumprir a normativa vixente e que se lle comunique ao profesorado afectado que non están obrigados a incorporarse. O D. Xeral dará traslado á DX de Centros e RR.HH. xa que non é competencia de quen estaba na Mesa. A CIG-Ensino insiste en que se deben tomar cartas no asunto canto antes e evitar o abuso que se pretende. 

  • CENTROS CON 2 POSTOS DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA

    Queremos información sobre a situación actual dos 20 centros que contan cunha segunda persoa no departamento de Orientación desde xaneiro, vinculados a un contrato programa e que previsións ten a Consellaría para o curso que vén. Demandamos que a Consellaría traia á Mesa unha proposta para debater a creación de prazas definitivas con criterios claros (tipoloxía de centros, alumando, liñas, etc..). Non se pronuncian sobre a continuidade desas prazas, xa que din que dependen de fondos europeos. Isto, opina a CIG-Ensino, sería unha clara contradición sobre o que o propio presidente e a conselleira venderon como un avance na orientación educativa. En todo caso, seguimos sen planificación seria da atención á diversidade e da orientación. Nin rede nin plan nin previsións de futuro.

  • INSCRICIÓN NAS OPOSICIÓNS. CHAVE 365

    Unha vez que se acaba de estender a relación de centros aos que se pode acudir para solicitar a Chave 365 demandamos que existan plenas garantías para que ninguén teña problemas para se matricular. Solicitamos datos de como se están tramitando as citas previas e, no caso de que haxa dúbidas, que se amplíe unha semana o prazo de inscrición.

    Afirman que, logo de problemas iniciais, todos os CIFP estarían xa proporcionado a Chave 365. Para a CIG-Ensino a resposta non é suficiente e se os prazos están axustados debe ampliarse o prazo como permite a lei até a metade do prazo ordinario ou, cando menos, unha semana.

  • FALTA DE COMUNICACIÓN ENTRE AS DIRECCIÓNS XERAIS E A REPRESENTACIÓN SINDICAL

    Hai un problema de comunicación entre as dúas direccións xerais (a de Centros e Recursos Humanos e a de Educación) e destas coa representación sindical desta Mesa. Cando unha delas non está presente e se lle demandan respostas concretas a algunha cuestión o normal é que a estas se producisen con rapidez e non agardar a unha nova Mesa. Nesta ocasión pásanos con tres temas: 

    As convocatorias dependentes da Dirección Xeral de Educación

    Aínda non tivemos resposta desde a anterior Mesa. LICENZAS DE FORMACIÓN, PIALE, PERSOAL DO SERVIZO DE FORMACIÓN, CFR, CAFI. Tampouco se nos contestou sobre o que consultamos na última Mesa sobre as licenzas de formación concedidas que ían dar comezo durante o estado de alarma e quedaron suspendidas. Só confirman que haberá convocatoria de LICENZAS DE FORMACIÓN e de REINTEGROS. As convocatorias non sería  agora senón, previsibelmente no inicio do curso escolar mais o reintegro de gastos serían con carácter retroactivo ao verán e as licenzas para o resto do curso escolar. Descartan o resto de convocatorias.

    Alumnado de máis de 21 anos cursando a FPB nos CEE

    Este tema xa o presentamos na 1ª comparecencia da conselleira e na última Mesa e queremos unha aclaración. Até o curso anterior cando o alumnado se matriculaba nos programas equivalentes á FP Básica se permitía que seguise no CEE máis alá dos 21 anos. Agora temos información de que só se lle vai permitir excepcionalmente aos nacidos no ano 1999 cando o normal é regulalo permanentemente. A decisión tomada polo Consello da Xunta é para un curso xa que é unha cuestión excepcional ao estar fixado na LOE. A excepcionalidade non pode ir máis alá. A limitación das prazas impediría que accedese alumnado novo.

    AS 33 HORAS LECTIVAS DO IES DE CELANOVA

    Este tema xa quedou pendente de 2 Mesas e non nos consta que se teña feito nada. O curso 2020/21 non pode comezar con esta situación. Hai que respectar o máximo de 32 horas lectivas. O D. Xeral di que un horario de 33 horas non se pode admitir, que xa no seu día falara coa XT e que falará de novo para asegurarse que o curso próximo teña o horario que corresponde.

 

Volver