Mesa sectorial 28-5-10: Orde Asesores Consellaría. Calendario Escolar 2010-11.. Rogos e preguntas

Mesa sectorial 28-5-10

Esta mesa é a continuación da que se celebrou o mércores 26-5-10. Quedaban perndentes desa mesa: Orde Asesores Consellaría. Calendario Escolar. Rogos e preguntas. A orde de asesores íase tratar o día 26 pero quedou sobre a mesa despois da negativa da CIG-Ensino a que fose tratada sen darnos coñecemento de cales eran as prazas que se estaban a convocar e que perfís tiñan.

MESA SECTORIAL 28-5-2010
(continuación da mesa do 26-5-2010)

Temas pendentes por tratar: 

- Orde asesores na Consellaría
- Calendario Escolar 2010-11
- Rogos e preguntas

Nota de prensa da CIG sobre a mesa de hoxe: "A CIG-Ensino denuncia enchufismo na convocatoria de asesores da consellaría de educación". Ligazón

1.- ORDE DE ASESORES (ao final da páxina podes consultar as prazas ofertadas)

 
Esta orde quedara sobre a mesa o mércores 26 despois da negativa da CIG-Ensino a que fose tratada sen darnos coñecemento de cales eran as prazas que se estaban a convocar e que perfís tiñan.

Durante meses a CIG veu reclamando na Mesa Sectorial que se trouxesen para a súa negociación as convocatorias de asesores dos CEFOREs e dos Servizos centrais, que nalgúns casos están en situación irregular. A Consellaría non se negou en ningún momento, ao contrario manifestaba que virían este curso, mais para a mesa do 26 presentan esta convocatoria que non se refere nin aos CEFOREs nin aos servizos centrais e que, até que non nos negamos a tratala, non nos concretaron que eran 27 prazas. Por certo que a relación de prazas e o seu perfil foi enviado despois das 14:30 do día anterior, e sobre as enviadas aínda engadiron na mesa dúas prazas en política lingüística das que non se nos deron máis datos.

 

A CIG rexeitou a proposta presentada e dixo que para nós é totalmente inasumíbel que se traia isto e que neste momento máis do 26% de prazas dos CEFORES reducidas non se traian, nin as de servizos centrais, nin as que están en situación irregular (o que provocou xa a redución dos seguintes cursos, entre outros: en Santiago 7 cursos e 22 grupos de traballo, en Ferrol 6 proxectos de formación e atención a centros, en Ourense 7 cursos e en Vigo 11, entre outros, mentres centos de profesores/as quedaban sen praza nos cursos que solicitaron). A formación do profesorado non lle importa nada a esta Consellaría, o que importa é desprestixiar o profesorado en declaracións múltiples (o Delegado da Coruña xustifica o favoritismo coa concertada no proxecto Abalar insultando ao profesorado ao dicir que non quere formarse). Estamos totalmente en desacordo de que nesta mesa se traia esta orde e non o conxunto de prazas. Esiximos que se regularice para o curso que vén e que se traian en tempo e forma as ordes, queremos saber se se vai facer ou non, xa o demandamos vairas veces e queremos unha resposta. Neste sentido a CIG deixou claro que se o día 5 de xuño non temos esa convocatoria adoptaremos as medidas legais oportunas

Ademais, contémplase a realización dun proxecto e unha entrevista, e isto non lle chega á Consellaría para seleccionar ás persoas que mellor lle conveñen que ademais fan perfís moi concretos. Seguramente se agora collemos a relación de persoas que poden ser as seleccionadas atinamos. A verdade é que a Consellaría podería nomear a dedo, ou non quere asumir as consecuencias? A CIG está en completo desacordo con esta orde. Ademais, considerando os recortes que está habendo, salariais, de profesorado, de formación, temos que dicir que esta convocatoria de prazas se fai totalmente á lixeira.

 

Respecto desta proposta:

Ø  As vacantes mandáronse onte despois das 14:30 h., estas prazas son suficientemente importantes como para non mandalas con menos de 12 horas de antelación.

