Mesa Sectorial 20-02-2008: Previo, Licenzas por estudos, Actividades formativas de Idiomas no estranxeiro, Axudas aos MRP´s

Mesa sectorial 20-02-2008

Ademáis da presentación por parte da consellaría da OPE 2008, na mesa sectorial do 20-02-2008 tratáronse as ordes de Licenzas por estudos para o curso 2008-2009, as actividades formativas de idiomas no estranxeiro e a orde de axudas aos Movementos de renovación pedagóxica para realizar actividades de formación. Nun previo solicitamos da consellaría unha contestación ao escrito presentado por todas as OOSS sobre as condicións para a xornada única e a correspondente negociación das mesmas
 
MESA SECTORIAL 20-02-2008
 
(parte 1ª)
 
Debido á extensa orde do día, a Mesa continuará os días 25 e 26 de febreiro. Na mesa de hoxe, ademáis da presentación por parte da consellaría da OPE 2008, tratáronse as licenzas por estudo, as actividades formativas de idiomas no estranxeiro e as axudas aos MRP´s para actividades de formación.
 
1.- Lectura das actas dos días 14 e 21 de decembro de 2007.
 
2.- Previo acordo coas organizacións sindicais presentes na Mesa, solicitamos da consellaría unha contestación ao escrito presentado por todas as OOSS sobre a xornada única. Maniféstase a protesta por non ter recibido resposta e reclámase o compromiso da consellaría para tratar de maneira urxente este tema na mesa sectorial. O Secretario Xeral manifesta que responderá a esta pregunta no apartado de rogos e preguntas (que se celebrará o martes 26 – o 25 tamén hai mesa-).
Previo: así mesmo protéstase polo cambio da convocatoria desta mesa (estaba inicialmente para o venres) e enviar documentación só con 48 horas de antelación e por fixar unha orde do día de 16 puntos despois de levar todo o trimestre sen convocar mesa. Pídese seriedade e a determinación dun calendario de negociación que aínda está pendente.
 
3.- OPE 2008 (ver información)
 
4.- LICENZAS POR ESTUDO
 
A oferta deste ano é exactamente igual que a do ano anterior. Reproducímola a continuación:
 
Modalidades
Todos os corpos agás mestres e inspectores
Corpo de mestres
Corpo de
inspectores
Todos os
 corpos
1. Teses de doutoramento
(curso completo)
8
4
1
 
2. Primeira licenciatura, enxeñería, arquitectura ou estudos equivalentes
(curso completo)
5
25
-
 
3. Primeira diplomatura, enxeñería técnica, arquitectura técnica ou estudos equivalentes
(curso completo)
5
-
-
 
4. Segunda licenciatura, enxeñería, arquitectura ou estudos equivalentes
(cuadrimestral)
10
-
1
 
5. Proxectos
(cuadrimestral)
60
50
1
 
6.A Grupos de traballo para elaboración de materiais curriculares (cuadrimestral)
 
 
 
 
4
6.B Grupos de traballo para elaboración de materiais relacionados cos plans de convivencia (cuadrimestral)
 
 
 
 
2
7. Perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior
10
10
 
 
Totais
98
89
3
6
 
A CIG_Ensino valora esta oferta como insuficiente posto que non hai ningún aumento con respecto á do ano pasado. Así é imposible acadar o obxectivo de que todo o profesorado poida disfrutar dunha licenza durante a súa vida profesional. Plantexamos ademáis as seguintes cuestións para ser recollidas na orde:
  • Aumentar a duración na modalidade de proxectos, de xeito que se oferten algúns deles de duración anual.
  • Que se acumulen as que queden sen cubrir a outra modalidade e/ou outro corpo, de xeito que non se dean menos licenzas en total das previstas.
  • Darlle cabida na convocatoria ao profesorado interino; o requisito de 3 anos como funcionario de carreira pódese por como prioridade pero non como requisito.
  • Contemplar licenzas para a elaboración de materiales curriculares encamiñados ao cumprimento do decreto de normalización lingüística, sobre todo en ensinanzas donde hai pouco material (sobre todo Conservatorios e FP).
  • Que desapareza a etrevista e que o proxecto non sexa eliminatorio. En todo caso deben ser máis claras e concretas as instrucións para a elaboración dos proxectos.
  • Que se elimine o informe de inspección.
  • Baremo:
-Que desapareza o informe da inspección.
-Que se teñan en conta os servizos prestados en calquera situación administrativa (prácticas, interino)
-Que non se teñan en conta os servizos prestados no corpo de catedráticos ou inspección.
-Suprimir os tramos de horas para os cursos de formación e fixar no seu lugar unha puntuación única por cada 10 horas de curso.
-Revisar as puntuacións por publicacións de artigo e libro por estar descompensadas.
 
A Consellaría só se comprometeu a estudar as demandas realizadas, sen explicitar en concreto cales aceptaba e cales non.
 
5.- actividades formativas de inglés, francés, alemán, portugués e música NO ESTRANXEIRO.
 
Convócanse as seguintes:
·        Cursos de Inglés para profesorado especialista (15 mestres e 15 restantes corpos).
·        Cursos de Inglés para profesorado non especialista (30 prazas para mestres e 50 para os restantes corpos).
·        Cursos de Francés para profesorado especialista (non hai prazas para mestres, 15 para os restantes corpos)
·        Cursos de Francés para profesorado non especialista (30 prazas para Mestres e 30 para os restantes corpos).
·        Cursos de Alemán (15 prazas para todos os corpos, especialistas e non especialistas).
·        Cursos de Portugués (30 prazas para todos os corpos –especialistas ou non especialistas-).
·        Intercambio, posto a posto, para 10 profesores e profesoras de Francés.
·        Intercambio-asistencia para docentes de Inglés (5 corpo Mestres e 10 de PES e EOI).
·        Curso de afondamento en técnicas de música (20 especialistas).
 
A Admón comeza indicando que se ampliou a oferta con respecto ao ano pasado en 50 prazas e que se vai mellorar a organización, procurando unha formación previa do profesorado para a súa mellor adaptación e unha avaliación final da actividade.
 
A CIG-Ensino plantexou:
·        Hai desaxustes nas ofertas dos distintos corpos. Neste sentido demandamos oferta para mestres/as especialistas en Francés. Resposta: non se convocan porque non houbo solicitudes suficientes en anos anteriores.
·        A duración dos cursos é curta (deberían ser máis longos). Resposta: a duración das estancias axústase ás que o profesorado demanda.
·        Deberiase ampliar o número de prazas se realmente se trata de apostar pola competencia do profesorado nas linguas estranxeiras.
·        En Portugués e Alemán debería haber oferta diferenciada para especialistas e non especialistas.
·        Darlle cabida na convocatoria ao profesorado interino; o requisito de 3 anos como funcionario de carreira pódese por como prioridade pero non como requisito.
·        Valoramos como positivo que se recollan os servizos prestados con anterioridade a ser funcionario ou funcionaria de carreira.
·        Que se valore a formación adxudicándolle un valor fixo a cada 10 horas de cursos de formación e non por tramos como aparece no baremo do borrador.
 
6.- AXUDAS aos MRP´s para actividades de formación
 
Desde a CIG-Ensino denunciamos que os orzamentos (cerca de 100.000€) destinados pola consellaría de Educación para repartir entre as organizacións sindicais e movementos de renovación pedagóxica para sufragar os gastos por actividades de formación son totalmente insuficientes.
 
 
 
 
 
 
 
 

Volver