Información últimas Mesas sectoriais: XORNADA ÚNICA, CALENDARIO ESCOLAR, Orde EPA, Orde PCPI, Decretos currículo varios títulos FP, Destinos provisionais 08-09 Mestres e Secundaria

Mesas sectoriais 6,13,15 maio 2008

Información das últimas mesas sectoriais (6, 13 e 15 de maio de 2008) nas que se trataron as ordes de Calendario escolar e xornada única/mixta, Convocatoria de destinos provisionais para o curso 2008-09, os decretos de currículo de varios títulos de FP que se implantarán no 08-09 e tamén as ordes de EPA e dos programas de cualificación profesional inicial (PCPI). Rogos e preguntas.
INFORMACIÓN DAS ÚLTIMAS MESAS SECTORIAIS
 
1.- Mesa sectorial 6-5-08
 
Ordes que regulan a educación básica para as persoas adultas (EPA) e os programas de cualificación profesional inicial (PCPI) (ligazón)
 
2.- Mesa sectorial 13-5-08
 
2.1.-Decretos de currículo de Formación Profesional: Técnico en Cociña e Gastronomía, Técnico en Emerxencias Sanitarias, Técnico en Padaría, Repostaría e Confeitaría, Técnico en Mecanizado. (info máis abaixo)
 
2.2.-Decretos de currículo de Formación Profesional: Técnico Superior en Educación Infantil,Técnico Superior en Laboratorio de Análise e control de calidade. (info máis abaixo)
 
2.3.-Rogos e preguntas (Mesa sectorial do 6 e 13 de maio de 2008 (info máis abaixo)
 
 
3.- Mesa Sectorial 15-5-08
 
3.1.-XORNADA ÚNICA (información máis abaixo)
 
3.2.-CALENDARIO ESCOLAR 08-09 (información máis abaixo)
 
3.3.-DESTINOS PROVISIONAIS MESTRES E SECUNDARIA para o curso 2008-09 (ligazón)
 
3.4.- Rogos e preguntas da Mesa (información máis abaixo)
 
 
 
 
 
2.- Mesa sectorial 13-5-08
 
2.1.-Decretos de currículo de Formación Profesional: Técnico en Cociña e Gastronomía, Técnico en Emerxencias Sanitarias, Técnico en Padaría, Repostaría e Confeitaría, Técnico en Mecanizado.
 
2.2.-Decretos de currículo de Formación Profesional: Técnico Superior en Educación Infantil,Técnico Superior en Laboratorio de Análise e control de calidade.
 
 
Administración (Fai unha presentación dos borradores dos decretos):
Preséntanse os borradores de decreto de 6 títulos de FP (4 de CM e 2 de CS). A estrutura dispositiva é practicamente idéntica nos CM (recórdase que vai haber 140 títulos do novo catálogo). En ciclos medios hai un primeiro artigo no que se define o perfil profesional de cada título. Hai unha correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia. Estipúlase que nos CM deba haber un proxecto integrado dándolle o nome de “módulo de síntese”. Nas disposicións adicionais aparecen as titulacións equivalentes coas titulacións da LOXSE. Aparece tamén a regulación do exercicio da profesión. Entrarán en vigor estes decretos cando se publiquen no DOG para aplicalos xa no curso 2008-2009. No anexo I aparece o currículo; no II os espazos e equipamentos mínimos; III especialidades do profesorado para impartir os distintos módulos e titulacións requiridas para o profesorado en centros privados ou doutras administracións; no IV as validacións LOXSE-LOE.; no V)a) a correspondencia das unidades de competencia acreditadas conforme ao artigo 8 da LOE cos módulos dos ciclos para a súa validación; no V)b) a correspondencia dos módulos superados coas unidades de competencia para a súa acreditación (con efectos laborais ou para outros subsistemas da FP); no VI a organización de módulos profesionais, distribución por cursos e horario, para o réxime ordinario (a) e para adultos (b); no VII organización en unidades de menor formación (subdivisión de módulos grandes en máis pequenos).
 
