Mesa Sectorial 18-12-09: Estadías formativas no estranxeiro, Licenzas por estudos, Orde "practicum" (mestrado secundaria) e Rogos e preguntas.

Mesa sectorial 18-12-09

Na mesa sectorial do venres 18-12-09 tratouse a orde de estadías formativas de idioomas no estranxeiro (Inglés, Francés, Alemán e Portugués), as Licenzas por Estudo e a orde para acreditar centros e titores para o desenvolvemento do Prácticum do Mestrado de Secundaria.
MESA SECTORIAL 18-12-09
Orde do día:
 
1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión celebrada o día 24 de novembro.
 
2.- Orde pola que se convocan actividades formativas de inglés, francés, alemán, e portugués para o ano 2010 no estranxeiro, destinadas a profesorado que imparte docencia en niveis non universitarios e se aproban as súas bases de concesión.( Ligazón ao borrador da orde)
 
3.- Orde pola que se convocan licenzas por estudos para o curso 2010-2011 destinadas a funcionarios docentes non universitarios e se aproban as súas bases de concesión. (Ligazón ao borrador da orde)
 
4.- Orde para acreditación de centros e titores do practicum do mestrado.( Ligazón borrador da orde)
 
 
2.- Orde pola que se convocan actividades formativas de inglés, francés, alemán, e portugués para o ano 2010 no estranxeiro, destinadas a profesorado que imparte docencia en niveis non universitarios e se aproban as súas bases de concesión
 
Entregan ao inicio un novo borrador con modificacións:
Artigo 4: engadiuse un apartado 4 de compromiso de promover seccións bilingües. No artigo 8: engádese o mesmo de promover sección bilingües.
 
Curso
Destinatarios
Nº total de prazas
Lugar
1.Lingua inglesa didáctica
PES especialistas
20
Reino Unido
2.Lingua inglesa didáctica
Mestres especialistas
15 (-5)
Reino Unido
3. Lingua inglesa oral
PES especialistas
20
España
4. Lingua inglesa oral
Mestres especialistas
15
España
5. Lingua inglesa
PES non especialistas
25
Reino Unido
6. Lingua inglesa
PES non especialistas
25
Reino Unido
7. Lingua inglesa
Mestres non especialistas
20 (+5)
Reino Unido
8. Lingua inglesa
Mestres non especialistas
20 (+5)
Reino Unido
9. Lingua francesa
PES/Mestres especialistas
10 (-5)
Francia
10. Lingua francesa
Mestres non especialistas
20 (-10)
Francia
11. Lingua francesa
PES non especialistas
20 (-10)
Francia
12.Lingua alemá
PES/Mestres especialistas e non especialistas
25 (+10)
Alemaña
13. Lingua portuguesa
PES/Mestres especialistas e non especialistas
25 (-5)
Portugal
TOTAL
 
260
 
 
As prazas ofertadas son as mesmas do ano pasado, con lixeiras variacións que se indican entre paréntese e unha nova distribución coa diferenciación entre lingua inglesa oral e didáctica.
 
Actividade
Destinatarios
Nª Prazas
Lugar
Datas
Integración inglés
PES especialistas
10
Irlanda
1º Trimestre curso 10/11
Integración inglés
Mestres especialistas
10
Irlanda
1º Trimestre curso 10/11
Integración francés
PES especialistas
5
Francia
1º Trimestre curso 10/11
 
No caso de integración, que substitúe os intercambios posto a posto, ofértanse dez postos máis en inglés e cinco en francés, algo que a CIG reclamara na anterior convocatoria.
 
A Administración informa de que cambiou o intercambio por estadía, porque había dificultades para encontrar profesorado para intercambio.
 