Ø  Á vista das prazas entendemos que son prazas feitas a dedo para determinadas persoas, porque hai prazas que deberían ter perfís determinados considerando o seu cometido, mais non é así. Comprobamos ademais que para o mesmo tipo de praza o perfil é totalmente diferente, e iso só pode ser porque se está pensando en persoas concretas.

Ø  Primeiro cantas prazas son as de “Asesoría de desenvolvemento de programas de innovación educativa, Asesoría de atención á diversidade e Asesoría de educación secundaria”? Responden que unha praza en cada caso.

Ø  Cal é o incremento de prazas de asesores de Educación? a Consellaría responde que non hai crecemento ningún.

Ø  Explicitar exactamente en todos os casos cales son as funcións das prazas.

Ø  Programas educativos europeos: non podemos aceptar que se pida experiencia na xestións de programas europeos, porque non se trata dun requisito que se poida cumprir de maneira común.

Ø  En ensinanzas deportivas nin sequera se pide especialidade de EF, o mínimo é pedir a especialidade de EF.

Ø  Responsábel de calidade: pídese ter acadado o certificado de en Sistemas de Xestión de Calidade, cantas persoas reúnen este requisito? Quen llo certifica? Tamén parece feita para unha persoa en concreto a praza de Desenvolvemento do proceso de acreditación de competencias.

Ø  Totalmente en desacordo con esa praza de empredemento co sistema educativo, para o impulso do espírito emprendedor, ademais a última función é “Colaborar no deseño de actividades de formación dirixidas á orientación profesional e á  inserción laboral”, isto está relacionado con orientación, daquela habería que requerir a titulación de psicoloxía ou pedagoxía.

Ø  Se se pide experiencia en coordinación será para todas as prazas, mais vemos que en determinadas prazas non aparece, pensamos que non ten obxecto, porque son moi poucas as persoas que teñen estes requisitos, agás os que xa están

Ø  Experiencia en administración de plataformas: son funcións idénticas ás do apartado 3, agás na execución de proxectos de I+D, porén os requisitos son totalmente diferentes.

Ø  Asesor do centro Ramón Piñeiro: neste caso pídese titulación e non “profesor de”, por que non se fai así noutros casos en que se pide “profesor de” e non titulado. Os criterios teñen que ser coherentes para todo. Primar a publicación de materiais relacionados neste caso  e nos outros non, non ten sentido.

Ø  En museística por que se require ter xestión directiva? Non vai ser director. O mesmo en Asesor técnico para a revista, e tampouco vai ser director da revista. Porén non se pide unha licenciatura de xornalismo, e hai profesorado que a ten.

Ø  Das novas prazas de política lingüística non se nos dá información.

Estamos ante unha proposta de prazas que máis alá do seu número preocúpanos os requisitos que se piden, todo indica que son para persoas concretas e iso se reforza cun proxecto e unha entrevista.

 

Sobre o articulado:

Ø  Comisións: proponse unha comisión totalmente administrativa e política. Ten que ser unha comisión cun perfil máis técnico.

Ø  Debe desaparecer a entrevista

Ø  Proxecto: non debe ser eliminatorio. Consideramos que debe dárselle unha nota pero non debe ser eliminatorio, e debe estar en galego.

Ø  Criterios desempate: deben seguir outra orde, desempatando en primeiro lugar a antigüidade e despois a formación e finalmente o proxecto.

Ø  Baremo:

o   primar máis a antigüidade, até 10 puntos, xa ten moita puntuación o proxecto e a entrevista.

o   Debe incrementarse a puntuación por formación e perfeccionamento.

o   Apartado 5, por servizos en postos da Administración, debe desaparecer, é primar aos que sempre están.

o   Apartado 6, que o proxecto non sexa eliminatorio ou, en todo caso, que a puntuación para pasar á fase de concurso se reduza a 3.

 

Logo está o problema da avaliación, debe ser pública.

A Toma de posesión non aparece, entendemos que será de tres anos prorrogábeis a seis.

 

A Consellaría responde que van manter os proxectos de traballo e as entrevistas, en todo caso redactarán que se hai entrevista se lle fará a todos os participantes. Van recoller algo sobre o tema da avaliación. Pasarán as Dirección Xerais correspondentes o exposto sobre as prazas. Tamén indican que sobre as pazas de CEFOREs non poden dar información. 