2.1.- Decretos de Técnicos en:
  • Cociña e Gastronomía
  • Emerxencias Sanitarias
  • Panadaría, Repostaría e Confeitaría
  • Mecanizado
 
CIG-Ensino:
 
Citaremos en primeiro lugar cuestións xerais (tanto para os ciclos medios como para os superiores).
 
-          Para a CIG hai un aspecto algo coxo nos decretos, que é a formación relacionada coas áreas prioritarias: TICs, idioma estranxeiro, prevención de riscos, ... Deberían recollerse como módulos específicos ou, en todo caso, transversais. O máis sangrante son os idiomas, por exemplo, en cociña, na lexislación anterior, había 6h semanais en idioma, agora desaparecen. Demandamos restitución.
Resposta: son temas transversais. Serán os departamentos os que decidan en que módulos se van aplicar máis. En canto ao idioma, potenciarán os programas CUALE- FP e as seccións europeas. Priorizan os módulos específicos da familia. O tema do idioma na FP non pode ser “máis do mesmo” seguir a estudalo como na ESO ou no Bacharelato, farán currículos específicos, o ideal son as FCT no estranxeiro e as seccións europeas.
 
-          Rateos: Están fixadas en 30, para a CIG é excesivo. Deben estar fixadas en 20 e se non é así, retomar os desdobres. Desde a CIG demandamos que se fixen que módulos deben desdobrarse e non só por perigosidade senón para garantir unha atención individualizada e un ensino de calidade.
Resposta: Din incluír xa o alumnado repetidor (é un avance). Estudarano pero non van dar pasos no sentido de reducir as rateos. En canto aos desdobres haberaos pero non con carácter xeneralizado (só en casos necesarios). As rateos aparecen na normativa básica (MEC).
 
-          Introdución de contidos propios galegos: para a CIG debería aparecer un obxectivo xeral de valoración das especificidades da profesión na Galiza. Só aparecen módulos específicos no título de cociña, pero deberían aparecer tamén en padaría, por exemplo. Neste título concreto, non hai ningún contido que inclúa a elaboración tradicional do pan na Galiza e os distintos tipos do mesmo. Pode sobreentenderse que vai incluído, pero entendemos que debe aparecer explícito.
Resposta: Hai moitos ciclos que non teñen características específicas galegas.
 
-          Decreto de galego: desde a CIG demandamos que se inclúa en cada título os módulos que deben ser de obrigada impartición en galego para que se cumpra o Decreto (só aparece FOL e o resto de módulos decide a dirección do centro consultados os departamentos). Deben estudarse mecanismos para dotar de competencia lingüística en galego a aquel alumnado que non cursou os estudos previos en Galiza e non dispón desta competencia.
Resposta: cumprirán o decreto. Serán os departamentos os que decidan que módulos se imparten en galego. Intentarán preparar materiais en galego para algúns ciclos (din estar empezando).
      Réplica CIG: Preocúpanos a aplicación e seguimento deste Decreto. Quedaría máis claro se se explicitasen os módulos de obrigada impartición. Ademais, o alumnado, segundo o propio Decreto, debe coñecer o vocabulario específico galego en todos os módulos.
Resposta:  É escaso tanto o material en galego como en español. Velarán polo cumprimento do Decreto.
 
-          Subdivisión actividades formativas: para a CIG hai que aclarar cales son os efectos desa subdivisión en canto ás cualificacións parciais, niveis de competencia,... O profesorado debe telo claro.
Resposta: publicarán unha normativa específica xunto con Traballo (xa que tamén debe haber unha acreditación laboral).
Réplica CIG: só pedimos que se lle aclare ao profesorado.
 
