Mesa sectorial 25-02-08: Estadías formativas en Empresas, consideracións OPE 2008 e prazas sometidas a convenio (Preescolar na casa)

Mesa sectorial 25-02-08

Na mesa sectorial do luns 25-02-08 (continuación da mesa do 20-02-08) tratáronse as seguintes cuestións: Estadías en empresas, prazas dos conservatorios superiores de Música, OPE 2008, Orde profesorado de relixión e prazas sometidas a convenio. Neste apartado informámoste do máis relevante da OPE 2008, das estadías formativas en Empresas e máis das prazas sometidas a convenio (dentro deste apartado informámoste da non convocatoria de prazas de Preescolar na casa)

MESA SECTORIAL 25-02-08

Na mesa sectorial de 25-02-08 (continuación da mesa do 20-02) tratáronse os seguintes temas (na orde que se indica):

            6º) Estadías en empresas

            12º) Prazas dos C. Música Superiores (ligazón)

                2º) retómase punto OPE 2008

            14º) Apertura listaxes de Relixión (pendente de elaborar información)

            7º) Prazas sometidas a convenio (Preescolar na casa)



6º) ORDE DE ESTADÍAS FORMATIVAS EN EMPRESAS
 
O Director Xeral de FP xustificou a reducción da oferta deste ano (de 94 prazas o curso pasado baixa a 80 este curso) pola eleimnación da modalidade C (estadías en máis de dúas empresas) para a que non houbo solicitudes en anos anteriores. Informa que ese ano poden realizarse nos meses de xuño (fora do horario lectivo), xullo e setembro. Elimínase a necesidade de autorización da dirección, sustituíndoa por un simple “enteirado”, porque o curso pasado prantexou problemas nalgún caso. Non poderá realizar as estadías o profesorado que estea de baixa laboral. Haberá que presentar proxecto para a modalidade A, nesta modalidade reducíronse as empresas xa que eliminaron as que non foron solicitadas os últmos anos. Simplifican tamén o modelo de memoria.
 
A CIG-ENSINO manifestou a necesidade de potenciar esta actividade formativa xa que todos os cursos fican grande nº de prazas sen cubrir: 33 concedidas no 2006-07 (15A e 18B) de 94 convocadas; 30 concedidas no 2005-06 (12 A e 18B) de 94 convocadas. En xeral da modalidade A só se ofertan prazas de media ducia de familias (Sanidade, Mantenmento de vehículos, Madeira e moble, Electricidade e electrónica, Mantemento e servizos á producción e Fabricación mecánica). Compre procurar ampliar esta oferta, este ano redúcese na modalidade A e, comparativamente, é moi escasa na provincia de Pontevedra. A consellería debe tratar tamén de realizar convenios coas outras Consellería s e administracións para aumentar esta oferta formativa que a CIG-ENSINO considera fundamental para a millora da calidade na FP.
 
A CIG-ENSINO demandou tamén que se estude ofertalas noutras datas porque está a evidenciarse que as datas nas que se oferta non son as mellores. Unha posíbel solución sería ofertalas ao longo de todo o curso, non só nos meses de xuño, xullo e setembro. Cando menos durante o período de realización da FCT para o profesorado que non sexa titor da mesma. Habería que pensar tamén en aumentar a duración das estadías a 2 meses poñendo profesorado substituto cando fose preciso. (Estudarán para o ano ampliar a abril).
 
A CIG-ENSINO demandou manter a oferta da modalidade C e contemplar en todo caso a súa acumulación á modalidade B se, unha vez máis, non a pide ninguén.
 
En canto aos requisitos (Art. 2.1), a CIG-ENSINO solicitou incluir ao profesorado interino en igualdade de condicións que os demais. É un profesorado bastante estábel, soe traballar todos os anos, que pode precisar máis formación que os funcionarios por variar bastante os módulos que lles toca impartir cada curso. A redacción deste apartado é ademáis incongruente co punto 2 do baremo onde se adxudica unha puntuación por ser interino. (O Director Xeral indica que non vai haber problemas para os interinos porque sempre hai vacantes, estudarán a proposta pero será dificil aplicalo este ano).
 
No relativo ao horario das estadías (Art. 4º), a CIG-ENSINO demandou eliminar o punto 5 no relativo a telas que realizar fora de horario lectivo en xuño e setembro xa que, desde logo, así non se estimula a participación do profesorado. Se se mantén isto, non habería ningunha razón para non permitir estadías, sobre todo de tipo B, durante todo o curso do mesmo xeito.
 
Constatando que as indemnizacións (art. 12º) respecto ás do curso pasado suben menos que o IPC, a CIG-ENSINO demandou subilas cando menos nunha cuantía igual ao IPC real e expresamente as de máis de 120 Km. Hai unha redución do orzamento por segundo ano consecutivo, pasa de 102138,52€ no 2007 a 95145,6€ este ano.
 
