enteira

Máis de 4.500 profesores e profesoras técnicos de FP en Galiza pendentes da integración no corpo de secundaria prevista na LOMLOE

Unha vez que xa está aprobado o proxecto de Lei no Congreso e, previo paso polo Senado, prevese que entre en vigor na primeira parte do próximo ano.

A CIG-Ensino está de acordo cun proceso de integración que non deixe ninguén atrás, dentro da aspiración de acadar un corpo único docente, e critica que na redacción que se prevé aprobar se limite a integración no corpo de PES (Profesorado de Educación Secundaria) a quen posúa a titulación no momento de entrada en vigor, o que supón unha limitación inxustificábel. A situación do profesorado interino tamén centra a preocupación do sindicato maioritario en Galiza.

No texto da LOMLOE aprobado no Congreso  e que seguirá os trámites para ser debatido e aprobado no Senado, algo que se prevé que non suceda antes de febreiro de 2021, hai novidades importantes ao respecto da integración do profesorado do corpo de PTFP no corpo de PES. Un colectivo que en Galiza agrupa, segundo datos dos Orzamentos Xerais da Xunta para 2020, a 4.524 persoas, das cales tiveron adxudicación como interinas a comezos deste curso 769.

 

Na Mesa Sectorial do Ministerio de Educación do 11 de novembro a CIG-Ensino consultoulle aos máximos responsábeis do MEFP que previsións tiñan sobre a aprobación deste texto e se tiñan xa en mente como afectaría a todo o profesorado, tanto a quen ten titulación como, especialmente a que non a ten. Non houbo resposta coa escusa de que todo o relacionado coa LOMLOE está agora mesmo en trámite parlamentario e son os diferentes grupos políticos os que negocian o redactado final e non o Ministerio. 

En todo caso, estamos diante dunha vella demanda do PTFP que a CIG-Ensino comparte dentro da defensa que o sindicato fixo historicamente dun CORPO ÚNICO DOCENTE. De feito esta foi unha das propostas que defendemos na negociación da LOMLOE.  Con todo, e á vista de como queda a redacción desta integración, hai unha serie de cuestións que como sindicato nos preocupan e alertan e nas que faremos fincapé, tanto no seguimento da  fase final de negociación no ámbito do Congreso como no desenvolvemento das normas que regulen o proceso de integración. 

A SITUACIÓN DO FUNCIONARIADO DE CARREIRA DO CORPO DE PTFP 

  • Sobre quen ten titulación de Grao ou equivalente. Tendo en conta as propias limitacións legais para acceder a un corpo do grupo A1 ao respecto da titulación esixida, a cuestión fundamental para o funcionariado de carreira sería o acceso ao corpo de PES. A posición de entrada da CIG-Ensino é que non se pode exixir a realización de ningunha proba para materializar esta integración, ao estarmos a falar de funcionariado de carreira, e que o acceso ten que ser automático no caso de ter titulación. 
  • Sobre que non cumpre o requisito de titulación á entrada en vigor da Lei. A CIG-Ensino considera que se debe arbitrar un sistema transitorio para quen obteña a titulación a posteriori, en contra do que di a redacción actual da proposta, posibilitando que todas aquelas persoas que obteñan a titulación despois da entrada en vigor da Lei poidan acceder no seu momento ao corpo de PES.

A SITUACIÓN DO PERSOAL INTERINO DO CORPO DE PTFP 

Sobre quen ten titulación de Grao ou equivalente. A CIG-Ensino tamén amosa a súa preocupación pola situación do profesorado interino do corpo de PTFP con titulación de acceso a PES. Desde o punto de vista do sindicato non se pode tomar ningunha decisión que discrimine a este colectivo. Temos claro que o persoal interino, no caso de se aprobar a Lei coa redacción actual, debe ser integrado nas mesmas condicións nas listas da súa correspondente especialidade de PES se ten a titulación requirida e quedar “a extinguir” se non a ten, coas mesmas condicións que o funcionariado de carreira. 