Intervención da CIG-Ensino:
 
  • Respecto das modificacións que se nos presentan neste momento, vemos con preocupación a obrigatoriedade de ter que potenciar seccións bilingües e, por tanto, a impartición de distintas materias noutras linguas. Vémolo con preocupación no ensino obrigatorio, porque pode ser unha ferramenta para afondar nas diferenzas territoriais ou nas dificultades de aprendizaxe do alumnado. A CIG criticou que respecto da orde de estadías no estranxeiro a preocupación da Consellaría sexa a de crear seccións bilingües, obrigando ao profesorado participante a que as promova no seu centro, no canto de crear as condicións axeitadas para a aprendizaxe dos idiomas. É absolutamente inaceptábel que se fale de crear seccións bilingües que, en todo caso poden redundar nas diferenzas territoriais e dar lugar a que haxa centros de primeira e de segunda, cando o que é urxente para a aprendizaxe dos idiomas é reducir as rateos e permitir desdobres que garantan unha boa aprendizaxe. Por outro lado, estamos nun país cunha lingua propia desvalorizada e desfavorecida, e non admitiremos que a impartición en linguas estranxeiras se faga a custe da presenza do noso idioma no ensino.
  • Falta a partida orzamentaria.
  • Nos requisitos de portugués só se fala de profesorado de portugués e debería recollerse profesorado de galego que imparte portugués. Aceptárono
  • Propostas de prazas: que se incremente algunha máis para especialistas de inglés e tamén algunha máis para francés.
  • Desde a CIG-Ensino demandamos que non se exclúa aos seleccionados dos 3 últimos anos. Propomos que se fagan tres bloques priorizados, un primeiro de persoas que nunca gozaron de licenza, que terían prioridade. Un segundo de profesorado que nos últimos 5 anos non foron seleccionados e un terceiro bloque dos que gozaron licenzas dentro deses cinco anos. Se non se recolle esta demanda que se incremente a puntuación do apartado 2.6. (non ter asistido a actividades desta convocatoria en anos anteriores, 3 puntos) Aceptárono, duplicarán a puntuación deste apartado.
  • Non ten sentido que os asesores aparezan como non especialistas.
  • Duración: ténsenos dito que a xente prefere este modelo, mais pensamos que se debera estender a duración.
  • Debería haber un único apartado de formación para evitar un círculo vicioso, que acaba por potenciar aos que xa participaron. Trátase de formar. Propoñemos que se recolla como estaba sen especificar linguas estranxeiras, toda a formación nun único apartado, diferenciando puntuación por impartición ou recepción.
  • As comisións deberían ser máis técnicas ou pedagóxicas. Os vogais da comisión de selección deberían ser persoas que coñezan as materias e que sexan docentes.
  • Que se recolla o requisito de coñecemento no noso idioma, Celga 4.
 
 
Administración: Auséntase o  Director Xeral co cal hai certas decisións que desde a Mesa non se atreven a tomar. Din que a Dirección  Xeral ten encargado un plan máis amplo de potenciación de idiomas para a comunidade galega e o vindeiro curso isto será un elo máis dese plan. Teñen previsto modificar a normativa das seccións bilingües.
            Sobre as dietas din que non vai haber, e que non se pagará nin a cea nin o almorzo.
 
Desde a CIG reincidimos en que se modifique a redacción respecto das seccións bilingües para que non apareza taxativamente que o profesorado participante as ten que promover no seu centro, moita xente deixará de solicitar estas prazas por ese motivo.
 
3.- Orde pola que se convocan licenzas por estudos para o curso 2010-2011 destinadas a funcionarios docentes non universitarios e se aproban as súas bases de concesión
 
Modalidades
Todos os corpos agás mestres e inspectores
Corpo de mestres
Corpo de
inspectores
Todos os
 corpos
1. Teses de doutoramento
(curso completo)
8
4
1
 
2. Primeira licenciatura, enxeñería, arquitectura ou estudos equivalentes
(curso completo)
5
25
-
 
3. Primeira diplomatura, enxeñería técnica, arquitectura técnica ou estudos equivalentes
(curso completo)
5
-
-
 
4. Segunda licenciatura, enxeñería, arquitectura ou estudos equivalentes
(cuadrimestral)
10
-
1
 
5. Proxectos
(cuadrimestral)
60
50
1
 
6. Grupos de traballo para elaboración de materiais curriculares (cuadrimestral)
 
 
 
 
6
7. Perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior
10
10
 
 
Totais
98
89
3
6
 
Administración: non hai modificacións. Recupéranse os prazos normais das solicitudes. Non hai outras modificacións.
 