 

 

2.- CALENDARIO ESCOLAR 2010-11 

Comezan a súa intervención corrixindo as datas de entroido, que serán o 7 e o 8 de marzo.

A CIG propón en primeiro lugar, unha vez máis, que hai que cambiar o nome da orde e debe dicir: centros públicos, privados e privados concertados.

Para a CIG hai unha cuestión que é central: a recuperación da xornada matinal reducida. Nesta orde mantense ese cambio regresivo. A CIG propón a modificación do art. 10, que debe recoller o seguinte texto:

 

“nos períodos comprendidos entre os días (inicio de curso) de setembro e 1 de outubro de 2010 e entre os días 1 e 22 de xuño de 2011 establecerase a xornada lectiva de catro horas en horario matinal nos centros que impartan educación infantil ou educación primaria, ou infantil e primaria, ou primaria e secundaria obrigatoria, ou infantil, primaria e secundaria obrigatoria, ou educación especial. Garantindo os servizos de comedor e transporte neste período.

 

Cómpre lembrar as importantes mobilizacións e a demanda do profesorado en prol do mantemento desta xornada. Insistimos na importancia do tema, especialmente no contexto actual, onde imos ver recortados os nosos salarios. Sería unha forma compensar minimamente o esforzo do profesorado.

 

O calendario proposto pola Consellaría é de 177 en Primaria e 178 en Secundaria. A CIG propón que non se supere o calendario de 175 días, aínda que pensamos que o curso debería comezar o 13 en Primaria e o 17 en Secundaria. Para as ensinanzas especiais é practicamente imposíbel que comecen as clases antes do 1 de outubro.

Pensando nun calendario de 175 días propoñemos:

·   Inicio de curso: 10 de setembro en Primaria e 17 en Secundaria, rematando o 22 e 23 respectivamente. Ademais en Secundaria cómpre atrasar o inicio de curso pois este ano o período de matrícula remata o venres día 10, o fin de semana non é para traballar, e os centros necesitan tempo para a elaboración dos horarios, etc.

·   mércores de cinza festivo. Aceptan esta proposta.

·   A nosa proposta para o período vacacional de Semana Santa sería partir do xoves santo e rematar a semana seguinte: do 21 de abril ao 2 de maio, é unha calendario que xa existe en zonas de Galiza e no resto do Estado, parécenos a mellor data.

·   Canto ás conmemoracións, debe eliminarse a referencia aos patróns relixiosos.

·   Artigo 10.2. debe eliminarse a referencia ao transporte. O transporte non pode condicionar o horario.

·   Art. 11.1, actividades non lectivas entre o 24 e o 30 de xuño, débese redactar en termos semellantes ao que se recolle en Secundaria.

·   Disposicións adicional primeira “Modificación do calendario escolar e comedores escolares”: iso non pode aparecer así. Pode ter potestade a xefatura territorial, mais o que é certo é non ten que ser por razóns organizativas. A nosa proposta é que os cambios de horario só se poidan realizar por motivos excepcionais e sempre de acordo co consello escolar do centro.

·   Disposición adicional segunda “período de adaptación de EI”: que se prorrogue até o día 30.

 

Escolas Oficiais de Idiomas: non se lles pode dar o mesmo tratamento. Hai múltiples razóns. O mes de setembro non deben ter horario lectivo polo alto número de probas, hai que ter en conta que normalmente non rematan antes do día 20 e teñen que ser avaliadas conxuntamente por dous profesores. Os grupos non se poden configurar até que están rematadas as probas e despois  compróbase que matrículas se poden aceptar, etc., Sería imposíbel comezar o curso antes do 30 de setembro. Se nas EEOOII  non poden comezar o 1 de outubro, cando menos que se explicite que, como no Bacharelato, poderán adaptar o seu calendario por mor da realización das distintas probas. A CIG expón a casuística concreta da problemática do calendario de exames. Responden que o estudarán.

