Mesa sectorial 8-4-08 (VARIOS): Cátedras, Axudas Equipos Normalización Lingüística, Decreto bacharelato, xornada única, retirada nomes franquistas e fascistas, Orde permisos e licenzas, PCPI

MESA SECTORIAL 8-4-08 VARIOS

Ademáis da orde de convocatoria de Procedementos selectivos de acceso ao corpo de Mestres, de corpos de Secundaria e de acceso do grupo A2 ao A1, na mesa sectorial do día 8-4-08 a CIG plantexou no apartado de rogos e preguntas cuestións relativas a: Cátedras, Axudas Equipos Normalización Lingüística, Decreto bacharelato, xornada única, retirada nomes franquistas e fascistas, Orde permisos e licenzas, PCPI
INFORMACIÓN VARIOS
(MESA SECTORIAL 8-4-08)
 
  • Desde a CIG-Ensino demandamos unha resposta polo tema dos centros que non recibiron as axudas para os Equipos de Normalización lingüística. Demandamos unha resposta, xa que ese foi o compromiso que se deu na anterior mesa sectorial. Resposta: trasladaráselle ao Secretario xeral (non está presente)
  • Desde a CIG-Ensino demandamos o cobro dun complemento de penosidade para o profesorado de centros especiais (CEE, ...). Resposta: non se acepta. Resposta: non teñen intención de facelo. Só o vai cobrar o persoal laboral non docente.
  • Cátedras: desde a CIG-Ensino demandamos información de como vai o proceso. En canto ás exclusións debera aclarárselle ás afectadas e afectados o seu motivo de exclusión (estamos referíndonos máis concretamente aos excluídos por titulación). Resposta: A polémica sobre as exclusións: a consellaría actuou conforme á normativa. Se desde outras CC.AA. se actuou noutro sentido terán que responder aos correspondentes recursos. En canto a como vai o proceso: comentan que están validando a documentación presentada (e a que no era preciso presentar). Están remitindo aos presentados, despois da demanda da CIG,  cartas coa documentación que xa está validada. As puntuacións será feita pola propia aplicación informática. Só aquelas persoas que participan no concurso poderán ver a documentación que ten cada participante e a puntuación que lle outorgan. En canto saian as puntuacións provisionais determinarán os tribunais .
  • Acaba de aprobarse al Lei da Memoria histórica no Parlamento. Desde a CIG-Ensino demandamos a retirada dos nomes franquistas e fascistas que teñen algúns centros de ensino.
  • Demandamos un calendario de temas a negociar na Mesa sectorial.
  • Xornada única. Desde a CIG-Ensino reclamamos que se cumpra o compromiso da Secretaría xeral de traer un novo documento á mesa sectorial.
  • Orde de permisos e licenzas: traela de novo á mesa. Resposta: remitirano previa publicación no DOG, pero non virá de novo á mesa.
  • Demandamos regulamentación sobre os programas de cualificación profesional inicial (PCPI) xa que deben implantarse no próximo curso. Resposta: estase traballando nese tema, pero aínda hai poucas cualificacións profesionais de nivel I incluídas no Catálogo Nacional de Cualificacións .
  • Decreto Bacharelato: desde a CIG demandamos que veña o texto de novo á mesa sectorial. Resposta: non volverá á mesa sectorial.
  • Baremación publicacións no Concurso traslados (Comisión de Ciencias). A CIG demanda que se teñan en conta as fotocopias compulsadas das publicacións e artigos tal e como reclamamos no seu momento dirixíndolle un escrito ao presidente da comisión. Resposta: vaise resolver de oficio, incluso aos que non reclamaron.
 
 
 
 

Volver