Por último a CIG-ENSINO demandou axilidade na resolución xa que o ano pasado publicouse a adxudicación definitiva o 10 de xullo, cando o profesorado xa tiña que estar realizando as estadías.
 
A CIG-ENSINO considera imprescindíbel, no relativo ás horas de formación (art. 17º), aumentar o recoñecemento en horas de formación ao 75% como mínimo das horas reais realizadas na empresa, no camiño de lograr no próximo ano o recoñecemento do 100% (a Orde de 1 de marzo de 2007 á que fai referencia di “segundo se estableza na convocatoria” referíndose á equivalencia en horas de formación). (A administración comprométese a estudar o aumento das horas recoñecidas aínda que non chegarán ao 100%)

 2º) retómase punto OPE 2008 

-          A CIG-Ensino  considera que en Servizos á Comunidade e Cociña deberan sair prazas para discapacitados. O ano pasado non se cubriron estas vacantes.

 Resposta: Habería que comprobar se o curso pasado se superou o 3% de aprobados por discapacitados. Estamos falando dun 7% de prazas (suporía eliminar prazas de libres). Se hai demanda de prazas pois incluiranse. Finalmente acéptase o de discapacitados de Cociña e de Servizos á Comunidade.

-          A CIG-Ensino demanda nas EOI: Prazas de español para estranxeiros e prazas de Galego (non sairon o ano pasado nin nesta OPE).

Resposta: Hai dúas persoas interinas nas listaxes de Español para estranxeiros (son de PES de Lingua Castelá). En galego son poucos interinos/as. Vano estudar.

-          Conservatorios Música: por que se sacan nesas especialidades e noutras non (exemplo:fagot)? Por que non se sacan de P. Artes Plásticas e Deseño?

Resposta: nos C. Mus están graduando a oferta. Profesores de Artes Plásticas e Deseño: están no período de implantación dos estudos superiores de deseño, terán que estudar as necesidades en función diso cando remate esta situación transitoria.

-          A CIG-Ensino demanda en Inglés, Xª e Historia, Lingua castelá e literatura e Bioloxía e Xeoloxía debera haber maior oferta para o acceso de B a A.

-          Á CIG-Ensino preocúpanlle certas especialidades de FP, sobre todo nalgunhas nas que non hai reposición e outras nas que aprobaron poucos  interinos o ano pasado. Precísase un mínimo acordo de estabilidade durante este proceso transitorio.

-          Este curso os tribunais van estar sometidos a presións por todo o que está ocurrindo. Os tribunais deben adicarse a avaliar as probas e non o sistema selectivo (aínda que non é o sistema defendido pola CIG-Ensino).

-          Á CIG-Ensino preocúpalle a oferta en Sistemas electrónicos: 20 interinos  e 12 prazas.

-          A CIG-Ensino pregúntase : por que non saen prazas Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico e Procedementos sanitarios e asistenciais (219 e 220)? Hai moitos anos que non se convocan prazas nestas especialidades e xa teñen titulación equivalente a efectos de docencia.

 Resposta: Non hai ningún problema para que se saquen prazas (18 interinidades na lista única). Desde a Administración non hai ningún problema que se saquen prazas pero pensan que é máis prudente esperar.

-          A CIG-Ensino pregunta por que en Física e Química de PES só sacan o 30% das interinidades actuais?

Resposta: sacan máis, contando as prazas de reposición é a única materia na que hai máis oferta que interinos traballando na actualidade.

-          A CIG-Ensino pregunta cal foi o criterio usado en Asesoría e procesos de Imaxe persoal/Procesos e medios de comunicación: sacan máis do 40-50% das interinidades  que era o criterio da Admón., ofertan o 60% e o 100% respectivamente.

Resposta: No primeiro caso, o ano pasado todos os aprobados foron interinos por iso repiten a oferta; no segundo caso hai necesidades dese profesorado para o curso que ven.

-          A CIG-Ensino reclama unha solución definitiva para o profesorado funcionario de carreira e o profesorado interino de Procesos Comerciais haberá que buscar unha solución tanto ao profesorado interino como o funcionario de carreira.

 Resposta: O problema é coñecido, a solución é complicada. Están abertos a que se lle fagan propostas.

-          A CIG-Ensino manifesta que, en calquera caso, cando haxa especialidades con “risco” a OPE nesas especialidades debera sacarse cando saia tamén no resto de Comunidades Autónomas (en caso contrario, non sacar esas prazas).

A CIG-Ensino propuxo, unha vez máis, que a OPE debe ir ligada a que ningún interino nin interina que este curso traballou teña  en perigo o seu posto de traballo o curso que ven. Hai certas especialidades nas que é preocupante; o posto de traballo está por encima de calquera circunstancia.