En FP ten que aparecer recollida a flexibilidade, debe quedar claro que cando o alumnado remata no segundo curso do ciclo rematou, non pode ser obrigado a seguir acudindo ao centro. Responden que o analizarán.

 

A Consellaría acaba aceptando que o calendario sexa de 175 días e din que van estudar a mellor solución: atrasar o inicio do curso ou modificar as datas de vacacións da semana santa (21 de abril – 2 de maio).

3.- ROGOS E PREGUNTAS

ØA CIG-Ensino manifestou o seu rexeitamento aos recortes salariais e á conxelación das pensións. O goberno galego ten competencias nestes temas, por iso lle esiximos que recorra este Decreto aprobado onte. Ademais demandamos que na parte que lle corresponde non aplique o recorte previsto a nivel de Estado. Ten algo decidido a Xunta de Galiza? A Consellaría responde que cando teñan información firme seranos trasladada, en principio entenden que a normativa do Estado vincula as básicas e o complemento de destino, a decisión da Consellaría estaría restrinxida ao complemento específico. No 2011 a conxelación vai ser sobre as retribucións reducidas, unha conxelación que se estenderá ás pagas extraordinarias, que serán idénticas á de decembro de 2010.

ØReafirmámonos no noso rexeitamento á publicación do Decreto de Plurilingüismo, un dos aspectos máis rexeitábeis é o relacionado coa obrigatoriedade de impartir en español. A CIG pensa que o profesorado que dea as aulas en galego está a cumprir o marco legal superior ao decreto e convidarémolo a que as sigan dando.

ØQue se convoque urxentemente as prazas de asesores de CEFOREs.

ØROCs: reclamamos que non se traian á mesa agora que está rematando o curso. Non estamos dispostos a negocialos cando o profesorado está coas avaliacións finais. Que se trouxese no seu momento, se non veu até agora, deberá quedar para o curso que vén. A Consellaría responde que xa non virán este curso.

ØReclamamos que se rectifiquen as declaracións ofensivas contra o profesorado, cando se quixo xustificar o favoritismo da Consellaría cos centros concertados na adxudicación do proxecto abalar, culpabilízase ao profesorado da pública con mentiras, cando a realidade mentres se recortan prazas de formación. Non é a primeira vez que sucede e non admitimos ese tipo de actitudes que poñen en tea de xuízo a autoridade do profesorado.

ØAbalar: denunciamos como grave a desproporción entre centros privados e públicos. Non é certo que sexa pola diferencia de dotación dos centros públicos respecto dos privados, e se fose así, a Consellaría debería facer autocrítica e tomar medidas.

ØComedores Escolares: manifestamos unha vez máis o desacordo coas medidas que se están adoptando de privatización, redución de postos de traballo e supresión do servizo.

ØEscolas de Artes: a Consellaría de Educación vai imposibilitar o acceso de bastante alumnado ás escolas de Artes e Superiores de Deseño ao adiantar o período de inscrición nas probas de acceso a estes centros ao 9 de xuño, fronte ao anos anteriores que se facía o 8 de setembro. Isto suporá que o alumnado que remate BAC en setembro ou se presente á selectividade non se poderá matricular, pero tampouco o poderá facer o alumnado que remata BAC en xuño, xa que debe ter feita a inscrición nestas Escolas antes do 9 de xuño, e nesa data aínda non sabe as notas. Demandamos que se manteñan os calendarios das probas no mes de setembro, tal e como se viñan celebrando en anos anteriores.

_-------_------_------_------_------_
 


Proposta de PRAZAS ASESORES CONSELLARÍA presentada pola Consellaría na Mesa Sectorial de 28 de maio de 2010:

 

 

Nº posto

Denominación da praza de asesor

Nº de prazas

Requisitos

destino

Funcións

1

Asesor técnico praza museística pedagóxica

1

Mestre ou profesor de ensino secundario, licenciado en ciencias da educación e coa especialidade de orientación escolar e xestión directiva

Secretaría Xeral

Traballos realizados ao amparo do Decreto332/2009, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

2

Asesor técnico para a edición e difusión da Revista Galega de Ensinanza

1

Mestre ou profesor de ensino secundario

Posuír acreditación de especialización en xestión directiva e de coordinación de accións de difusión

Secretaría Xeral

Traballos realizados ao amparo do Decreto 332/2009, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

3

Asesor técnico en títulos e rexistros

1

-Persoal docente con coñecemento das tecnoloxías informáticas e de comunicación e experiencia na súa aplicación no sistema educativo.

