Instrucións da inspección para a aplicación do acordo sobre cadros de persoal e xornada de traballo

Acordo do 8 de xuño

Reproducimos o texto das instrucións que enviou a inspección aos centros para aplicación do acordo do 8 de xuño logo de que a CIG-Ensino instara á Consellaría a enviar normas sobre a súa execución.

Texto das instrucións da inspección para o cumprimento do acordo do 8 de xuño sobre cadros de persoal e xornada de traballo en Infantil e Primaria

INSTRUCIÓNS

1. Con data 8 de xuño de 2007 as organizacións sindicais asinaron coa Sra. Conselleira de Educación un novo acordo sobre os cadros de persoal dos centros e a xornada de traballo.

2. A Orde do 17 de xullo de 2007 (DOG do 24), regulou a percepción da compoñente singular do complemento específico por función titorial e outras funcións docentes.

Toda esta normativa posibilita:
A. Incremento dos cadros de persoal dos centros.  
A Orde do 6 de xullo de 2007 (DOG do 26), estableceu o número de unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes da Consellería de Educación e O.U. nos niveis de educación infantil, primaria e educación especial. Aínda así, tal e como se contempla no artigo cuarto, a súa aplicación será gradual durante os cursos 2007/08 e 2008/09 e DEBERÁ ESTAR VIXENTE NA SÚA TOTALIDADE NO INICIO DO CURSO 2009/10. 
B. Unha nova xornada de traballo que se distribúe do seguinte xeito:
a. Horas lectivas : 21 horas semanais
Inclúe as horas de docencia directa co alumnado e as horas de garda.
Tamén se consideran lectivas as horas de reducións establecidas para o desempeño dos órganos unipersoais de goberno, xefaturas de departamento, coordinación de ciclo, coordinación do equipo de normalización lingüística, e as que, de ser o caso, estean establecidas ou se establezan.
Co fin de aproveitar ao máximo os recursos humanos deberíanse seguir os seguintes criterios:
  • Todo o profesorado deberá completar, na medida do posible, 21 horas lectivas.  
  • Se un profesor/a non ten o seu horario lectivo completo da especialidade á que está adscrito ou doutras para as que estea habilitado, poderá completalo realizando, dentro do horario lectivo ordinario do alumnado, algunha das seguintes actividades: Reforzos educativo, atención á diversidade, desdobramentos (nas materias de lingua galega, lingua castelá, lingua estranxeira ou matemáticas), atención específica de apoio ao alumnado estranxeiro e minorías étnicas e apoio á educación infantil
b. Horas complementarias fixas: 4 horas semanais
Estas horas teñen carácter fixo nos horarios e teñen, a efectos de asistencia do profesorado, a mesma consideración que as horas lectivas. Deben realizarse do seguinte xeito:
  • Dúas horas dedicaranse, preferentemente, á DINAMIZACIÓN das novas tecnoloxías, biblioteca, convivencia escolar, normalización lingüística, mellora da calidade educativa, programas internacionais, apoio á xestión económica do centro ou outras actividades de carácter análogo que redunden na calidade do ensino, no marco que se estableza no proxecto educativo e na programación xeral anual do centro. (Ver artº 6 da Orde do 17 de xullo de 2007 antes citada)
  • As dúas restantes deben fixarse, con carácter xeral, fóra das 25 horas do horario lectivo do alumnado para posibilitar:
    • A titoría dos pais/nais
    • As reunións, no seu caso, dos equipos de ciclo e outros órganos de coordinación (Comisión de coordinación Pedagóxica, Equipo de N. Lingüística e Equipo de Actividades complementarias e extraescolares).
(No caso dos centros que teñen autorizada a xornada lectiva en sesión única estas dúas horas seguirán realizándose o martes pola tarde, tal e como figura nos proxectos pedagóxicos correspondentes)
EN CONSECUENCIA:
        As horas lectivas e as horas complementarias fixas deben sumar sempre 25 horas. Xa que logo, se un mestre/a ten menos de 21 horas lectivas deberanse incrementar as horas complementarias fixas ata 25 horas.
  • Exemplo: Un mestre/a ten o seguinte horario:

       →Horas lectivas: 18
       →Gardas: 2
       →Horas complementarias fixas: 5

      (TOTAL: 25 HORAS)
  •  Todo mestre/a ten que estar presente no centro: 
    •  25 horas semanais
 (No exemplo anterior o mestre/a debería permanecer no centro:
            →18 horas de clase
            →2 horas de garda
           →5 horas complementarias fixas (Destas cinco dúas deberán fixarse, con carácter xeral, en horas que  NON coincidan coas 25 do alumnado.
TOTAL PERMANENCIA: 25 HORAS )
c. Horas complementarias non fixas: 5 horas semanais
Estas horas son de cómputo mensual e non teñen carácter fixo. Poden dedicarse, entre outros asuntos, aos seguintes:
     →Reunións de Claustro
     →Reunións de Consello Escolar
     →Xuntas de Avaliación
    →Proxectos de formación: formación en centro, seminarios permanentes, grupos de traballo, cursos, etc.
      →Horas de vixilancia das actividades complementarias que os mestres/as dos centros que teñen autorizada a xornada lectiva   en  sesión única realizan en horario de tarde.
      Etc.
      (A asistencia ás reunión dos órganos colexiados e ás xuntas de avaliación son obrigatorias e teñen, a efectos de faltas do profesorado, os mesmos efectos que as horas lectivas ou as complementarias fixas).
EN RESUMO: O horario de dedicación do profesorado a actividades no centro será de 30 horas semanais que se reparten así:
          ►25 de carácter fixo 
          ►21 lectivas
          ►4 complementarias fixas
          ►5 de carácter non fixo e de cómputo mensual.
NOTA MOI IMPORTANTE: O HORARIO FIXO DE PERMANENCIA SEMANAL (25 HORAS) SERÁ DE APLICACIÓN XA NESTE CURSO 2007/08, PERO A REDUCIÓN DO HORARIO LECTIVO (DE 25 A 21 HORAS) FARASE DE FORMA PROGRESIVA A MEDIDA QUE A DOTACIÓN DE PERSOAL O PERMITA. Xa que logo, durante o presente curso, de ser necesario, calquera mestre/a pode impartir máis das 21 horas lectivas. En calquera caso a redución deberá ser efectiva na súa totalidade ao comezo do curso 2009/10.
3. O R.D. 806/06, do 30 de xuño (BOE do 14 de xullo), polo que se establece o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, establecido pola LOE (Lei Orgánica 2/2006), de 3 de maio, de Educación), establece no seu artigo 5º, que no curso académico 2007/08 implantarase as ensinanzas correspondentes aos cursos 1º e 2º da Ed. Primaria establecido na LOE e deixará de impartirse as ensinanzas correspondentes aos cursos 1º e 2º de Ed. Primaria regulada pola da LOXSE (Lei Orgánica 1/90). En consecuencia para o curso que agora se inicia dáse a seguinte situación:
a. O currículo que se deberá aplicar no primeiro ciclo de primaria é o establecido polo Decreto 130/07, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da Ed. Primaria na nosa comunidade autónoma ( DOG do 9 xullo) As materias a impartir e as horas que corresponden a cada unha delas son as establecidas no ANEXO III do citado Decreto e que, de seguido se reproducen: 
                                MATERIAS
 1º curso
   2º curso
Lingua Castelá e Literatura
 4
 4
Lingua Galega e Literatura
 4
 4
Lingua Estranxeira
 2
 2
Educación Artística
 2
 2
Educación Física
 2
 2
Matemáticas
 5
 5
Coñecemento do Medio
 5
 4
Relixión
 1
 2
                                                     TOTAL
25
25
    1. No segundo e o terceiro ciclo da Ed. Primaria deberán impartise as materias fixadas no D. 245/92 polo que se establece o currículo da Ed.Primaria fixado na LOXSE (DOG 14 de Agosto) respectando as distribución horaria establecida no artigo 8º, B do citado Decreto, e que, de seguido se relaciona: (Nestes dous ciclos non hai cambio algún respecto ao curso pasado). 
                                MATERIAS
 2º ciclo
3º ciclo
Lingua Castelá e Literatura
 4
 4
Lingua Galega e Literatura
 4
 4
Lingua Estranxeira
 3
 3
Educación Artística
 2
 2
Educación Física
 2
 2
Matemáticas
 4
 4
Coñecemento do Medio
 4,5
 4,5
Relixión
 1,5
 1,5
                                                     TOTAL
 25
 25
Calquera dúbida en relación con estas Instruccións ou coa normativa vixente, e de maneira particular a que fai referencia á implantación da L.O.E, pode ser consultada neste servizo de inspección educativa.

Volver