Mesa Sectorial 25-02-2008: CONVOCATORIA DE PRAZAS DOS CONSERVATORIOS SUPERIORES

Mesa Sectorial 25-02-2008

Hoxe, día 25 de febreiro, tratouse na Mesa sectorial o borrador da resolución que estabelece o procedemento para o acceso á docencia en diversas especialidades nos Conservatorios Superiores de Música. Accede a toda a información.
MESA SECTORIAL 25-02-2008
 
CONVOCATORIA DE PRAZAS DOS CONSERVATORIOS SUPERIORES
 
 
Hoxe, día 25 de febreiro, tratouse na Mesa sectorial o borrador da resolución que estabelece o procedemento para o acceso á docencia en diversas especialidades nos Conservatorios Superiores de Música.
 
O Director Xeral de FP e Ensinanzas Especiais xustificou esta convocatoria para cubrir por concurso de méritos as prazas dos conservatorios superiores na necesidade de dotar estas prazas mentres non se publique o Real Decreto que estabeleza as especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas e se poida convocar o procedemento de acceso a dito corpo. Salientou, tamén, que o 30 de xuño remata o prazo de vixencia das comisións de servizo convocadas para este efecto no 2005.
 
A CIG-ENSINO expuxo que xa lle tiñamos trasladado á Consellaría a necesidade dunha convocatoria pública para acceder a estas prazas, por iso valoramos positivamente que se faga esta convocatoria para que haxa un procedemento público e transparente de cubrir as prazas nos conservatorios superiores de xeito transitorio até que se convoque o acceso ao corpo de cátedras.
 
Desde a CIG-Ensino manifestamos que é urxente que se publique o Decreto de Especialidades para que se convoque definitivamente o acceso ao corpo de catedráticos. Así, instamos á Consellería a facer todo o posíbel para que se axilice e se poidan estabilizar deste xeito os cadros de persoal dos conservatorios superiores. (Resposta: O Director Xeral reiterou que hai vontade no Ministerio de sacalo canto antes pero non depende da Consellería o que pode pasar, entre outras cousas hai eleccións).
 
A CIG-Ensino amosou o seu desacordo con algúns puntos do baremo e fixo as seguintes propostas:
 
  • Necesidade de determinar os cadros de persoal dos conservatorios superiores para que o profesorado que participe nesta convocatoria coñeza cantas prazas hai de cada especialidade e en que centro.(O director Xeral manifesta que hai dificultades para sacar un catálogo base porque o número de alumnos non se coñece até despois das probas de acceso. Se se fai co alumnado actualmente matriculado, pode ser que ao final se precisen máis prazas ou que sobre profesorado. Ao final admiten estudar a elaboración dun catálogo base  en función da situación real actual.)
  • A CIG-Ensino demanda que se recolla como requisito ter a titulación Superior da especialidade á que se opta (Aceptan recollelo. Poñerán ademais como requisito ter o CELGA 4 ou curso de perfeccionamento de galego).
  • A CIG-Ensino demanda que se suprima a necesidade de facer un proxecto docente, xa que os funcionarios docentes xa teñen demostrado ter capacidade pedagóxica. En todo caso, se se mantén, é inaceptábel que sexa eliminatorio e que teña o dobre de valor que os outros apartados do baremo co que sería decisorio na adxudicación das prazas. De mantelo non debe ser eliminatorio e ten que puntuar o mesmo que os outros apartados. (Aceptan baixar a puntuación do proxecto de 10 a 5 puntos pero non se pronuncian sobre se vai ser eliminatorio ou non, teñen que estudalo).
  • A CIG-Ensino demanda que se lle dea máis peso no baremo aos méritos artísticos, que se aumente como mínimo a 7 puntos. (Resposta: Estudarán subir a puntuación por méritos artísticos).
  • A CIG-Ensino propón que non se deben limitar os méritos artísticos realizados nos cinco últimos anos. (Resposta: van aumentar o número de anos a considerar aínda que fica sen concretar cantos van ser, pero non se limitará aos 5.)
  • Este concurso soamente será para profesorado destinado en Galiza.
  • A CIG-Ensino propónque se arbitren as medidas para adscribirse nas especialidades de instrumentos de música tradicional. (Resposta: non.
  • A CIG-Ensino demanda que na experiencia docente puntúen todos os servizos prestados como interino ou funcionario en prácticas e non só os realizados como funcionario de carreira. (Estudarano).
  • A CIG-Ensino demanda que a comisión de selección teña un perfil profesional e técnico con especialistas.
 
 
Sobre o articulado da convocatoria, a CIG-ENSINO demandou, entre outros temas, os seguintes:
·         Que á especialidade de Piano se lle contemple competencia docente en Piano complementario. (Resposta: Era un erro, corrixirase).
·         Incluír Música de cámara e repertorio orquestral en todas as especialidades como materia optativa para o proxecto.
·         No apartado 2.2 do baremo, incrementar a puntuación a 0,2 puntos.
·         No apartado 3 do baremo (actividades de formación), asignar 0,01 puntos por hora en lugar de 0,1 por cada 10 h, tendo en conta a duración dos máster class. Incluír un novo apartado para outros cursos de formación relacionados coa música aínda que non estean directamente relacionados coa especialidade ou non foran impartidos pola administración educativa.
·         No apartado 5 (méritos artísticos), ademais do indicado antes, é restritivo que apareza “na especialidade á que se opta” para algunhas especialidades non directamente instrumentais (por exemplo, Historia da Música).
·         Os concertos de música de cámara até formación de trío deben pasar do apartado 5.1 (concertos como solista) ao 5.2 (concertos como músico de cámara)
·         No apartado 5.3 substituír “orquestras profesionais” por “agrupacións profesionais”. (Resposta: Aceptan a modificación).
·         Nos apartados 5.9, 5.10 e 5.11 indicar que non serán valoradas as gravacións  nas que o autor sexa o seu editor. (Resposta: Aceptado).



MÁIS INFORMACIÓN ( Ligazón )

Volver