Licenzas por formación para o curso 2023-24

Seguimento da convocatoria de licenzas por formación (antes denominadas por estudos)

Resolución provisional

Resolución. Ligazón
Anexo. Ligazón
Prazo de reclamacións: do 21 de xullo ao 4 de agosto

Convocatoria

Convocadas as licenzas por formación para o curso 2023/2024 destinadas ao funcionariado docente non universitario. Ligazón

Prazo de participación

Ata o 27 de xuño de 2023 (incluído) na web de Fprofe.

Destinatarias

Persoal docente que pertenza aos corpos que imparten as ensinanzas establecidas na LOE, destinado no período indicado en centros educativos públicos dependentes da consellería, de acordo coa seguinte prelación:

  • MODALIDADES INDIVIDUAIS

a) Persoal docente funcionario de carreira que non gozou de licenza por formación nas dúas últimas convocatorias (2020/21 e 2021/22) .

b) Persoal docente funcionario de carreira que gozou de licenza por formación nas dúas últimas convocatorias (2020/21 e 2021/22) .

c) Persoal docente interino.

  • MODALIDADES DE GRUPO

Con carácter xeral estarán conformados por persoal funcionario de carreira ou con non máis do 50% dos seus compoñentes persoal docente interino, aplicarase a seguinte orde de prelación:

1º.- Todos eles sen licenza nas dúas últimas convocatorias (2020/21 e 2021/22).

2º.- Algún sen licenza nas dúas últimas convocatorias (2020/21 e 2021/22).

3º.- Todos eles con licenza nas dúas últimas convocatorias 2020/21 e 2021/22).

Requisitos

As persoas candidatas á licenza por formación deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Persoal docente funcionario de carreira.

1. Estaren en situación de servizo activo e prestando servizos ininterrompidos durante os cursos 2021/21 e 2022/23, e no 2023/24 seguiren tendo destino e exercendo docencia directa con alumnado en centros docentes educativos dependentes da consellería.

2. Non teren destino en comisión de servizos durante o curso 2023/24, agás o profesorado destinado en centros de ensinanzas artísticas superiores, o persoal das escolas oficiais de idiomas e o que estea a gozar dunha comisión de servizos por conciliación da vida familiar e laboral ou por motivos de saúde.

3. Cando as persoas participantes fosen beneficiarias dunha licenza por formación nalgunha das tres últimas convocatorias, a obtención da cualificación de apto no traballo desenvolvido será condición indispensable para a obtención dunha licenza nesta convocatoria.

b) Persoal docente funcionario en prácticas

Poderá solicitar unha licenza por formación en todo caso, pero non poderá gozar dela no período efectivo das prácticas.

c) Persoal docente interino.

Para estes efectos entenderase como profesorado interino unicamente aquelas persoas que teñan nomeamento como tal ata o remate do curso académico correspondente.

Modalidades.

Convócanse 3 modalidades de licenzas por formación, todas elas retribuídas, por un período total de 500 meses, de acordo coa seguinte temática e distribución:

Modalidade 1. Proxectos para a elaboración ou actualización de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, ESO, bacharelato, FP e ensinanzas de réxime especial.

1.a. Proxectos individuais

Meses convocados: 130

Duración: 3 meses

1.b. Grupos de traballo de dous ou tres membros

Meses convocados: 170

Duración: dun a tres meses

Modalidade 2. Proxectos individuais ou en grupos de traballo de dous ou tres membros para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado dentro do modelo competencial da Rede de Formación e do marco da Competencia Dixital Docente.

Meses convocados: 130

Duración: dun a tres meses

Temáticas preferentes

Modalidade 3. Proxectos individuais para a creación de materiais curriculares dixitais para os cursos de especialización das ensinanzas de FP.

Meses convocados: 70

Duración: mes e medio (entre o 15 de setembro e o 31 de outubro de 2023)

Volver