Sobre que non cumpre o requisito de titulación á entrada en vigor da Lei. Tamén é motivo especial de alerta todo o relacionado co profesorado interino do corpo de PTFP sen titulación de Grao ou equivalente. Neste caso atoparíanse dous diferentes colectivos: 

  • Persoal interino con titulación de TSFP. Na redacción da LOMLOE aparece, por un lado, unha referencia á contratación de docentes con titulación de Técnico ou Técnica Superior de FP[1] coa que estamos en total desacordo ao considerar a contratación deste profesorado como "especialista con contrato laboral, xa que iso implica introducir un diferente réxime de contratación no sistema educativo, que ten como única vía a relación funcionarial (coa excepción do profesorado de relixión confesional) e que nese caso se perdería. Para estabelecer unha comparación, a día de hoxe hai profesorado especialista nalgunha lista que se abriu no seu día para superar as limitacións das especialidades docentes (por exemplo Interpretación de Signos) con funcionariado interino con contrato administrativo como o resto do profesorado. 
  • Na disposición adicional na que se indican as titulacións requiridas para o ingreso en cada corpo mantense a posibilidade de regular excepcións nos corpos de PES e artes plásticas. O texto actual da LOE, de similares características, é o que permite que, por exemplo, se poida ingresar no actual corpo de PTFP cun título de Técnico Superior de FP. A incerteza, en todo caso, aparece agora coa extinción do corpo de PTFP e sobre se, unha vez aprobada a LOMLOE, se permitirá o ingreso no corpo de PES nas mesmas condicións nas especialidades nas que actualmente se pode ingresar cun TSFP, xa que de non se facer así poríase en risco o futuro laboral de moito profesorado. Para a CIG-Ensino a tranquilidade para este colectivo garantiríase incluíndo na disposición que as actuais especialidades nas que se pode acceder con esa titulación o poderán seguir facendo. Ademais, cremos que o Goberno debería despexar calquera dúbida que poida darse sobre as actuais titulacións de diplomaturas ou enxeñarías técnicas para o acceso ás especialidades de PES unha vez formalizada a extinción do corpo de PTFP. Neste caso, xa existen actualmente numerosas especialidades do corpo de PES ás que se pode ingresar con estas titulacións polo que entendemos que non debe existir ningún impedimento). Por tanto, a CIG-Ensino defende que as titulacións actualmente equivalentes a efectos de docencia se manteñan tras a extinción do corpo de PTFP, evitando que ninguén quede atrás. 

A LOMLOE tal e como está redactada neste momento pode provocar problemas importantes. A CIG-Ensino considera que debe ser no trámite parlamentario que resta onde se deben corrixir e deixar aberta a posibilidade para que na futura reforma do ingreso na función pública docente se arbitren alternativas na liña do que indica a CIG-Ensino, ao tempo que non se poñan limitacións ás CC.AA. para que poida seguir contratando a este profesorado nas mesmas condicións que na actualidade.

Articulado relacionado (texto LOMLOE aprobado na Comisión de Educación do Congreso o 13/11/2020): 

Setenta y nueve bis (nuevo). Se modifican la letra c) y los dos últimos párrafos del apartado 1 de la disposición adicional séptima, que quedan redactados en los siguientes términos:

c) El cuerpo a extinguir de profesores técnicos de formación profesional, que desempeñará sus funciones en la formación profesional y, excepcionalmente, en las condiciones que se establezcan, en la educación secundaria obligatoria.”

(...)

El Gobierno, previa consulta a las Comunidades Autónomas, podrá establecer las condiciones y los requisitos para que los funcionarios pertenecientes a alguno de los cuerpos docentes recogidos en el apartado anterior puedan excepcionalmente desempeñar funciones en una etapa o, en su caso, enseñanzas distintas de las asignadas a su cuerpo con carácter general. Para tal desempeño se determinará la titulación, formación o experiencia que se consideren necesarias. En todo caso se considerará a estos efectos al profesorado de los centros que impartan conjuntamente enseñanzas de educación primaria y educación secundaria.