Intervención da CIG: a oferta presentada é idéntica á do ano pasado, e por tanto idéntica á de 2007 tamén. O ano pasado xustificouse que se presentara exactamente a mesma convocatoria debido á premura de tempo, e manifestouse que en vindeiras convocatorias se farían modificacións na orde, especialmente no relativo á distribución das licencias, pois entendían que debía haber máis oferta de perfeccionamento de linguas estranxeiras. Porén estamos ante unha orde que reproduce o texto e a proposta de oferta, e como xa era copia de antes, desde 2007 non hai incrementos. Parécenos totalmente insuficiente, son soamente 68 licenzas anuais para un colectivo de profesores que supera as 32000 persoas, e desde a CIG reclamamos que todo o mundo poida ter acceso a unha licenza deste tipo.
A CIG denuncia que falta un tema central como é a esixencia do requisito Celga 4 e que o proxecto se presente en galego, cuestión que se retirou o ano pasado e este ano segue sen recollerse. O normal é ter a competencia en galego para acceder a unha licenza.
 
Propuxemos ademais as seguintes cuestións para ser recollidas na orde:
  • Que as modalidades cuatrimestrais se convirtan en anuais.
  • Nos proxectos, todos os que participan deben ter licenza.
  • Considerando a necesidade de que haxa máis licenzas de duración anual propoñemos: 10 licenzas máis para teses, en proxectos 20 máis para PES e 15 para Mestres, serían licenzas anuais, e así se satisfarían dúas demandas: licenzas anuais e máis licenzas.
  • Entendendo que ser funcionario de carreira pode ser unha prioridade, o requisito de 3 anos como funcionario de carreira pódese pór como prioridade, mais non como requisito, para darlle cabida a máis profesorado e quedar así cubertas as prazas que poidan quedar vacantes.
  • Parécenos inexplicábel que non se aproveiten estas licenzas para galeguizar o ensino. Así, nas licenzas para  teses debe recollerse mellorar a calidade do ensino ou a galeguización do ensino. Tamén na modalidade 5 a creación de materiais para galeguizar o ensino e a elaboración do proxecto lingüístico. Deberían contemplarse licenzas para a elaboración de materiais curriculares encamiñados ao cumprimento do decreto de normalización lingüística, sobre todo en ensinanzas onde hai pouco ou ningún material (sobre todo Conservatorios, Artes Plásticas ou FP).
  • Que se recolla a 2º diplomatura para o corpo de mestres e a adquisición doutra especialidade, cunha duración anual ademais de cuadrimestral. Tamén a segunda licenciatura para aqueles mestres que accederon con título de licenciado.
  • Os vogais da comisión de selección deben ser persoas que coñezan as materias e que sexan docentes, máis técnicos e menos administrativos. Ademais, ás veces fanse subcomisións e soamente está recoñecida a presenza dunha persoa por organización sindical, iso terá que ser revisado e debemos poder estar en cada subcomisión.
  • Estando de acordo con que non se poida solicitar unha segunda licenza até transcorridos 8 anos, entendemos que sería mellor dar preferencia ao profesorado que non obtivo nunca licenza.
  • Hai colectivos de profesorado para os que habería que recoller a través destas licenzas a posiblidade de obter unha nova titulación para poder presentarse aos procedementos selectivos. Estamos a falar de profesorado interino, por exemplo, que hoxe non ten saída coa súa titulación.
  • Preocúpanos o proxecto, non debera ser eliminatorio. Ademais, debera explicitarse mellor como se elabora o proxecto, na Orde non se entende ben.
  • Que se elimine o informe de inspección.
  • Baremo: mellorouse, mais hai algunha cuestión descompensada como as puntuacións por licenciatura e doutoramento que deberían aproximarse.
  • Reclamamos que se manteña a relación provisional de concesións de licenzas. Responden que será unha columna máis na publicación das puntuacións dos participantes.
 