-          Módulo de síntese: desde a CIG valorámolo como positivo, pero non nos parece axeitado que se faga ao mesmo tempo que a FCT. O profesorado que vai dar estes módulos, vai ser o titor de FCT? Non tería por que ser. Vai levar consigo asignación horaria? A CIG demanda que si. Se se fai simultaneamente coa FCT non se lle van sacar todas as posibilidades a este módulo.
Resposta: Unha parte debe ser presencial. Nas sesións de seguimento da FCT poden dedicarse 2 ou 3 horas (cada 15 días). O alumnado irá facendo o seu proxecto de síntese ao longo deses dous meses e medio. Será o profesorado de 2º que quede liberado o que se encargue deste módulo. Din que non ten sentido que sexa previo á FCT.
            Réplica CIG: Unha parte deste módulo debe ser anterior á FCT, senón non lle vai dar tempo ao alumnado.Terá que haber unha explicación previa do que terá que facer o alumnado neste módulo.
Resposta:Estudarán o tema, aínda que pensan que tal como está previsto pode funcionar. Enfocar o módulo é un traballo de titoría.
 
-          Horas de disposición do centro: quitáronse. Desde a CIG estamos de acordo, xa que os criterios para asignalas en cada centro eran ás veces arbitrarios.
 
-          Concretando nos Títulos
-Cociña: idioma estranxeiro (xa comentado).
-Panadaría: para a CIG hai que estudar as posibles situacións de falta de horario para o profesorado PTFP de cociña. Para a CIG na implantación dos ciclos hai que ser coidadosos coas posíbeis perdas de postos de traballo. Demandamos solucións para que isto non se produza.
            Resposta: A atribución docente aparece recollida nos R.D. Podería “xogarse” con certas horas. Pero intentaron respectar a carga lectiva total por especialidade.
            Réplica CIG: o R.D. hai que explicitalo: carga horaria do profesorado.
 
 
Outras respostas da Consellaría (DXFP):
-Aclaran que quen elaborou estes decretos foi profesorado en activo, desde a Consellaría só coordinaron os traballos.
-En canto á comisión técnica dentro da mesa sectorial (proposta ANPE): non teñen problema.
-No referente á que a documentación sexa “aberta” aos axentes sociais, din que vai estar 20 días na rede para contraste e calquera persoa pode facer as alegacións que considere oportunas (unha vez feitas as modificacións que se leven a cabo tras esta mesa sectorial e logo do C.E.G. e o C.G. de FP).
-En canto á formación do profesorado, terán unha formación específica nos centros onde se impartan os novos ciclos. Na oferta de formación de FP para o 08/09 xa vai aparecer.
-En canto á avaliación de equipamentos desde a consellaría que xa se fixo nalgunhas familias e aclaran que se seguirá facendo. Insiste na importancia de que é a primeira vez na lexislación de títulos que aparecen os equipamentos obrigatorios que deben ter os centros. Tamén hai unha consideración importante que é que tamén obriga aos centros privados (dan 2 anos de adaptación).
-Estudarán a esixencia do material (se pode ser alugado en vez de comprado).
-En canto aos “expertos”: estudarano.
-Aclaran que o módulo de “seguridade” tal e como aparece no R.D. o alumnado coas 45h vai ter unha validación que antes non tiña.
 
2.2- Decretos de Técnico Superior en:
·         Educación Infantil
·         Laboratorio de Análise e control de calidade
 
A Admón. sinala un aspecto moi destacable destes currículos, que é o artigo 14.3 no que recolle que se validarán 120 créditos ECTS como máximo para as carreiras universitarias (50% da titulación).
 
CIG-Ensino:
Insistimos nas consideracións feitas para os ciclos medios. En todo caso insistir cos desdobres. Concretando:
-          Módulo proxecto integrado: até agora o profesorado estaba satisfeito co enfoque e duración deste módulo. Supoñía unha carga lectiva semanal entre 4 e 10 sesións, segundo o ciclo, nos ciclos de 2000 h. Agora pasa a ser simultánea coa FCT. É viable? Pensamos que se desvaloriza con só 26 horas.
Resposta: É válido como está. Din que é a opinión maioritaria de moitos centros e que saíu deles e non da consellaría.
 
-          Idiomas, TICs, galego: insistimos.
 