Los cuerpos y escalas declarados a extinguir por la presente ley, así como por normas anteriores a la Ley Orgánica 1/1990, de 3 de octubre, de Ordenación General del Sistema Educativo, se regirán por lo establecido en aquellas disposiciones, siéndoles de aplicación lo señalado a efectos de movilidad en la disposición adicional duodécima de esta Ley.” 

"Artículo 95. Profesorado de formación profesional.

  1. Para impartir enseñanzas de formación profesional se exigirán los mismos requisitos de titulación y formación establecidos en el artículo anterior para la educación secundaria obligatoria y el bachillerato.
  2. Las administraciones educativas podrán, con carácter excepcional, atribuir docencia en el ámbito de la formación profesional, cuando así se requiera, como profesores especialistas a quienes estén en posesión de una titulación Técnico o Técnica de Formación Profesional, Técnico o Técnica Superior de Formación Profesional, Técnico o Técnica Auxiliar o Técnico o Técnica Especialista de Formación Profesional y, en su caso, de otras titulaciones asociadas a la familia profesional.

Asimismo, y con el mismo carácter, se podrá atribuir docencia en el ámbito de la formación profesional a profesionales del sector productivo asociado al título o curso correspondiente.

  1. El Gobierno regulará reglamentariamente las condiciones de acceso y desempeño de las funciones docentes del profesorado especialista que prestará sus servicios en régimen de contratación laboral.
  2. El Ministerio de Educación y Formación Profesional determinará reglamentariamente los requisitos específicos y condiciones para el desempeño de actividades docentes de los profesores especialistas.”

Disposición adicional novena. Requisitos para el ingreso en los cuerpos de funcionarios docentes.

  1. Para el ingreso en el cuerpo de profesores de enseñanza secundaria en el caso de materias o áreas de especial relevancia para la formación profesional, para el ingreso en el cuerpo de profesores de artes plásticas y diseño en el caso de materias de especial relevancia para la formación específica artístico-plástica y diseño, así como para el ingreso en el cuerpo de maestros de taller en el caso de determinadas áreas o materias, el Gobierno, previa consulta a las Comunidades Autónomas podrá determinar, a efectos de docencia, la equivalencia de otras titulaciones distintas a las exigidas en esta disposición adicional. En el caso de que el ingreso sea al cuerpo de maestros de taller, podrá exigirse, además una experiencia profesional en un campo laboral relacionado con la materia o área a las que se aspire."

Disposición adicional undécima. Profesorado del Cuerpo a extinguir de Profesores Técnicos de Formación Profesional.

  1. Se integran en el cuerpo de profesores de enseñanza secundaria las especialidades de formación profesional incluidas en el cuerpo a extinguir de profesores técnicos de formación profesional, manteniendo la atribución docente reconocida por la normativa vigente.
  2. El Gobierno, de acuerdo con las administraciones educativas, establecerá el procedimiento para el ingreso en este cuerpo, así como para el acceso al mismo del profesorado técnico de formación profesional que estuviera en posesión en la fecha de entrada en vigor de esta Ley Orgánica de la titulación de grado universitario, o equivalente a efectos de acceso a la función pública, en las condiciones que se determinen.
  3. Los funcionarios de carrera del cuerpo de profesores técnicos de formación profesional que, por no reunir los requisitos de titulación exigidos en la fecha de entrada en vigor de esta Ley, no puedan acceder al cuerpo de profesores de enseñanza secundaria, permanecerán en el cuerpo a extinguir de profesores técnicos de formación profesional. Estos profesores mantendrán su especialidad y la atribución docente reconocida por la normativa vigente.
CIG-Informa sobre a integración do profesorado técnico de FP no corpo de PES

Documento


Volver