 

Ademáis a Administración respondeu a outras cuestións:

-A OPE é un tema complexo, non hai métodos que garantan determinadas situacións, como por exemplo garantir un posto de traballo para os que están traballando este curso. Non sacar as prazas neste procedemento transitorio sería non cumprir que o profesorado acceda a funcionario/a de carreira. Se se sacan menos prazas implicaría que máis profesorado entrase nas listaxes de interinidades (o que pretendemos é reducir estas listaxes).

-Máquinas, servizos e produción: os propios afectados están interesados en que saia OPE.

-Gradualidade no número de prazas nos procedementos selectivos: na OPE 2007 houbo 3125 prazas e incorporáronse ás listaxes este curso 600 novos interinos/as. Para reducir a precariedade hai que reducir o número de prazas de interinidades. O EBEP di que as prazas que estean ocupadas interinamente deben sair a oposición na seguinte convocatoria. Non é pretensión da Administración non sacar prazas dunha especialidade para que logo aumente o número de interinos/as desa especilidade.

-FOL: a Admón manexa uns números. Hai bastantes profesores que traballan de procesos comerciais nestas prazas. Poñen bastantes prazas de B a A: 16 prazas, das cales 7 son de B a A.

-591202 Equipos electrónicos. Non consideran a oferta escasa, depende das circunstancias porque a matrícula neses ciclos vai  á baixa.

-          En Grego e Latín estase correndo un risco razoable.

-          En Laboratorio 591208 a oferta se corresponde con que todos os aprobados eran interinos/as.

-          Primaria: accederán ás listaxes de interinidades de Primaria os que se presenten a esa especialidade e saquen un  cinco nas probas  (se non teñen a especialidade de Primaria) ou os que teñan a especialidade de Primaria ainda que non saquen o cinco (estamos falando do profesorado que acceda ás listaxes por primeira vez, non o que xa ten traballado).

-          Non sacan da especialidade de Francés (Mestres) xa que só hai 8 interinos/as traballando.


(accede ao CIG-Informa da mesa sectorial anterior, 20-02-08: ligazón)

 

7º) PRAZAS SOMETIDAS A CONVENIO (Preescolar na Casa)

a) Preescolar na casa:

A CIG-Ensino propuxo:

-          Preescolar na Casa: botamos en falla 4 prazas que deberan saír e reclamamos que se cubran. Aínda que dependa de dúas consellarías pensamos que estas prazas deben ser de educación. Hai 4 prazas a renovar!

Resposta: O servizo de preescolar na casa é de vicepresidencia. A consellaría de educación ten asumido ao alumnado de 3 a 6 anos (todos con praza, comedor e transporte). De 0 a 3 é de vicepresidencia.

2º turno da CIG:

-Preescolar na Casa: Insistimos que para que subsista o programa de Preescolar na Casa é necesario  o profesorado que dotaba a consellaría. Pero tamén é imprescindible para que non haxa consecuencias negativas para o resto de persoal. Hai que darlle unha solución. Preocúpanos que esas vacantes non se cubran, teriades que chegar a un acordo con Vicepresidencia. Pode ter consecuencias laborais no resto de  persoal, persoal que leva moito tempo traballando neste proxecto.

Resposta: Preescolar fixo unha labor no pasado (pero eran outras circunstancias que non son as actuais), pero o resto do persoal non é cuestión desta administración e por tanto desta mesa sectorial.

b) Resto de prazas sometidas a convenio:

A CIG-Ensino propuxo:

-          Só deben saír aquelas prazas que se debe chegar a acordos coas administracións públicas (excepto ASPAS).

-          Nas comisións debe haber máis especialistas e menos responsabeis da administración.

-          No punto 4 debe suprimirse a entrevista e o proxecto non debe ser eliminatorio. Resposta: o proxecto é fundamental.

-          Sorpréndenos o requisito nas prazas de sanidade “competencia como asesor....” é moi aberto. Vaino interpretar a comisión? Resposta: Os perfís das prazas propono a consellaría. Mellorarán a redacción, recoñecen que teñen que concretar algo.

-          Baremo: os servizos na CCAA galega. Deben ampliarse eses 5 puntos de antigüidade.

-          O proxecto debe ir en galego.

Administración:

            -O perfil das prazas propono a consellaría. Mellorarán a redacción.

            -desprazamentos: cobrarán desprazamento.

-As prazas hospitalarias non se poden cubrir definitivamente por concurso, xa que a experiencia demostra que se cubren temporalmente.

2º turno da CIG:

-O perfil das prazas debe determinalo o propio centro que solicita a praza de convenio.

-O proxecto non debe ser eliminatorio, xa que as valoracións dos mesmos poden ser subxectivas (cun 3,5 decae, con 4 aproba). 
            -Que criterios se van usar para valorar os proxectos? (xa que moitas veces son eliminatorios).

 

Volver