Impagos no Consorcio Galego de Igualdade e Benestar

O Consorcio comprométese, despois de xestións realizadas pola CIG, a pagar nesta mesma semana

No mes de xaneiro numerosas traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, na súa maioría con contratos de substitución, non cobraron a súa nómina e só viron ingresado un día de traballo. Postos en contacto co Xerente do Consorcio de Igualdade de Benestar, este comunícanos mediante o encargado de persoal do propio Consorcio que foi debido a un erro informático na comunicación do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar co Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contábel (CIXTEC).

O Consorcio comprométese a solucionar os impagos da seguinte maneira:

  • Nesta semana ingresará por transferencia bancaria os días traballados a todas e todos os afectados.
  • Na nómina de febreiro as afectadas e afectados verán regularizada a súa situación en canto a vacacións, prorrateo da paga extra...

De ter calquera tipo de problema co cobro das nóminas pórvos en contacto connosco de inmediato en calquera dos nosos locais. 

Volver