Mesa sectorial 27-5-08: Oferta formativa de CICLOS de formación profesional para o curso académico 2008-2009. Inclúe borrador da Oferta de ciclos formativos de Formación Profesional Curso 2008-2009

Mesa Sectorial do 27-5-08 Oferta CCFF 08-09

Na Mesa sectorial de 27 de maio, tratouse como primeiro punto a oferta formativa de ciclos de formación profesional para o curso académico 2008-2009. Ao inicio da Mesa Educación comentou que ademais dos ciclos que aparecía no escrito que se nos achegaba, estaban negociando a implantación dun ciclo de Imaxe e Son en Lugo ou Ourense e tamén un ciclo formativo para adultos nunha EPA dun centro penitenciario.

MESA SECTORIAL DE 27 DE MAIO DE 2008

Oferta formativa de ciclos de formación profesional para o curso académico 2008-2009 (ver borrador)

Na Mesa sectorial de 27 de maio, tratouse como primeiro punto a oferta formativa de ciclos de formación profesional para o curso académico 2008-2009. Ao inicio da Mesa Educación comentou que ademais dos ciclos que aparecía no escrito que se nos achegaba, estaban estudando a implantación dun ciclo de Imaxe e Son en Lugo ou Ourense e tamén un ciclo formativo para adultos nunha EPA dun centro penitenciario.
 
A CIG-ENSINO propuxo o seguinte:
 
Reclamamos unha planificación a máis longo prazo da oferta de FP na Galiza que enmarcase no futuro a oferta de novos ciclos e as posíbeis supresións. Demandamos a negociación da nova rede de FP, tendo en conta que é o momento oportuno ao ter que implantarse as novas titulacións. A oferta actual é insuficiente, desequilibrada, favorecedora do ensino privado, como podemos comprobar se tomamos os datos das cidades, por exemplo Vigo onde hai 22 CM na concertada e 21 na pública, ou 38 CS na pública e 17 na concertada. Ademais tradúcese en que hai maior oferta de prazas na concertada, pois na pública só se poden ofertar 22 por ciclo.  Respostan que máis que facer unha nova Rede optaron por ir facendo modificacións progresivas. Entenden que neste momento xa hai unha distribución máis lóxica. Ademais para a reconfiguración da rede estase falando coa Consellaría de Traballo. Indica que hai que ter en conta a evolución da poboación, teñen estudos que nese tramo de idade descenderá nun 40% no ano 2017.
 
É preciso limitar a oferta na privada concertada que en todos os casos oferta moita máis prazas que a pública para os mesmos ciclos na mesma localidade o que é incomprensíbel que se manteña cando na pública hai pouca matrícula. A Consellaría lembra que a principio de curso se suspenderon 17 ciclos concertados. Di que non se poden pechar, pois só está previsto que se pechen se quen oferta os ciclos renuncia a facelo, teñen unha data de remate do concerto en febreiro-marzo de 2009, até entón o único que poden facer é suspender o ciclo se non ten matrícula suficiente e neste caso a asesoría informou de que tiñan que seguir o mesmo criterio de número de alumnos que na pública e foi o que se fixo.
 
Potenciar a oferta nas cidades ofertando 2 grupos por ciclo onde haxa demanda. Isto estase a permitir dun xeito restritivo no ensino público (14 CM e 1 CS nas cidades, en Vigo só1 CM Pesca e transporte marítimo).
Demandamos que se abra a inscrición en todos os ciclos dando a posibilidade de recuperar alumnado nos ciclos actualmente pechados. Se se acordou facer así na privada concertada non sería de recibo que non se faga na pública o mesmo.. Un caso concreto sería o da comarca de Valdeorras onde entendemos que se debe reabri o CS de Adminsitración e Finanzas, único ciclo da comarca.
Hai dous anos se fixaron uns criterios para manter ciclos aínda que non acadasen o nº mínimo de alumnos (os de centros públicos cando na mesma cidade existan en réxime concertado, os que sexan de oferta única en Galiza, os que non teñan outro “alternativo” nun radio de 30 quilómetros e os dos Centros Integrados) que este ano non se mencionan. Demandamos que sigan vixentes porque gracias a súa aplicación algúns ciclos que ían pechar en principio están a manterse con éxito. Aplicando estes criterios algún ciclo que se pechou neste curso tiña que manterse como o CS de Administración e Finanzas no IES Lauro Olmo de O Barco que era o único CS en toda a comarca de Valdeorras e que se debe manter.
 
A rateo mínima debe ser de 5 alumnos e non de 6. Educación informa de que o ano pasado mantivéronse ciclos con cinco alumnos no rural. Non foron restritivos.
 
Ao poñer a data de 15 de setembro para decidir sobre a supresión ou non hai que ter en conta que se coñezan as notas da selectividade. Manifestan que a solución non é retrasar a data do 15 de setembro senón informar o alumnado de que para acceder á Universidade poden facer primeiro un CS ou mesmo matricularse nel antes de acceder á Selectividade e no caso de aprobar anular a matrícula. Non é a data ideal, mais non hai outra mellor.
O alumnado ten que poder cursar os ciclos dun xeito gratuíto polo que é indispensábel que se hai peche de ciclos que implican traslado de alumnado a outras localidades se faciliten becas de transporte, residencia, etc... para ciclos que se oferten nas distintas comarcas xa que doutro xeito acabarán concentrándose nas cidades. Resposta: xa hai bolsas. Este curso houbo unha convocatoria de Vivenda, para o alumnado que tivese que alugar piso e só se cubriu nun 60%. Fai referencia a que hai concellos en que se pon transporte para a Universidade, mais non para cursar ciclos superiores fóra da localidade. A CIG-Ensino insistiu na necesidade de que haxa bolsas de transporte e en que se implique a Consellaría. Propuxemos ademais que a Consellaría cree un servizo de transporte para o alumnado de ciclos formativos no rural.
 