-Coñecementos básicos de estatística para a organización de datos e obtención de resultados e produtos estatísticos.

-experiencia no desenvolvemento de actividades relacionadas coa introdución das novas tecnoloxías en educación.

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

-Coordinación das diferentes actuacións que se realicen en materia de equipamentos educativos con soporte informático, multimedia e/ou de comunicación.

-Mantemento e actualización das bases de datos do rexistro de centros de niveis non universitarios.

-Administrar e manter os equipos e aplicacións informáticas utilizados para a xestión de equipamentos docentes e expedición de títulos académicos.

-Explotación de datos estatísticos referentes aos equipamentos educativos, unidades, programas e centros e expedición de títulos.

4

Asesor técnico docente no centro Ramón Piñeiro

1

Profesor de ensino secundario ou mestre

-licenciado en Filoloxía Galega, Filoloxía Galego-Portuguesa ou Filoloxía Hispánica

-experiencia na coordinación de publicacións e edicións de materiais relacionados coa literatura galega

-experiencia na organización de actividades relacionadas coa promoción da literatura galega e da súa proxección exterior.

Secretaría Xeral de Política Lingüística

-Coordinación da elaboración de materiais para a divulgación da literatura galega no exterior.

-Análise e avaliación da proxección exterior da literatura galega en universidades e centros de estudos de fóra de Galicia.

 

           

Asesores SDX Ordenación.........

Denominación da praza

Requirimentos

Destino

Funcións

Asesoría de desenvolvemento de programas de innovación educativa

Funcionaria/o dos corpos de profesorado de ensino primario ou secundario.

Experiencia no desenvolvemento de programas de innovación educativa.

Coñecemento das ferramentas e tecnoloxías empregadas na internet e as súas posibilidades de utilización no contorno educativo.

D. X. de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Convocatoria e resolución de premios de innovación.

Coordinación de proxectos de investigación na aula.

Selección de plans e materiais para a súa distribución nos centros educativos.

Seguimento dos programas de innovación educativa.

Asesoría de atención á diversidade

Funcionaria/o dos corpos de profesorado de ensino primario ou secundario.

Licenciada/o en psicoloxía e pedagoxía ou en psicopedagoxía.

Experiencia na dirección de departamentos de orientación educativa.

Experiencia na xestión de programas educativos.

D. X. de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Asesoramento e participación no desenvolvemento de programas de atención á diversidade.

Revisión da normativa  de atención á diversidade.

Revisión da normativa de orientación educativa.

Relación con entidades de atención  a aneae.

Coordinación da orientación educativa

Asesoría de educación secundaria

Funcionaria/o dos corpos de profesores de ensino secundario ou catedráticos de ensino secundario que impartan ensinanzas de ESO e/ou bacharelato.

Experiencia na xestión de programas educativos.

D. X. de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Revisión da normativa.

Colaboración coa CIUGA.

Seguimento de programas de apoio a CPIs e IESs.

Coordinación do programa PROA en centros de ed. secundaria

 

Proposta perfiles asesores servizo de ordenación e formación profesional

Denominación

e nº da praza

Nº de

prazas

Requirimentos

Destino

Funcións

1. Desenvolvemento curricular

de formación profesional nas modalidades presencial, se-mipresencial e a distancia.

1

§ Profesor de ensino secundario ou profesor técnico de formación profesional coa atribución docente na familia profesional de electricidade e electrónica ou informática.

§ Experiencia na administración de plataformas de e-learning, publicación dinámica de conti-dos web, servizos de intranet.

§ Amplo coñecemento na tecnoloxía utilizada na elaboración de recursos educativos e experiencia no seu emprego.

§ Experiencia na coordinación de grupos de traballo.

