Informacións da mesa sectorial do 1 de abril 2011

Licenzas por estudo, compensación gastos accidentes, regulación do practicum e currículo de vela

Nesta mesa tratáronse os seguintes temas: Proxecto de decreto polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo en vela con aparello fixo e técnico deportivo en vela con aparello libre, Orde pola que se establece o procedemento para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do Prácticum correspondente ao Máster en profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, na CAG, a Orde pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2011 e as Licenzas por estudos curso 2011/2012.

1 Proxecto de decreto polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo en vela con aparello fixo e técnico deportivo en vela con aparello libre

Propostas da CIG Ensino: Estas ensinanzas están fora do decreto de galego, polo tanto deberían recoller que ao menos 50% da impartición sexa en galego. Que o alumnado aprenda o vocabulario concreto do currículo na nosa lingua. Non Aceptada

Artigo 19: redución do ratio de 30 a 20 e de 6 a 5. Non Aceptada.

Artigo 26: a composición do tribunal queda aberta e non nos parece axeitado, pensamos que deberían ser centralizadas. Tribunal concretado, o mesmo na súa composición, nós pedimos sorteo entre os titulados. Non Aceptada.

Artigo 30: o profesorado debe ser ao menos titulado, é dicir, PES antes que os especialistas. Anexo 10a e 10b. Aceptada.

Anexo 7: os espazos de ambos ciclos, deben ser ampliados, ou baixada a ratio de alumnado. Non Aceptada.

A CIG Ensino deixa claro a nosa oposición a calquera concerto da FP.

2 Orde pola que se establece o procedemento para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do Prácticum correspondente ao Máster en profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, na CAG

Administración: non hai cambios, salvo que os centros xa quedan na rede, e só se sumarían os novos (artigo 10). Tamén introducimos algún aspecto en relación coas funcións do titor ou titora de prácticas.

CIG Ensino: Gustaríanos saber as prazas que se van ofertar. Desde o noso punto de vista todo o relacionado co prácticum debería ser responsabilidade da Consellaría. O proceso na realidade é un desastre, non hai ningún tipo de comunicación entre a Universidade e o profesorado titor, nin o centro sabe nada oficialmente.

Os centros colaboradores deben ser todos públicos, e os centros deben poder entrar todos na rede, sen ningún impedimento. Cando haxa máis oferta de centros que demanda, haberá que estabelecer algún criterio, que no ano anterior non fora, sorteo... algún criterio o sistema.

Que cada titor ou titora teña só un alumno ou alumna

Non hai tampouco criterio de selección dentro do profesorado dun mesmo centro. Que sexa o Claustro quen escolla o coordinador, e o departamento quen escolla ao titor. Non Aceptada

Redución horaria para o titor, e diploma de formación de 50 horas. Non Aceptada.

Artigo 2.1. Eliminar aos concertados. Non Aceptada.

3.1. Só un alumno ou alumna. Non Aceptada, segundo a administración é cousa das universidades

3.2. Voluntariedade tanto do centro como do profesorado. E aquí incluír os criterios de elección. Non Aceptada.

Artigo 4. Coordinador escollido polo claustro. Non Aceptada.

Artigo 5. Mellorar a comunicación.

Artigo 6. Deixar claro como vai ser recoñecido o traballo para o titor, nós pedimos 3 horas de redución e diploma de 50 horas de formación. Non Aceptada.

Artigo 7. Suprimir o apartado C. Non Aceptada.

Artigo 19. Non debe haber selección de centros, os que queiran entrarán na rede. Non Aceptada, aínda que din que de momento estanse aceptando todos os centros que o solicitan.

3 Orde pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2011

CIG Ensino: xaneiro, febreiro e marzo, desaparecen da orde, haberá que por unha transitoria para incluílos. Neste sentido reclamamos tamén que se traia á mesa a orde que regula as axudas para a realización de formación por parte dos movementos de renovación pedagóxica ou organizacións sindicais.

Artigo 1.2. Dotación económica moi baixa, debería ser como mínimo a do ano pasado. Non Aceptada

Artigo 2. Destinatario todo o profesorado, tamén o interino. Non Aceptada

Artigo 3. So se recollen para TICs e Inglés, incluír como mínimo: normalización, transversais, pedagóxicas... Aumentar as cantidades económicas. Non Aceptada

Artigo 4. No lugar de 20 días pór 10 días. Administración: será rebaixada ao mínimo posíbel.

4 Licenzas por estudos curso 2011/2012

A Administración di que aumentan o número de xente que se pode acoller, cambiamos as modalidades, pero ter unha licenciatura máis non é prioritario para o sistema educativo.

CIG Ensino: O que regula esta orde non son licenzas por estudo, pasaron de anuais, a cuadrimestrais... e agora bimensuais.

Hai profesorado que precisa rematar as licenciaturas para non perder o traballo... como o vai rematar así?

Esta orde cárgase a formación pedagóxica, investigación... só o poderá facer quen traballe fora do sistema educativo. Elimínase a posibilidade da tese, da licenciatura... a máis de incluír unha maior discrecionalidade.

Aumentará o profesorado pero baixan 298 meses as licenzas coincididas.

Exclúese a maior parte do profesorado da formación en linguas, os especialistas non poden ir e ao resto esixímoslle B1.

Que casualidade que os proxectos vaian destinados a material para 5 e 6 de primaria e 1 e 2 da ESO, onde está desenvolvéndose o Abalar.

Pedimos que a oferta sexa acumulábel nas seguintes convocatorias, de xeito que as prazas non cubertas neste ano se poidan solicitar o curso que vén.

Recalmamos que o proxecto se presente en galego e que se recolla a realización de traballos destinados a mellorar a competencia en lingua galega.

Hai profesorado que non se poderá acoller, por exemplo, ao que está en excedencia por coidado de fillos, conservatorios superiores... teñen que poder acollerse. Administración: vano estudar. Cambiar a redacción para podelos coller.

Na modalidade 1 suprimir o de dixital. Non Aceptada

Debe aparecer nas modalidade 1 que haxa un número de licenzas anuais. Non Aceptada

Na modalidade 2 suprimir o de dixital. Non Aceptada

Na modalidade 3 suprimir o de B1. Non Aceptada

O reparto estaría priorizado en profesorado que nunca tivo licenza, profesorado que a tivo nós últimos tres anos, e para o final o resto do profesorado e incluso os interinos. Non Aceptada

A comisión de selección ten que ter outra composición, ten que ser técnica. Non Aceptada

Criterios de selección, varialo, deixalo: 2, 3 e 1. Non Contestado.

Incluír as modalidades do ano pasado.

Igualar as datas de primaria e secundaria. Administración: vano mirar.

Baremo: proxecto mínimo sacar un 4, máximo 10. Méritos docentes até un máximo de 15 puntos. Actividades de formación até un máximo de 8.

Que pasa coas publicacións, por que non puntúan.

A administración, despois da nosa insistencia, e vendo que supoñían un recorte sobre as do ano pasado, comprometeuse a revisalas e a ofertar o mesma carga de meses que o ano pasado. Así mesmo estudarán as nosas propostas para as licenzas de licenciatura e as licenzas sen retribuir.

Volver