 
            
          Incineración do defunto acordo no que se acepta a supresión da xornada reducida continua
Calendario Escolar
INCINERACIÓN DO 
ACORDO ASINADO POLA CONSELLEIRA E AS DEMAIS OO.SS. COMO SÍMBOLO DA ANIQUILACIÓN 
DUN PACTO PREXUDICIAL PARA O PROFESORADO E O ALUMNADO

Hoxe, ás 11:30, a CIG-Ensino levou a cabo unha concentración de delegados e delegadas do ensino público para exixir da Conselleira o restabelecemento da xornada continua reducida durante os meses de xuño e setembro. 
Nesta mobilización, fíxose unha incineración do acordo contrario á opinión maioritaria do profesorado afectado, asinado pola Consellaría e as demais organizacións sindicais. Posteriormente,  entregouse no rexistro da Consellaría unha urna coas cinzas simbolizando a aniquilación dun acordo asinado ás costas do profesorado.
Así mesmo, fíxose entrega dun sobre de dimensión xigantescas dirixido á Conselleira coa seguinte misiva: 
                                                                                                       
“Sra. Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria:                                                                                            
A día de hoxe témoslle solicitado diferentes entrevistas co obxecto de restabelecer a xornada lectiva continua reducida durante os meses de xuño e setembro, sen que, nin sequera, tivera a ben, como mínimo, recibirnos.
A estas alturas debe saber que, despois de numerosas accións e mobilizacións levadas a cabo pola CIG-Ensino e apoiadas maioritariamente polo profesorado, entre elas a manifestación e a folga do día 3 de maio, secundada masivamente polos docentes do ensino público afectado, o profesorado non está disposto a asumir o tipo de xornada que pretende impor para o curso vindeiro.
Hoxe, volvemos a manifestarnos diante da Consellería, amosando a nosa indignación polo súa teima e imposición dun tipo de xornada que está sendo cuestionada non só polo profesorado –tal como mostra a resposta á consulta que se lle está a facer- senón tamén por amplos sectores do resto da comunidade escolar.
Agardamos que, urxentemente e por fin , nos reciba co obxecto de resolver este problema. De persistir nesta actitude, a CIG-Ensino verase na obriga de convocar novas mobilizacións no que falta de curso e no inicio do que vén.
Un saúdo cordial,
Santiago de Compostela, 16 de maio de
Novas relacionadas


 
       
      