§ Coñecementos avanzados de procesadores de textos, folla de cálculo, bases de datos e de ferramentas informáticas en contorno web

 

DXEFPIE

§ Coordinación das propostas curriculares e do seu desenvolvemento da formación profesional inicial.

§ Coordinación da elaboración e supervisión dos materiais didácticos para a formación profesional nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia.

§ Desenvolvemento e execución de proxectos de I+D+i de formación profesional.

§ Elaboración de estudos, informes e propostas de normativa dos estudos de formación profesional.

§ Coordinación de grupos de traballo de expertos de formación profesional.

 

. Desenvolvemento curricular de ciclos formativos e programas de cualificación profesional inicial.

 

2

§ Profesor de ensino secundario ou profesor técnico de formación profesional con atribución docente en ciclos formativos de formación profesional.

§ Experiencia na elaboración de currículos e de materiais para o desenvolvemento curricular.

§ Experiencia na coordinación de accións de formación do profesorado.

§ Experiencia na coordinación de grupos de traballo.

§ Coñecementos avanzados de procesadores de textos, folla de cálculo, bases de datos e de ferramentas informáticas en contorno web.

 

DXEFPIE

§ Coordinación de propostas curriculares e do seu desenvolvemento da formación profesional inicial e dos programas de cualificación profesional inicial.

§ Coordinación do deseño e elaboración de propostas para a actualización formativa do profesorado de formación profesional.

§ Elaboración de estudos, informes e propostas de normativa dos estudos de formación profesional

§ Deseño de espazos e acondicionamento de aulas e caracterización de equipos didácticos para a impartición de ciclos formativos.

§ Coordinación de grupos de traballo de expertos de formación profesional.

 

3. Ordenación e desenvolvemento curricular na formación profesional.

 

1

§ Profesor de ensino secundario ou profesor técnico de formación profesional con atribución docente en ciclos formativos de formación profesional.

§ Experiencia na coordinación de grupos de traballo.

§ Coñecementos avanzados de procesadores de textos, folla de cálculo, bases de datos e de ferramentas informáticas en contorno web.

 

DXEFPIE

§ Coordinación das propostas curriculares e do seu desenvolvemento da formación profesional inicial.

§ Elaboración de estudos, informes e propostas de normativa dos estudos de formación profesional.

§ Elaboración das propostas de resolución dos recursos presentados.

§ Elaboración de informes de autorización para a impartición das ensinanzas de ciclos formativos en centros privados.

§ Coordinación de grupos de traballo de expertos de formación profesional.

 

 

 

Proposta de perfiles dos asesores do Servizo de Xestión da Formación Profesional

Denominación

e nº da praza

Nº de

prazas

Requirimentos

Destino

Funcións

1. Acceso e admisión a ciclos formativos.

3

§ Profesor de ensino secundario ou profesor técnico de formación profesional (preferiblemente con  atribución docente en ciclos formativos de formación profesional).

§ Coñecementos avanzados de procesadores de textos, folla de cálculo, bases de datos e de ferramentas informáticas en contorno web.

§  Experiencia na coordinación de grupos de traballo.

DXEFPIE

SXesFP

§ Organización e coordinación dos procedementos de xestión centralizada de formación profesional.

§ Elaboración de estudos, informes e propostas sobre probras de acceso, admisión e probas libres de formación profesional.

§ Xestión e desenvolvemento das aplicacións específicas de acceso e admisión.

§ Coordinación de grupos de traballo de expertos de formación profesional.

2. Equipamento específico e oferta  de formación profesional.

2

§ Profesor de ensino secundario ou profesor técnico de formación profesional con atribución docente en ciclos formativos de formación profesional.

§ Experiencia na coordinación de grupos de traballo.

§ Coñecementos avanzados de procesadores de textos, folla de cálculo, bases de datos e de ferramentas informáticas en contorno web.

DXEFPIE

SXesFP

§ Deseño de espazos e acondicionamento de aulas e caracterización de equipos didácticos para a impartición de ciclos formativos.

§ Elaboración de estudos, informes e propostas sobre a oferta e o equipamento específico de formación profesional.