En Primaria quedan prazas de proxectos sen cubrir e, para a CIG, a razón é que non son proxectos anuais e só leva licenza o coordinador. Modifíquese isto para que haxa un número maior de solicitudes e reclamamos que non se use como pretexto a baixa demanda para eliminar esta modalidade.
 
A Administración aceptaque se explique mellor como se debe elaborar o proxeto e indica que o que se pide é que presente unha síntese do que vai facer o profesorado neses catro meses.
 
Desde a CIG insistimos en:  eliminar a valoración de inspección, en que o número de prazas é conservador. Celga 4: debería haber un apartado exclusivo para galeguización do ensino, porque é absolutamente necesario. Preocúpanos que queden licenzas sen cubrir, débense acumular, etc. Ten que haber dous bloques, os que non tiveron nunca licenza e os que si a obtiveron, con iso teríamos máis posibilidades.
 
Mira Lema xustifica o incumprimento do manifestado o curso anterior sobre que este ano se incrementaría e reformularía a oferta, en base a que é todo un logro que haxa convocatoria e comeza a disertar sobre se a formación está tendo rendibilidade, é dicir, se o profesorado aproveita ou non a dormación que fai en beneficio do alumnado. Repite varias veces que habería que avalialo porque di que hai proxectos que non merecen a pena. Chega a dicir que na actual situación económica non debería haber oferta de licenzas por estudos. Contra a nosa reclamación de eliminar o informe de inspección di que a inspección debe ter un papel e que saben o que fai o profesorado e sobre a demanda de manter o requisito de coñecemento do noso idioma chega dicir: “Que aporta o celga 4?” 


4.- Orde para acreditación de centros e titores do practicum do mestrado
 
O Consellaría introduce o punto cunha longa disertación para xustificar a demora e a simplicidade da orde, que con este atraso a orde vai ter carácter e unha duración menor cá que lle corresponde provisorio (só para este curso 2009-2010).                        
            Xustifica tamén que a Universidade debe ser a que identifique os centros que sexan máis interesantes para iso. Insiste en que a universidade é a responsábel do master, que lle cobra aos alumnos, por iso debe ser a universidade a que acorde co profesorado as mellores condicións posíbeis. A súa intención é publicar a orde o antes posíbel.
 
CIG: hai un mes que nos puxemos en contacto coa Consellaría porque esta orde vai con retraso. Os centros e o profesorado dependen da Consellaría, por iso quen debe ter a potestade dos centros que se adscriben debe ser a Consellaría, somos traballadores da Consellaría, a partir de aí ten que haber un convenio, obviamente. Estamos en desacordo con que a potestade sexa da Universidade.
  • Parécenos un número insuficiente de prazas.
  • A Consellaría debe actuar, estamos a falar de formación inicial do profesorado e  a Universidade depende dos orzamentos da Consellaría de Educación.
  • É inaceptábel que se poida facer o practicum en centros privados: é unha aberración que para unha titulación do ensino público unha parte da formación sexa avaliada nunha empresa privada.
  • A respeito dos titores: ten que ser voluntario, de haber máis candidatos ca prazas, establecer criterios de desempate, e estes criterios debe establecelos a Consellaría.
  • Non estamos de acordo con que se poida ser titor de 3 alumnos, o lóxico é que sexa un titor por alumno.
  • O profesorado titor debe ter unha redución horaria de tres horas por alumno.
  • Estas titorías deben equivaler a 50 horas de formación e o profesorado que se acolla debe recibir formación, dentro do horario lectivo.
  • Respecto do/a coordinador/a igual, se hai máis voluntarios que prazas debe elixilo/a o claustro.
  • Non nos parece axeitado que se prime economicamente.
  • Centros colaboradores: deben poder selo todos os centros que o queiran voluntariamente, e establecer criterios para desempatar se hai máis centros dos necesarios.
  • Prazos: van coincidir coas vacacións? Se é así, cando van facer o claustro?.
  • O texto da orde ten unha linguaxe sumamente sexista.
 
Que a Consellaría non se responsabilice directamente destas cuestións para nós é unha eiva.
 