-          Entrando nos títulos:
 
Técnico superior de Educación Infantil,a CIG plantexou:
 
-          O profesorado de “Servizos á comunidade” cuestiona que se dera un xiro ao ciclo cara a unha maior teorización, con maior horario dos módulos máis teóricos, coa FCT que pasou de 2 trimestres a 1 trimestre e con teorización dos módulos prácticos. Demandamos unha explicación.
Resposta: Non comparten o tema “teórico”. Din que hai presións desde distintos ámbitos sindicais, aluden ao ámbito sanitario(?). En canto á redución das horas de FCT din que hai profesorado que a ve positiva, estudarán de todos xeitos a redución de FCT.
 
-          Existen varios erros na redacción (suponse que será de “cortar e pegar”).
 
-          Na CIG preocúpanos que certas perdas horarias leven consigo supresión de postos de traballo (os PTFP de Servizos á comunidade pasan de 32 períodos a 24). Demandamos unha solución. Hai propostas do profesorado afectado e demandamos que se estuden para tratar de resolver o problema.
Resposta: Garanten que o profesorado non vai ter problemas de estabilidade, xa dixeron que seguirán a estudar todas as propostas que reciban ao longo de todo o período de tramitación.
 
-          Desde a CIG consideramos que o profesorado de “servizos á comunidade” podería ser considerado “especialista” para impartir o módulo de primeiros auxilios xa que nos centros onde se imparten estes ciclos non hai profesorado da rama sanitaria e teñen, moitos deles, formación específica.
Resposta: estudarano.
 
 
 
Técnico superior Análise e Control, a CIG-Ensino plantexou:
 
-          Pásase de 50 períodos semanais a 44 na carga horaria no ciclo dos PES de Análise e Química Industrial. Desde a CIG demandamos unha solución concreta a posibles influenzas nos cadros de persoal xa que a oferta de ciclos da familia de Química é reducida.
Resposta: din que non vai haber reducións dos cadros de persoal. Din que se as houbese poderían aplicarse máis desdobres.
Réplica CIG: Insistimos en que se teñan en conta as propostas que se fagan en canto ás distribucións horarias.
Resposta: Hai certos ciclos que se van implantar que non se sabe que implicacións horarias van ter nas familias profesionais. Haberá que esperar ao catálogo definitivo para ver esas repercusións, cando estean implantados todos os ciclos haberá familias que precisen máis profesorado.
Independentemente diso, é evidente que desde esta consellaría non se quere a redución de profesorado.
 
 
Outras respostas da Administración:
 
-A admón. aclara que na redacción dos R.Decretos (MEC) a maioría dos expertos eran docentes de centros galegos (CIFP Monte de Conxo e CIFP Monte Alto).
-Estudarán os posíbeis erros que haxa sobre equipamentos.
-Din que aínda que haxa 15 días para facer alegacións na web da consellaría tamén está o Consello Consultivo de FP e o C.E.G. (Consello escolar de Galiza).
-Antes de rematar o mes de maio terán unha reunión con todos os centros (direccións e Xefes dep. Orientación).
-Aclaran que se fixeron adaptacións á realidade galega na Titulación de Educación Infantil (aparecen no texto).
 
 
 
2.3.-ROGOS E PREGUNTAS (Mesa sectorial do 6 e 13 de maio de 2008)
 
(ante a ausencia do Secretario Xeral e do Subdirector xeral de Persoal, só formularmos estes rogos/preguntas)
 
-Decreto de Bacharelato: a nosa enérxica protesta polo procedemento seguido por esta consellaría para modificar a carga horaria (houbo unha folga, concentracións, petición de entrevista coa conselleira, ...) e non se nos comunica aos sindicatos (só aos que formamos parte do C.E.Galiza, pero non como membros que somos da mesa sectorial.
-Constitución da mesa sectorial docente non universitaria: Hai máis dun mes que está constituída a mesa xeral e máis dun ano e medio que foron as eleccións sindicais e non está constituída esta mesa.
-Calendario de temas a negociar na Mesa sectorial: segue sen estar fixado. Desde a CIG-Ensino insistimos que non se deben traer á mesa sectorial temas de transcendencia para o profesorado máis alá do 15 de xuño (ROCs, xubilación anticipada, ...) posto que non se podería ter a opinión do mesmo. (CCOO non opina así).
-Galego: Queremos que se cumpra o decreto de galego. 190 equipos de Normalización Lingüística dimitirán se non hai un cambio de rumbo en Educación.
-Saúde laboral: hai unha resposta do valedor do pobo, que vai facer a consellaría?
 
