Información da Mesa Sectorial do CXT, oferta de emprego público e nova orde de permisos e licenzas

Realizada o 12 de xaneiro

Á vez que se desenvolvía a mesa sectorial delegadas e delegados da CIG Ensino concentráronse esixindo a retirada do borrador da nova orde de permisos e licenzas. A administración acepta, como resultado da negociación, incluír de novo o permiso de tres días por indisposición leve e dar unha nova redacción ao apartado das vacacións de cara a cumprir a legalidade.

Educación accede á demanda da CIG-Ensino de manter as licenzas de tres días para enfermidades leves e revisar a proposta realizada sobre as vacacións na orde de permisos e licenzas. Ligazón

ORDE DO DÍA.

1. Oferta de emprego. Ligazón ao decreto de oferta. Ligazón á toda a información sobre a ofertaLigazón ao PDF coa documentación entregada na mesa sectorial

2 . Orde convocatoria oposicións. Ligazón

3 . Aprobación, se procede, das actas das sesións celebradas os días 2 e 23 de xuño de 2015.

4.  Orde pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da administración educativa e inspectores de educación. Ligazón

O Concurso Xeral de Traslados publicarase o 19 de xaneiro, segundo acaba de anunciar a administración.

5.  Proxecto de orde pola que se regula o réxime de permisos, licenzas  e vacacións do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Ligazón

A administración acepta, como resultado da negociación, incluír de novo o permiso de tres días por indisposición leve e dar unha nova redacción ao apartado das vacacións de cara a cumprir a legalidade.

NESTA LIGAZÓN PODES CONSULTAR A NOVA REDACCIÓN DO PERMISO PARA ENFERMIDADE LEVE XUSTIFICADA DOCUMENTAL  QUE NOS REMITIU A CONSELLARÍA O XOVES 14   

CIG Informa coa información da negociación de toda a orde de permisos e licenzas, celebrada na mesa do 19 de xaneiro

6 . Proxectos de Decreto polos que se establecen os seguintes currículos:

- ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en emerxencias e protección civil. Ligazón 

- ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en ortopróteses e produtos de apoio. Ligazón

7.  Decreto polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de música, nas especialidades de dirección, producción e xestión cultural, e se amplían os anexos do plan de estudos correspondente á especialidade de interpretación, establecidos no Decreto 163/2015, do 29 de outubro. Ligazón

8.  Rogos e preguntas.



A CIG-Ensino esixirá a retirada do borrador da nova orde de permisos e licenzas do profesorado que pretende aprobar a Consellaría.

A CIG-Ensino denuncia a actuación maquiavélica e de desprezo ao profesorado da Consellaría.

A Consellaría de Educación vén de enviarnos a convocatoria da Mesa Sectorial para o martes 12 de xaneiro, ás 10 da mañá, con unha orde do día que abarca a negociación de seis ordes e decretos e oito puntos da orde do día.

Estamos ante unha actuación maquiavélica da Consellaría que é a mostra máis evidente do desprezo, desconsideración co profesorado e os órganos de negociación, pois despois de 6 meses sen convocar Mesa Sectorial, a última reunión foi o 23 de xuño de 2015, agora pretende concentrar nunha única sesión unha orde do día inabarcábel con único obxectivo de cumprir co requisito legal de que ten pasar pola Mesa, pero sen ningunha intención real de negociación.

Estamos ante unha actuación sumamente grave acentuada porque impide informar ao profesorado e coñecer a súa opinión sobre os temas a tratar xa que foron remitidos en vacacións, algúns hoxe mesmo e outros aínda non se recibiron.

Por outra banda non deixa de ser insólita a configuración da  orde do día, xa que a aprobación da acta aparece como punto terceiro en lugar de primeiro como é perceptivo. A razón hai que buscala en que a Consellaría actúa como órgano de propaganda do PP e por iso aparece no primeiro punto a oferta de emprego, unha oferta que non nos é facilitada, que non negociaron e da que se nos informará ao mesmo tempo que aos medios de comunicación.

A CIG-Ensino esixirá na Mesa Sectorial a retirada do proxecto de orde que pretende regular os permisos, licenzas e vacacións do profesorado. Trátase dunha medida que ten como única finalidade seguir recortando e suprimindo dereitos laborais e profesionais do profesorado. Tamén pedirá que se convoque a Mesa noutra data para tratar os decretos de varios currículos (punto 6) e o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de música (punto 7).

O ensañamento do PP co profesorado é tal que parece que non ten límite, pois non existe xustificación  algunha para pretender derrogar a actual orde que regula os permisos e licenzas do persoal docente de abril de 2008, que fora negociada previamente na Mesa sectorial docente coas organizacións sindicais.

O obxectivo da Consellaría con esta proposta unilateral non é outro que suprimir o permiso por ausencias por indisposición ou enfermidade leve superior a tres días cando se achegue a pertinente xustificación documental, recollido na actual orde.

Co recorte deste permiso condénase ao profesorado a solicitar a baixa laboral coa conseguinte e importante diminución de salario por enfermar, aínda que se trate dunha indisposición ou enfermidade de menos de catro días.

Máis a Consellaría non se contenta só coa supresión deste dereito senón que aproveita para derrogar a orde que regula as permutas provisionais entre o profesorado e regula as vacacións do profesorado sen ter en conta a especificidade  do traballo docente e o calendario escolar e porén non se recolle ningunha mellora nin restitución de dereitos que nos foron arrebatados nos últimos catro anos (redución sen salario, redución de pagas extra, ampliación do horario lectivo, vixianza do transporte escolar, redución salarial por baixa laboral, supresión do cobro do verán ao profesorado substituto con 5 meses e medio de servizos, etc… Así mesmo continúan sen regular as enfermidades profesionais, a adaptación do posto de traballo por saúde laboral ou risco no embarazo, aplicación do decreto de redución do horario lectivo aos maiores de 55 anos que está recollido na LOE desde o ano 2006 e que o PP non desenvolveu o dereito a asistencia a actividades de formación destro da xornada de traballo, etc., redución da xornada lectiva do profesorado, etc.

É mais que preocupante que o actual conselleiro continúa pola senda do autoritarismo e imposición con novas medidas que amosan un total desprezo ao profesorado e aos seus representantes. A CIG-Ensino se a Consellaría non retira o proxecto de orde de permisos e licenzas levará a cabo mobilizacións contra un novo atropelo ao profesorado.

Volver