Logo de ano e medio de paralización, retómanse as negociacións do I Convenio Colectivo Estatal de Centros de Protección e Reforma

I Convenio Estatal de Centros de Protección e Reforma

Desde CIG-Ensino manifestamos a nosa sorpresa e malestar polo proceso negociador, non só por unha paralización durante un tempo tan prolongado, senón tamén, e tal como figuraba nesa última acta aprobada, pola pouca formalidade das anteriores convocatorias. Estamos dispostos a retomar as negociacións. É certo que na Plataforma da que se fala xa hai moitos puntos aceptados (aprobados, como figuran na mesma), pero tamén é certo que os puntos que quedan son xustamente os máis importantes e nos que está máis difícil chegar a acordo coas posturas que se transmiten: falta todo o tema salarial, o da xornada laboral, a subrogación, cláusula de descolgue, etc. Sen descartar que haxa un convenio de referencia estatal, nós apostamos pola negociación no ámbito autonómico, dado que estamos a falar de centros subvencionados polas Administracións Autonómicas. Así pois, calquera acordo ao que se queira ou poida chegar, vai estar condicionado polos recursos que aporten estas Administracións. Deixamos constancia disto para que se teña en consideración e todos/as, patronais e sindicatos, fagan un chamamento ás súas organizacións nos distintos territorios, no noso caso en Galiza, para poñernos dacordo na demanda dos recursos necesarios para que non se vexa deteriorado un servizo social tan importante e, obviamente, para mellorar as condicións de traballo do persoal que o presta.
Logo de ano e medio de paralización, retómanse as negociacións do I convenio Colectivo Estatal de Centros de Protección e Reforma

Por parte das patronais había dúas posturas diferentes:
Por unha banda AEEISSS que plantexa que, de retomar as negociacións, a representación patronal non se correspondería coa que hai neste intre (entendemos que por iso a presenza na mesa desa nova patronal). Tamén cuestionan a procedencia de negociar este Convenio, toda vez que eles apostan por intentar negociar de novo un convenio marco que abarque todas as actividades destes centros e que sería o de Acción e Intervención Social, aínda que entende que dito convenio crea problemas internos nas propias organizacións que o negocian.
As outras patronais, sen descartar que no futuro se chegue a ese acordo de Convenio de Acción e Intervención Social e que sería o desexable, están desencantados co resultado actual (un convenio botado abaixo por sentenza) e, dados os problemas que se están atopando xa comentados, vén difícil que se poida abordar de xeito satisfactorio unha nova negociación. Nese senso, parécelles ben retomar esta negociación sectorial e aproveitar o traballo xa realizado, afrontando os temas pendentes. Incluso venno favorable de cara ás negociacións posteriores coas correspondentes Administracións. Pero tamén observan que a plataforma non se modificou desde a última reunión e, dada a coxuntura económica actual, deberiamos achegar un pouco as posturas pola parte sindical se realmente queremos chegar a acordo.
 
Desde a CIG-Ensino non cuestionamos a posibilidade dese Convenio de Acción e Intervención Social. Estamos como CIG nesta negociación e como CIG estaremos tamén nesa outra. Mais, independentemente do que poida ocurrir no futuro, é decir, se vai adiante ese convenio non habería problema en adherirse a el, se somos capaces de sacar algún acordo neste sector tampouco o veriamos negativo.
 
Logo dun receso no que se reuniron as patronais, acordouse seguir negociando este convenio e marcar un calendario que comezará o vindeiro luns, día 21 de decembro. En dita reunión trataranse todos os temas pendente de acordo desa Plataforma, agás o salarial e o referente á xornada, que se discutirán con máis tempo logo das vacacións. Cada organización trasladará a súa proposta por escrito antes desa reunión.

I Convenio de Reforma Xuvenil e Protección de Menores (actualizado a 04-01-08)

Volver