Mesa sectorial 28-02-2008: Informacións sobre xornada única, circular itinerantes, cadros persoal Primaria, decreto Bacharelato, pago trienios e sexenios, OPOS 2008, ...

Mesa sectorial 28-02-2008

Na mesa sectorial do 28-02-2008 no apartado de rogos e preguntas a CIG_Ensino plantexa diversas cuestións sobre a xornada única, circular itinerantes, cadros de persoal, cadros dos centros de infantil e primaria, cobro de fución titorial e otras funcións docentes, OPOS 2008, Equipas Normalización Lingüística, trienios persoal interino e substituto, calendario de temas a negociar(redución horaria maiores de 55 anos, gratificacións xubilación, ...)...
Punto 16º) ROGOS E PREGUNTAS 
(Mesa Sectorial 28-02-08)
 
Desde a CIG-Ensino fixemos os seguites rogos e preguntas:
 
  • XORNADA ÚNICA: A CIG-Ensino demanda unha resposta ao respecto do proxecto de xornada única. A CIG xa presentou máis de 3000 sinaturas e hai 2 escritos presentados solicitando a negociación, cunha proposta unánime das organizacións sindicais. A proposta da Consellaría empeora os requisitos.
Resposta: Esta orde xa estivo na mesa dúas veces. Haberá unha próxima reunión. Se se chega a acordo sobre o novo texto haberá un prazo extra para que os centros poidan facer trámites neste curso para solcitar este tipo de xornada.
 
  • A CIG-Ensino exixiu a elaboración dun calendario de temas a negociar para todo o curso, entre outras:
        • Redución horaria aos maiores de 55 anos.
        • Dotar de administrativos a todos os centros.
        • Dereito indefinido á xubilación anticipada.
Resposta: Os ROCs e os currículos serán os seguintes temas en vir á mesa. Estase elaborando un ROC base e de aí virán o resto.
 
 
  • A CIG-Ensino reclama o Dereito (voluntario) á revisión médica anual.
Resposta: están estudando a resposta ao valedor do pobo logo do recurso presentado pola CIG. A revisión ten un problema de custes (moi elevados).
 
  • A CIG-Ensino exixe a Constitución da Mesa Sectorial (xa pasou un ano e 3 meses desde as eleccións).
Resposta: primeiro ten que constituirse a mesa xeral.
 
  • A CIG-Ensino pregunta para cando o Decreto de currículo do Bacherelato. Esperemos que non pase como o da ESO que se publicou a finais de xuño para aplicar no curso seguinte.
Resposta: están elaborando o proxecto, tratarán de que veña á mesa en 15 días. Tamén se está estudando en que centros se impartirán as distintas modalidades de BAC.
 
  • A CIG-Ensino exixe solución á non certificación e impago de trienios ao profesorado interino e substituto. Estamos detectando varios casos de profesorado interino e substituto que non está cobrando. É un problema de intervención? Hai que resolvelo.
Resposta: O pago dos trienios é competencia das delegacións provinciais. Hai certos problemas para recoñecer servizos que non fosen na administración educativa. Tratarase de darlles solución a eses casos puntuais.
 
  • A CIG-Ensino manifesta sobre o Cobro de complemento de función titorial e outras funcións docentes que hai direccións de centros que poñen ou puxeron trabas para que o profesorado cobrase este complemento.
Resposta: os casos que se coñezan que se presenten e os resolvan as Delegacións provinciais.
Desde a CIG pedimos que se dea resposta positiva a todas as solicitudes, incluídas as de licenza por estudo. Resposta: están abertos a facelo.
 
  • A CIG demanda da Consellaría unha Circular con instrucións aos centros sobre o acordo de itinerantes (cobros, ...).
Resposta: Retrasouse o envio das instrucións ata que non estivese asinado o acordo. Houbo unha reunión cos inspectores xefe para elaborar esa circular. O cobro é de 19 cts/km. Están estudando que aquel itinerante que en diferentes días se teña que trasladar a primeira hora a escolas diferentes, pode optar pro cobrar o desprazamento desde o centro base ou desde o lugar de residencia.
 
  • Publicación dos Cadros de persoal de centros de Infantil e Primaria: A CIG-Ensino denuncia que se acaba de publicar no DOG e non pasou pola mesa sectorial. Acaban de adxudicarse 41 prazas (aprox) no concurso de orientaciónn que non aparecen no catálogo. Modificouse o catálogo con erros, pero o de orientación non se tratou e publicouse sen ter en conta a filosofía do acordo (orientación). Os cadros de persoal deben pasar pola mesa.
Resposta: no catálogo publicado só se correxiron erros detectados porque non se aplicou ben a fórmula en xuño. As prazas de orientación non están porque aínda están sen revisar. As prazas de orientación adxudicadas no concurso provisional cubriranse no definitivo. Por tanto, o catálogo está ben excepto as prazas de orientación que se están revisando en Inspección. Por suposto que, antes de publicarse coas prazas de orientación, pasará pola mesa sectorial.
 
  • A CIG-Ensino exixe que todos os Equipos de Normalización Lingüística de varios centros cobren as subvencións que  lles denegaron porque as entregaron fora de prazo. Este tipo de axudas non se publican na web de Educación senón en Presidencia (non todos os centros miran a páxina de Presidencia). Hai que solucionalo e que eses centros cobren as axudas.
Resposta: Non teñen noticia. Non está nas mans da consellaría resolvelo, pero falarán con Sª Xeral de Política Lingüística para intentalo resolver.
 
 
  • A CIG-Ensino demanda que todo o profesorado que asistiu ao curso de Prevención de riscos laborais cobre os gastos de desprazamento,  xa que ten dereito por lei.
Resposta: non tiñan noticia. Van resolvelo.
 
  • Praza de orientador/a no CEIP Agro do Muiño (Ames): é inaceptable que unha orientadora estea obrigada a compartir dous centros que suman casi 1000 alumnos e 45 unidades. Hai que dotar urxentemente a ese centro dun orientador ou orientadora.
 
 
Oposicións 2008: din que os opositores xa saben cal é a OPE. Os exames non van ser antes do 20 de xuño. A orde de convocatoria non virá antes de semana santa. Os posibles axustes da OPE, están estudándoos. As programacións deben basarse nos currículos que están en vixencia para cada curso/nivel.
 
Comedores: Pago responsabeis/vixiantes comedor: os pagos fanse vía nómina aos centros e logo desde os centros págaselles ao profesorado responsable.
 
Persoal ISM: estase traballando na actualización das súas nóminas, pero xa o saben os propios interesados. As delegacións están traballando na tramitación dos trienios.
 
Dotación servizo de riscos laborais: O servizo existe. Só ten 2 técnicos. Teñen que ser catro.
 
Sexenios funcionarios en prácticasA CIG-Ensino ven reclamando que acumulen os cursos de formación para o cobro de sexenios.
Resposta: estase estudando. Cando haxa unha posición comunicarase.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Volver