O director Xeral de Educación, Mira Lema, insiste en que non é un mestrado que convoque a Consellaría de Educación, a consellaría só colabora. Sobre os centros concertados é unha rede que está colaborando coa escolarización, non entende moi ben a nosa posición. Van publicar a orde o antes posíbel.
 
CIG: se a Orde vai ser publicada con carácter inmediato, establece 15 días de prazo e iso podería coincidir co Nadal, cando sería o claustro? (Responden moi ambiguamente que non haberá ese problema) . Non hai nada que impida que os titores e os centros sexan regulados pola propia Consellaría,  e a Universidade, segundo a nosa información, propuxo que fose a Consellaría a que regulase os centros e os titores, por tanto non estades trasladando a mesma información. Para a CIG quen debe establecer os criterios para a elección dos titores, etc, debe ser a Consellaría, porque o profesorado é traballador da Consellaría, non da Universidade, e os centros dependen da Consellaría. Coa proposta da Adminsitración até se pode dar a circunstancia de que as condicións dos titores na Coruña ou Pontevedra sexan diferentes.
 
5.- Rogos e preguntas:
 
CIG:
·         Vacantes concurso traslados: que se inste ás Delegacións a que fagan as reunións necesarias e a que haxa unha negociación real. Ademais que se faga unha oferta mellor e máis ampla, por exemplo no caso de PES de Música, para poder colocar os funcionarios galegos, sen que as prazas que eles poden ocupar sexan ocupadas por profesorado que procede do resto do estado no concurso de ámbito estatal.
·         Retirada da circular 5/2009:  que se abran negociacións sobre as EOI. Despois de tantos meses e mobilizacións a Consellaría debería ser receptiva. Denunciamos que se está obrigando ao profesorado á realización das probas de certificación mesmo con coaccións, cando son voluntarias.
·         Reafirmámonos no mantemento e cumprimento do decreto 124 e como están saíndo informacións sobre ese novo borrador preguntamos se se sabe cando se vai presentar, agardamos que non sexa en período vacacional.
·         Avaliación de diagnóstico: non foi anónima, aparecía o nome do alumno ao lado da clave, había probas sen solución, houbo centros que a prepararon, a proba escrita podía ser en galego ou castelán co que ao final non se estaba a avaliar a competencia lingüística.
·         Oferta de emprego 2010. O Conselleiro fixo unhas declaracións nos medios mais as organizacións sindicais non temos ningunha información. Como vai ser esa oferta?
·         Calendario de negociacións: imos cara a un novo trimestre e non temos un calendario de negociacións.
·         Currículo de ensinanzas artísticas superiores: leva moito retraso.
·         Demandamos un Concurso de traslados especifico para os centros de educación especial e o complemento de perigosidade
·         Simboloxía relixiosa e nomes franquistas: quereríamos saber se a Administración ten datos de en que centros se está a cumprir a lexislación.
 
Respostas do Director Xeral de Educación:
 
·         Circular 5/2009: “como se vai retirar se se está aplicando? Todo o mundo ten horario, se non o ten definitivo é porque non ten o horario completo. Non estamos falando en serio (as organizacións sindicais). Probas de certificación: formáronse persoas para facelas e se se fixo unha inversión non se está ameazando a ninguén, é un depósito feito”.
·         Borrador do Decreto galego: antes do 22 non se vai traer á mesa, esperemos que se traia o antes posíbel.
·         Avaliación diagnóstico: é a primeira vez que se fai, é posíbel que por ser a primeira vez que haxa situacións moi mellorábeis, agradece as achegas porque hai que melloralo.
·         ROC (regulamento orgánico de centros): estase a traballar nalgúns, nos de réxime especial, ensinanzas artísticas, eois, …
 
Resposta do Subdirector Xeral de Persoal:
·         OPE 2010 (oferta pública de emprego): estase a traballar, cando estea o estudo rematado traerase á mesa sectorial.
·          Vacantes do concurso de traslados: as que non saian este ano non teñen por que saír o ano que vén. Están traballando nelas. En canto ás prazas non negociadas de Pontevedra non teñen coñecemento, que podemos entregarllas á Consellaría.


Volver