Ten que haber unha campaña informativa e de publicidade por parte da Conselleria de Educación específica para as distintas comarcas do país. Están de acordo con incrementar a publicidade, e así o fixeron no Foro orienta.
 
Hai que buscar unha solución para o profesorado afectado pola supresión de ciclos. Hai un nº importante de profesoras e profesores definitivos sen horas dos cales algúns están desprazados outros no centro sen actividades lectivas ou impartindo outras especialidades. Queremos o compromiso da Consellería de que vai haber un posto de traballo para todo o profesorado funcionario ou interino afectado. Para conseguir isto compre:
- Teñen que permitir-se os desdobres e non só por criterios de perigosidade senón tamén dunha axeitada atención ao alumnado..
- Débese considerar a oferta de FP a distancia en todas as provincias. Houbo hai anos unha implantación experimental apresurada e non se volveu aplicar.
- Cómpre dar os pasos precisos para impartir a FP para o Emprego nos centros de ensino que teñan profesorado con horas libres, incluindo estas accións formativas dentro do horario xeral lectivo do centro.
Resposta: teñen en conta o profesorado, non sobra o profesorado en FP pois terán que ampliar os cadros de persoal do Centros Integrados para facer cousas que agora non se fan, como é a formación continua para traballadores en activo, é unha aposta clara que teñen na Dirección Xeral, mais é un tema que afecta a varias administracións, agora mesmo os centros solicitan ser centros colaboradores e se autorizaron o 95% das solicitudes.
Respecto a oferta concreta, gustaríanos saber os criterios polos que se implantan estes ciclos e non outros, sabendo que hobo peticións dos centros. Ademáis eses mesmos criterios debían ser explicados aos centros solicitantes. Educación recoñece que a oferta ten eivas, mais esta é a oferta axeitada para eles: en Ourense onde non hai ciclos da familia de química, familia que vai sufrir un cambio importante en relación coas enerxías renovábeis. Pensan en implantar un ciclo deste tipo mais queren agardar un curso. Non teñen claro a oferta de cultivos mariños no Grove pois está descendendo a matrícula no IGAFA. Pode parecer que a oferta de adultos non é suficiente mais foi incrementada.
 Na familia de Servizos á Comunidade non hai oferta do CS Integración social na provincia de Pontevedra, só se oferta na concertada e na privada. Tampouco hai en Vigo oferta do CS de Ed. Infantil. Respecto do CS de Educación Infnatil di que non o hai en Vigo, mais si en Chapela, que está moi ben comunicado, mais se o ciclo de Chapela non é suficiente aumentarase a oferta.
IES Félix Muriel de Rianxo: Ofértaselles o ciclo medio de atención sociosanitaria e non se lles concede o Ciclo superior en educación infantil. A oferta deste título na comarca de Santiago-Barbanza só vai ser no CIFP Compostela de Santiago (habendo oferta na privada en 2 centros). Ademais para o ciclo superior non require practicamente mantemento nin instalacións comparado co ciclo medio de Atención sociosanitaria. Resposta que se lles concede un dos dous ciclos que solicitan.
 
IES AS MARIÑAS (Betanzos): solicitaron un Ciclo Medio de Equipos e Instalacións electrotécnicas para adultos, lévano pedindo desde hai 3 ou 4 anos. O ciclo de réxime ordinario xa se cubre en xuño. Solicítano para dar saídas aos adultos.
 
IES BOUZA BREY (Cambados): había un erro na proposta inicial e finalmente recollen a proposta realizada polo centro de que sexa un ciclo de instalacións eléctricas de consumo.
 
IES PONTECESO (Ponteceso): solicitaron un Ciclo de Hostalaría. Xustifícase pola demanda na zona deste sector. Está de acordo a Corporación local por unanimidade e teñen espazo suficiente. Resposta que de hostalería xa hai 9 centros e non cren que se deba incrementar, especialmente despois do caso de Sanxenxo, onde houbo que pechar o ciclo por falta de matrícula.
 
IES LAMAS DE ABADE: hai unha demanda razonada do centro para que se implante un CM de Emerxencias sanitarias, hai unha petición avalada pola comunidade escolar e que supoñería mínmas adaptacións pois contan cos espazos e co profesorado necesario, o centro xa oferta outros diclos da familia e non hai este ciclo en toda a comarca de Compostela, sería un ciclo moi demandado (hai 100 traballadores na comarca de Compostela sen a titulación, polo que habería lugar para unha FPC). Resposta: queren agardar un ano, teñen previsto a implantación deste ciclo no CI Monte Alto (neste centro ofertarán o ciclo de Documentación sanitaria que só existe na privada), onde xa están todos os ciclos da familia sanitaria, e en Vigo. Se hai 100 traballadores sen titulación dificilmente se matricularían na oferta regrada. É un ciclo con futuro. Estudarán a proposta.
 
A CIG-Ensino manifestou nunha nova intervención que botamos en falta avances en desdobres e contínua. Estamos ante unha oferta desequilibrada, sabemos que nalgúns sitios é xenerosa, mais noutros podería facerse un esforzo, como é o caso do IES Lamas de Abade.

Volver