 
 
Por outro lado o Director xeral de FP :
Di que só vai contestar as cuestións que teñan que ver coa súa Dirección xeral, as outras cuestións pasaranse ao Secretario Xeral.
 
            -CIFP Ribadeo: Hai un problema coas obras, pero iso non quere dicir que o centro non vaia para adiante.
            -CIFP (Centros integrados de FP):
Consello social de FP, a normativa estatal presenta problemas coa realidade social galega. Haberá que determinar cales son as organización sindicais máis representativas. Non hai consello escolar pero a dirección do centro xunto coa CCP poden aprobar os orzamentos.
Designación de direccións: cando saia a orde do Consello social aplicarán a normativa, senón prorrogarán durante un ano a duración do mandato dos actuais equipos.
 
            -Redución orzamentos: Estudarase. Son casos contados, pero hai que ter en conta que pode ser debido tamén á baixa na matrícula deses centros. As perdas do Fondo Social Europeo compénsanse co aumento nos gastos de funcionamento dos centros.
 
            -O resto de temas trasladaránselle ao Secretario Xeral.
 
 
 
 
3.- XORNADA ÚNICA E CALENDARIO ESCOLAR
 
3.1.- XORNADA ÚNICA:
 
Desde a CIG-Ensino demandamos a supresión do punto 3 do apartado 2º no referente ao transporte escolar. O transporte non debe condicionar nunca o tipo de xornada que escolla un centro.
Resposta: Galiza ten unhas peculiaridades ou problemática diferentes ás de outras comunidades autónomas. A solución proposta de “pasar” do transporte non é viable.
Réplica CIG: O problema do transporte é un problema de custes. Que se doten de máis autobuses. Se se condiciona ao transporte vai haber centros que non van poder acceder nunca á xornada única aínda que votase o 100% afirmativamente en todas as votacións. É inasumible!
 
Hai resolucións de claustros e ANPAs nas que se pide como requisito que sexa o 50% do censo, e dentro deste os 2/3 de votos afirmativos.
Resposta: Non aceptado, considerar os 3% do 50% sería minoritario (no consello escolar votan pai e nai). Están falando de cambiar o tipo de xornada e algo terán que dicir os pais.
Réplica CIG: o único avance ao respecto da lexislación anterior é que se pasa dos 2/3 aos 3/5, xa que o voto por unidade familiar xa viña na lexislación actual. A administración faille caso sempre a unha organización que non representa á maioría dos pais e nais, mais as organizacións sindicais si somos elexidas nun proceso democrático. Por que non se pide que vote unha determinada porcentaxe de pais e nais, e dentro desa porcentaxe uns determinados votos afirmativos? Se a unha persoa non lle interesa a xornada única votará que non!.
 
Debe considerarase un voto por unidade familiar (argumentación: no noso país, tanto no medio rural como mariñeiro, é dificil que pai e nai poidan votar. Temos tamén o caso de parellas separadas (debería chegar cun só voto). Estanse empeorando as condicións con respecto á lexislación actual.
Resposta: acéptase.
 
Desde a CIG-Ensino non estamos de acordo con que haxa que esperar 3 anos para iniciar de novo a solicitude de cambio de xornada cando a votación saiu negativa. Tería que ser o propio centro o que decida se inicia ou non de novo o proceso.
Resposta: Pasarán de tres anos a dous.
Réplica CIG: non é comprensible.
 