§ Coordinación de grupos de traballo de expertos de formación profesional.

3. Programas de mellora continua e da calidade.

1

§ Experiencia na coordinación de grupos de traballo.

§ Experiencia na implantación e mantemento de sistemas de xestión da calidade.

§ Formación en sistemas de xestión da calidade.

§ Valoraranse os coñecementos avanzados de procesadores de textos, folla de cálculo, bases de datos e de ferramentas informáticas en contorno web.

DXEFPIE

SXesFP

§ Coordinación de grupos de traballo de expertos.

§ Establecemento, coordinación e seguimento de programas de mellora continua e da calidade no sistema educativo e de formación profesional.

§ Participación no desenvolvemento do sistema de xestión da calidade da DXEFPIE.

 

 

Denominación da praza

N de prazas

Requirimentos

Destino

Funcións

 

Desenvolvemento do proceso de acreditación de competencias.

1

Profesor de ensino secundario con atribución docente en ciclos de formación profesional.

 

Experiencia na coordinación de procesos de acreditación de competencias adquiridas a través da experiencia laboral.

 

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

- Coordinar o proceso de acreditación de competencias adquiridas a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais.

- Colaborar na elaboración de materiais de apoio e formación para o profesorado que participe no procedemento.

Asesor técnico de información e orientación profesional.

1

Ser funcionario do corpo de ensino secundario

da especialidade de psicoloxía e pedagoxía.

 

 

 

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

- Coordinar as actuacións para o desenvolvemento do sistema de información e orientación profesional.

- Facilitar os departamentos de orientación a información sobre itinerarios formativos e profesionais e o acceso ao mercado laboral.

- Colaborar no deseño de actividades de formación dirixidas á orientación profesional e á  inserción laboral.

- Coordinar o deseño de recursos en materia de orientación profesional para o apoio a función orientadora.

Asesor técnico de formación en centros de traballo.

1

Profesor de ensino secundario con atribución docente en ciclos de formación profesional.

 

Experiencia en actuacións de apoio ao desenvolvemento da formación en centros de traballo.

 

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

- Coordinar as actuacións -necesarias para o funcionamento e mellora da formación en centros de traballo.

- Favorecer o contacto entre o centro educativo, alumnado e contorno produtivo.

- Colaborar no deseño de actividades de formación dirixidas á orientación profesional e á  inserción laboral.

 

 

Emprendemento no sistema educativo.

1

Profesor de ensino secundario con atribución docente en ciclos de formación profesional.

 

Experiencia en programas de emprendemento no sistema educativo

 

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

- Coordinar as accións necesarias para o impulso do espírito emprendedor no sistema educativo.

- Colaborar no deseño de recursos en materia de emprendemento para as distintas etapas educativas.

- Colaborar no deseño de actividades de formación dirixidas á orientación profesional e á  inserción laboral.

 

 

Prazas vacantes de asesores na Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

 

Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial

 

Relación de prazas e perfil

 

Denominación da praza

Nº de prazas

Requisitos

Destino

Función

Programas educativos europeos

2

-Dominio oral e escrito de linguas estranxeiras (inglés, francés, outras..)

-Experiencia na xestión de programas europeos

DXEFPIE

- Coordinación dos programas educativos europeos.

- Colaboración coas estruturas de formación do profesorado, no desenvolvemento dos programas europeos

Ensinanzas Deportivas

1

- Coñecemento da normativa das ensinanzas deportivas.

 

DXEFPIE

- Coordinación e desenvolvemento das propostas curriculares e normativas das ensinanzas deportivas.

- Elaboración de propostas de equipamentos didácticos para a impartición de ensinanzas deportivas.

- Elaboración de propostas para a formación do profesorado de educación física e técnico deportivo.

Responsable de Calidade

1

-Coñecementos da norma ISO 9001.

-Ter acadado certificado en Sistemas de Xestión de Calidade conforme aos requisitos da norma ISO 9001.

DXEFPIE

-Coordinar o sistema de xestón da calidade da Dirección Xeral.

-Controlar a planificación da calidade e a súa mellora continua.

 

 

 

 

Volver