Mesa sectorial 27-5-08: Implantación dos PCPIs

MESA SECTORIAL 27-5-08. Implantación dos PCPIs

A Consellaría traslada que ten moi pouca información e que aínda haberá que agardar para coñecer a oferta que previsibelmente se publicará o 15 de xullo. Explican tamén que non teñen información oficial sobre o momento en que se atopa a tramitación das cualificaciósn profesionais. Saben extraoficialmente que haberá unha reunión do Consello Escolar do Estado o día 3 de xuño en que se tratará a cualificación profesional de nivel 1 de Comercio, e posibelmente tamén a de Soldadura, ambas as dúas de importancia para a oferta que quere facer a Consellaría. Tamén se tratara a cualificación de nivel 1 de reprografía. Saben que o día 15 de xullo é moi tarde, mais xustifica a proposta na urxencia dos trámites e no descoñecemento de cantas cualificacións estarán recoñecidas e, por tanto, poderán ser implantadas. A matrícula nestes programas non vai ser até o 15/16 de setembro.

Mesa sectorial 27-5-08
Implantación dos PCPIs (Programas de cualificación profesional inicial)


Na Mesa Sectorial do 27 de maio tratouse, entre outras cuestións, a implantacións dos PCPIs.

A Consellaría traslada que ten moi pouca información e que aínda haberá que agardar para coñecer a oferta que previsibelmente se publicará o 15 de xullo. Explican tamén que non teñen información oficial sobre o momento en que se atopa a tramitación das cualificaciósn profesionais. Saben extraoficialmente que haberá unha reunión do Consello Escolar do Estado o día 3 de xuño en que se tratará a cualificación profesional de nivel 1 de Comercio, e posibelmente tamén a de Soldadura, ambas as dúas de importancia para a oferta que quere facer a Consellaría. Tamén se tratara a cualificación de nivel 1 de reprografía. Saben que o día 15 de xullo é moi tarde, mais xustifica a proposta na urxencia dos trámites e no descoñecemento de cantas cualificacións estarán recoñecidas e, por tanto, poderán ser implantadas. A matrícula nestes programas non vai ser até o 15/16 de setembro.

 

Infórmannos tamén de que o 28 e 29 de maio reúnense cos centros que non teñen FP para explicar a implantación dos PCPI e outros temas de FP, e a semana que vén cos centros que teñen FP. Hoxe mesmo reuníronse coa inspección. O día 15 de xuño van ter esta mesma reunión con todas as xefaturas de departamentos, directores e directoras e secretario e secretarias.

 

A CIG-ENSINO manifestou que debe buscarse unha solución para os PGS que non contan con equivalencia para pasar a impartir un PCPI. Preocúpanos que vai suceder nesta transición, cal é a previsión da Consellaría cando non se poida continuar cun PCPI, que vai pasar co profesorado que viña impartindo neses PGS... Reclamamos que esta transición se faga con criterios de racionalidade. Neste momento hai 68 centros que imparten PGSs da modalidade A e máis de 105 centros que imparten PGSs da modalidade B, que repercusións vai ter para o profesorado se non se poden seguir impartindo e se non hai equivalencias para impartir PCPI? Esiximos que se traia á Mesa Sectorial a rede da oferta. Tamén preguntamos que pasa co alumnado que o vindeiro curso tería que facer un PGS ou PCPI e ao mellor non ten esta oferta no seu centro.

 

A Consellaría resposta que se nos fará chegar a oferta ás OOSS antes de facela pública Declaran que procurarán que esta situación no prexudique o profesorado, que van deseñar unha oferta ampla, que marcarán un mínimo de alumnos para a impartición dos programas (presumibelmente 5, aínda que esta cifra non está fechada), e que procurarán a igualdade entre todos os centros. Informan de que Galiza, e outras comunidades, defenderon diante do ministerio manter os PGS para os que non hai equivalencia, de xeito transitorio, até que estean rematadas as cualificacións profesionais, mais o ministerio non aceptou esa posibilidade. Atenderán as propostas que lles cheguen, mais deixa claro que a oferta é responsabilidade da Consellaría.

 

Volver