Consideramos que o tipo de xornada dun centro sería única ou partida. Se a administración trae a proposta de xornada mixta é porque o transporte escolar segue condicionano o acceso á xornada única. Debe suprimirse o apartado do transporte escolar.
 
En canto á disposición transitoria primeira, debe recoller que sexa para xornadas mixtas ou para única.
Resposta: retirarán o texto
 
Admón:
Responden que na xornada mixta no lugar dun mínimo de 3 tardes poderá pasarse a 2 tardes (o das complementarias fixas sería aparte).
Réplica CIG: non debe condicionarse nin a 3 nin a 2, podería ser unha tarde. Ao respecto das horas complementarias fixas de permanencia, poderían ser entre a mañá e a tarde. A redacción da a entender que ten que ser noutra tarde diferente.
 
 É positivo que non teñan que renovar a xornada todos os anos. Pasar de 2/3 a 3/5 é flexibilización.
 
Din que se houbera acordo estarían dispostos a rebaixar dos 3/5 (60%) ao 58%.
Réplica CIG: A administración ten que asumir o problema do sobrecuste do transporte para que todos os centros poidan acceder á xornada única.

_______________________________________ 
Accede ao CIG-Informa Xornada Única (ligazón)
-------------------------------------------------------------------- 
 
3.2.- CALENDARIO ESCOLAR
 
Antes de iniciar a negociación do calendario punto por punto desde a CIG queremos falar da liquidación da xornada matinal e reducida en xuño en setembro (intervén a Directora xeral intervén para dicir que non se vai volver a negociar). Pero desde a CIG insistimos que o que se está tratando é o calendario escolar e nós temos algo que dicir ao respecto. O 78,5 % do profesorado asinou polo restablecemento da xornada matinal e reducida, houbo 19 mobilizacións, concentracións, folgas. Agora ven este calendario. É estraño que non estea o secretario xeral (sen minusvalorar á DXOE). A conselleira sabe que hai unha demanda xeneralizada deste tipo de xornada en xuño e setembro (foi para o 07/08). A CIG non renuncia nin neste curso nin para o futuro á xornada reducida de xuño e setembro (foi un dereito usurpado ao profesorado destes centros). A Consellaría debe saber que vai ter un conflito permanente nos centros ao respecto. Por outro lado, desde a CIG-Ensino gustaríanos saber cal é a opinión do resto de organizacións sindicais (a da consellaría xa a acabamos de escoitar) ao respecto da restitución da xornada matinal e reducida para o curso 08/09 (xa que do acordo do que se está falando era para o 07/08).
CCOO,UGT, ANPE e CSIF dan por finiquitada a xornada reducida de xuño e setembro.
Desde a CIG-Ensino facemos entrega dun escrito que queremos que se conste en acta. Accede ao escrito (ligazón)
 
CIG-Ensino: Sobre o articulado do calendario:
           
  • Art. 2: Desde a CIG demandamos que debe facerse referencia aos centros públicos, concertados e privados.
Resposta: non aceptado. A LOE di centros sostidos con fondos públicos.
 
  • A CIG exixe que a xornada escolar e o calendario non deben estar condicionados polo transporte escolar.
 
  • Desde a CIG propoñemos para inicio do curso o 12 de setembro e remate o 22 de xuño en primaria, do 18 de setembro ao 22 de xuño en secundaria, xa que saen máis días dos que establece a lei.
Resposta: revisarán o cálculo.
 
  • Para a CIG-Ensino os Delegados provinciais non deben ter potestade de modificar o calendario (salvo casos moi excepcionais), debe estar centralizado (tendo admitido que se asume o da xornada reducida en xuño e setembro).
 
  • Período de adaptación de EI: hai centros que comentan que non é suficiente, por iso desde a CIG-Ensino propoñemos que se amplíe ata finais de setembro. Por exemplo recollendo a posibilidade de ampliar o período de adaptación debido a circunstancias especiais.
Resposta: non aceptado, falan de problemas de conciliación laboral dos pais e nais.
 
  • Artigo 5: Desde a CIG non se entendemos que o período lectivo remate en FP o 23 de xuño. Antes non viña limitado, dependía da duración dos ciclos.
Resposta: estudarano.
 
  • Art. 6: Semana Santa: Desde a CIG exiximos que se realice o período de vacacións na semana seguinte aos días santos. Xa hai comunidades que o fan así. Esta proposta unificaría estas vacacións en todo o país.
Resposta: non aceptado.
 
 
  • Art. 8: A CIG demanda que se recolla o día da clase traballadora galega do 10 de marzo, xa recoñecido polo Parlamento galego. Hai dous anos fíxose esta proposta, aceptada na Mesa, mais logo non se recolleu no calendario.
 
  • Nas conmemoracións relativas ás distintas etapas educativas, desde a CIG pedimos que desaparezan, aceptado o ano pasado e non recollido no calendario publicado.
Resposta: aceptado.
 
 
  • Art. 11: A CIG exixie engadir un novo parágrafo: nos períodos comprendidos entre os días 12 de setembro e 1 de outubro e entre os días 1 e 22 de xuño de 2008 establecerase a xornada lectiva de catro horas continuada en horario matinal nos centros que impartan educación infantil ou educación primaria, ou infantil e primaria, ou primaria e secundaria obrigatoria, ou infantil, primaria e secundaria obrigatoria, ou educación especial. Garantindo os servizos de comedor e transporte neste período.
 
  • Demandamos que a proposta de organización horaria no final de curso debe aplicarse tamén a Primaria.
 
  • A CIG demanda que se diten instrucións internas para os centros indicando que se facilite que, unha vez rematadas as aulas, o profesorado interino, dentro do posíbel, poida utilizar ese tempo para preparar as oposicións.
 
 
A Administración aclara que a redacción sobre a xornada matinal (pero non reducida) de xuño e setembro será parecida á do calendario do ano pasado. Por outro lado non aparece recollido este curso o tema referente aos libros de texto porque non lles parece conveniente que apareza no calendario (din que xa mandaron instrucións aos centros).
 __________________________________________________
 
3.3.- ROGOS E PREGUNTAS MESA SECTORIAL 15-5-08
 
-Desde a CIG-Ensino rexeitamos as “formas” nas que a Consellaría deu resposta a unha solicitude da CIG de entrevista sobre o decreto de Bacharelato. Non se nos pode responder mediante unha carta logo das mobilizacións, folga, ... Esta cuestión non pode darse por pechada.
 
-Equipos de normalización Lingüística: A CIG entregou xunto coa AS-PG e MNL as sinaturas de 190 equipos de normalización lingüística se non hai un cambio de rumbo por parte da consellarí: plans de formación do profesorado, plan de integración do alumnado inmigrante, ... Fíxose unha norma e a Administración mira para outro lado e non vela polo cumprimento do decreto.
 
-Desde a CIG-Ensino denunciamos que o centro privado “Los Sauces” de Pontevedra non se cumpre o horario da materia de lingua e literatura galega.
Resposta: pasarán o tema á delegación provincial.
 
-Desde a CIG-Ensino insistimos en coñecer cando se van necociar os Regulamentos Orgánicos.
Resposta Recoñecen a existencia de problemas que seguramente provocarán que non se negocie antes de finais de curso.
 
-Desde a CIG-Ensino exiximos a constitución da Mesa Sectorial segundo os resultados das últimas eleccións sindicais. A Consellaría comparte o noso malestar e di estar á espera da comunicación formal de Función Pública. Nós insistimos na fraude que se está a cometer coa presenza dalgunha organización que non ten dereito a estar na Mesa.
 
-Adxudicación de oficio nos CRA. A Consellaría confirma que se adxudicaron de oficio vacantes nos CRA. Estes postos de traballo que de feito serán itinerantes só teñen esta consideración aos efectos do dereitos recollidos no acordo de itinerantes (gastos de desprazamento, etc.), mais non á hora de adxudicar con carácter forzoso, xa que no concurso os CRA considéranse como un único centro ordinario.
 
 

Volver